|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3147) Axenda (769) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (418) Cultura (230) Deportes (1558) Ecoloxia (163) Educacion (97) Empresas (305) Emuladores (9) Enerxia (265) Enquisas (47) Especiais (68) EuroEume (111) Fotografia (176) Gastronomia (30) Hardware (590) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (788) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1240) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (188) Pirateria? (276) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (28) Saude Natural (45) Seguridade (349) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (567) Tutoriais (9) Video Dixital (387) Videoteca (48) Windows (304) Zona Gamers (448) |
28 de Xuño 2007Alegacións presentadas por Guerrilleiros das Fragas ante a consellería de Medio Ambiente solicitando nelas que non se autorice de explotación da mina de andalucita nas proximidades do Parque Natural das Fragas do EumeEstando a exposición pública o “Estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto da concesión de explotación Sonsoles IV promovido por Picobello Andalucita” o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas ven de presentar as seguintes alegacións: - Como se pon de manifesto no proxecto esta mina ocupará unha extensión considerable nunha zona colindante co Parque Natural das Fagas do Eume durante a vida útil de dita explotación, máis de 54 anos. Tal intrusión no mellor bosque costeiro atlántico europeo non pode ser de ningunha maneira permitida por unha sociedade que se di desenvolvida. Pistas asfaltadas, balsas de decantación de lodos, escombreiras de 900.000 m3 , escavacións con técnicas de extracción de ripado en 5 ha, modificación do Rego de Cernada mediante unha balsa para suministro de auga...todo elo nun lugar de alto interes faunístico, perto de zonas de cría e campeo do Lobo e de uso do Buho Real entre outras especies protexidas. - Segundo a Lei 9/ 2001, de agosto, de conservación da natureza di no artigo 12, “Os parques son áreas naturais, pouco transitadas polas actividades humanas, que, en razón da beleza dos seus sitios, da representatividade dos seus ecosistemas ou da singularidade da súa flora, fauna ou formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, educativos ou científicos dos que a súa conservación merece unha atención preferente.[..] Nos parques poderase limita-los aproveitamentos dos recursos naturais, prohibíndose en todo caso os incompatibles coas finalidades que xustificasen a súa creación”.Parece pois evidente que esta obra o xerar un forte impacto no Parque Natural das Fragas do Eume, a Consellería de Medio Ambiente como responsable da xestión dos espazos da Rede galega de espazos naturais protexidos, ten que denegar o permiso de explotación. - Este proxecto que se somete a información pública ven a ser a corrección do presentado no ano 2003, do cal a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considerou ambientalmente inviable na resolución de setembro de 2006, en base as seguintes consideracións: - Estupefactos puidemos ler na prensa a existencia dun presunto “pacto” entre a Consellería de Medio Ambiente e a empresa beneficiaria do proxecto, cabe esixir unha explicación por cada unha das partes sobre as condicións de dito “pacto” no caso de existir. Tal manobra política debería ser rechazada en todo momento ó saltarse tódolos procedementos legais do proceso de concesión.
- No tocante as instalacións de tratamento e os reactivos a empregar atopamos unha insuficiente explicación, sendo un dos aspectos que maior impacto pode causar ante unha hipotética filtración, rotura de balsa ou verquido de reactivos, solo se citan algúns reactivos como o preparado ferrosicílico e suspensións pero sen indicar nin sequera os reactivos líquidos e floculantes que se pensa usar. E moi importante coñecer os ácidos decapantes que se van a usar na separación do mineral para coñece-lo seu posible impacto.Tampouco se reflexa como será alimentado o secador , dise que pode ser con gasoil ou propano, nin sequera se teñen en conta modelos de produción de enerxía respetuosos co medio, propoñendo enerxías alternativas. - En canto os verquidos, en ningún momento se caracteriza de ningunha maneira os verquidos a balsa de estériles, definíndoos como elementos inertes sen ningún perigo cando parte do mineral a extraer procede de asociacións químicas con metais pesados como arsénico, de gran poder contaminante. Por tanto o proxecto elude caracterizar químicamente os lodos a verter na balsa de estériles dada a perigosidade da súa composición e non ofrece alternativas de tratamento, nin métodos de neutralización deses compostos. Dada a composición claramente tóxica e perigosa destes residuos os que o estudo quere chamar inertes, deberían ser tratados por tanto como residuos tóxicos e perigosos. Por outra banda para o deseño da balsa non ofrece datos clarificadores de si dalgún modo se pode chegar a saturación da mesma e producirse un episodio de contaminación moi grave. Non se di con que frecuencia, nin como será a limpeza das balsas. - E polo menos neglixente a inexistencia dun estudio hidrolóxico adecuado as características da explotación proxectada, a existencia de estruturas susceptibles de producir contaminación freática e fluvial e as dimensións e localización da obra nun Parque Natural fan ó noso xuizo imprescindible tal estudio. - Unha mostra máis do pouco rigoroso deste estudio é a ausencia de Bibliografía e estudios rexionais e locais, así como o feito de que en ningún momento se fai referencia os catálogos rexionais de especies ameazadas nin a lexislación autonómica. - Queremos calificar de insultante que a única medida que se toma no proxecto por factores ambientais, é o compromiso de manter unha masa de pino para o seu uso como efecto pantalla, para producir un impacto visual nulo dise. - O proxecto xustifica a explotación como de utilidade pública e social polo artigo 2 da ley de minas, parece máis que superado este tema coa cantidade de lexislación autonómica que protexe o Parque Natural dende a súa declaración por decreto 218/1997 do 30 de xullo,a incidencia supramunicipal do proxecto tamén a poñemos en dubida co artigo 4 do decreto 80 /2000 que dispón : “...hai que ter en conta entre outros criterios os efectos positivos que produza no medio ambiente, paisaxe rural e no patrimonio cultural...” Non vemos por ningún lado estes efectos positivos. - Si vemos como algo positivo os postos de traballo xerados pola empresa, pero se o Parque Natural tivera unha xestión apropiada, creación dun equipo de educación ambiental específico, aumento do servizo de vixiancia, necesitaría un número superior de empregados os ofrecidos pola mina. Cremos máis que suficientes estes argumentos para solicitar a retirada do “Estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto da concesión de explotación Sonsoles IV 1ª fracción número 6156.1, da provincia da Coruña e promovido por Picobello Andalucita”. Ou que a perceptiva Declaración de Impacto Ambiental sexa NEGATIVA, e que en consecuencia non se permita a construción do proxecto. ![]() |
Novas Recentes
-El Tribunal Supremo admite a trámite la demanda para suspender la Ley Sinde
-Endesa movió ya por mar casi 600.000 toneladas de carbón -PARTIDO DE ALEX CABARCOS NA MADROA -Horarios competición Club Baloncesto As Pontes 11/12 de Febreiro -Nota de prensa CIG: A UNIÓN LOCAL CIG-AS PONTES ALERTA DA SITUACIÓN DE DESEMPREGO QUE SE ESTÁ A PADECER NO CONCELLO DE AS PONTES -Cierra el portal de intercambio de archivos BTjunkie -LIGA GALEGA DE RUGBI: CONTUNDENTE VITORIA DO FENDETESTAS SOBRE O CRAT DA CORUÑA (50-0) -Resultados da fin de semana do CB AS PONTES -Los emprendedores exigen al Gobierno más medidas para reactivar la economía -En 2011 se vendieron 488 millones de smartphones, frente a 415 millones de PC Arquivos
- Febreiro 2012 (25)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||