|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (155)
ArTe (103) As Pontes (1735) Axenda (361) Ciencia (20) Comarca (234) Conexións (305) Cultura (175) Deportes (366) Ecoloxía (39) Educación (34) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (40) EuroEume (84) Fotografía (140) Gastronomía (17) Hardware (549) Historia das Pontes (108) Humor (23) Linux/GNU (856) Log #irc (11) Mundo (260) Mundo Apple (603) Música (527) Na Web (1048) Natureza (114) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (41) PDA´s (106) Piratería? (147) Ponteses (69) Recursos (4) Sanidade (15) Saúde Natural (43) Seguridade (290) SenFios (207) Software (482) SOS Mourela (195) Tecnoloxía (511) Tutoriais (7) Video Dixital (332) Videoteca (24) Windows (272) Zona Gamers (392) |
Xullo 21, 2007PRETO DE MIL TRABALLADORES DO SERVIZO DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS DA XUNTA DE GALIZA, DEMANDAN EN COMPOSTELA A PARALIZACIÓN DA PRIVATIZACIÓN DO SERVIZOOs traballadores reclaman a apertura das negociacións en materia de melloras laborais Na mañá do xoves 19, preto dun millar de traballadores do servizo de extinción de incendios pertencentes á Consellería de Medio Rural da Xunta de Galiza, manifestáronse en Santiago de Compostela, para demandar melloras nas condicións laborais e a paralización da privatización do servizo público de extinción. Segundo informaron as fontes sindicais a principal demanda céntrase na paralización das contratacións a través da empresa SEAGA, recentemente creada co obxectivo de incorporar traballadores do servizo público de extinción de incendios forestais. A privatización do servizo, suporía para os traballadores a perda das condicións salariais actuais, así como a privatización interesada dun servizo que debería ser público sen ningún tipo de xestión privada. A mellora das actuais condicións de traballo que teñen que soportar os traballadores do servizo, é outra das demandas formuladas o xoves en Compostela. As duras condicións que configuran o traballo destes homes e mulleres, non se ven compensadas con medios suficientes para poder desenvolver con seguridade e efectividade o seu traballo. As carencias de material como equipos de comunicación, localización xeográfica, e de protección persoal son algunhas das carencias máis significativas. Tamén o estado no que se atopan moitos dos puntos de vixiancia e observación, deixan moito que desexar en canto a condicións de habitabilidade. De todos é sabido que estes traballadores desenvolven as súas tarefas en condicións de perigosidade elevadas, en moitas ocasións cunha soa carta da baralla, envidando coas súas vidas e escapando do órdago incendiario que deben extingir. Os apercibimentos en materia de nocturnidade e perigosidade, na actualidade son obviados pola Administración que non quere recoñecer a situación de risco á que se atopan expostos os seus traballadores. Unha nova xornada de movilizacións está prevista para o día 31 do presente mes en Compostela. Se até entón a Administración non se sentou a negociar cos sindicatos, estos ameazan con endurecer ás súas protestas e advirten que a temporada de incendios forestais está a piques de comezar. Comentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-Cortes de tráfico y clases suspendidas en As Pontes
-Los Simpsons en el Apple Store.... -Nueva decepción del As Pontes- AS PONTES 0-1 VIZOÑO -Liga da Ría Xuvenil. As Pontes 4 Numancia Ares 1 -Los promotores del traslado de Ence lo sitúan entre los años 2012 y 2015 -Touriño inaugura en As Pontes una fábrica que ya lleva dos años en funcionamiento -Touriño anuncia para Galicia 774 millones del Plan de Reactivación de Zapatero -Partidos das categorías inferiores do CD As Pontes -Unha charla coas futbolistas do C.D. As Pontes -Touriño inaugura esta mañana en Penapurreira tres nuevas fábricas Arquivos
- Decembro 2008 (3)
- Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (177) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||