Xullo 6, 2007

Excluídos das oposicións a mestre por aforraren papel (e/ou por usaren GNU/Linux?)

Lendo agnix.org:
"Baixo este incríble titular o xornal dixital galego Vieiros sinala que centos de aspirantes foron eliminados por defectos de forma como imprimir as programacións a dobre folla ou non usar Window$, acusa o STEG.


..."A polémica chegou á maior convocatoria da historia de postos de traballo para o ensino público, en marcha esta semana. O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) denuncia que a Xunta excluíu a centos de aspirantes por defectos de forma. Imprimir as programacións a dobre cara ou usar 'sistemas operativos libres' para redactalas son algún dos motivos, di o sindicato.

É máis, o STEG acusa á Consellería de Educación de permitir que non haxa un criterio común nos diferentes tribunais. Así, algúns aspirantes que presentaron a programación con defectos de forma foron excluídos; o que no caso dos interinos implica a perda do seu posíbel posto de traballo. Noutros casos, o tribunal deulles un cero, pero poderán seguir opositando.

Ante esta situación, o directivo do Sindicato Xosé Cabido acusa á Xunta de crear un auténtico barullo nas oposicións e pide que Educación chame aos tribunais a actuar con flexibilidade cos defectos de forma. Pola súa parte, a Consellería insiste en que os tribunais teñen autonomía para aplicar a convocatoria. Tamén indica que axustar a programación á forma especificada é un requisito.

É un problema de imprimir dende Linux?
Algúns aspirantes foron eliminados por imprimir as súas programacións a dobre cara, en 30 folios no lugar dos 60 que pedía a Xunta. O directivo do STEG argumenta que non ten sentido castigar aos aspirantes por aforrar papel cando, de aprobar a oposición, deberían ensinar aos nenos a respectar o medio mediante o consumo responsábel. Ademais o número de caracteres é o mesmo, sexa a dobre cara ou non, quéixase Cabido.

O Sindicato tamén indica que houbo varios casos de suspensos por non ter feita a programación na letra Arial de Windows e facela en sistemas operativos libres. O certo é que a Arial é unha tipografía igual en todos os sistemas, pero, segundo explica o deseñador gráfico Óscar Otero, pode imprimirse de forma lixeiramente diferente en función do programa usado, sexa este de Windows ou de Linux."...

Fonte: agnix.org

Publicado por jmpello -- Xullo 6, 2007 8:48 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Outubro 2008 (42)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Outubro 2008
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31