Agosto 26, 2007

Central Ciclo Combinado

Ante a eminente posta en marcha da central de ciclo combinado de ENDESA en As Pontes, o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas quere poñer de manifesto o perigo que pode supoñer esta central, debido á súa cercanía ó núcleo urbán será un foco de contaminación grave para a saúde pública. Cremos necesario pois esixir ós organismos competentes e á empresa o máximo rigor, polo que pedimos que se someta a totalidade da central a unha certificación ambiental tipo EMAS.


Queremos resaltar que o noso concello tivo a posibilidade de xulgar se o proxecto da central era axeitado para os ponteses e o noso entorno. O Decreto 2414/1961 establece a competencia do alcalde na concesión de licencias a actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas como e o caso desta central. O mesmo decreto establece para estas actividades a condición de establecerse a un mínimo de 2.000 m de calquera núcleo urbano, esta central ubica as instalacións a escasos 300 m do núcleo urbano de As Pontes, polo que non nos explicamos que motivos ocultos permitiron conceder a licenza.

Unha das circunstancias que condicionan en gran medida os efectos contaminantes da central é que está autorizada a operar con gasóleo, tendo en conta que se estima que o consumo de este combustible será de 62.860Kg/h, temos un consumo aproximado de 75m3/h. Supoñendo que o aporte de gasóleo á central efectuarase con camións cisterna de 40 m3 de capacidade e cun ritmo de traballo a gasóleo de 45 dias/ano teriamos un tráfico de camións de 46 ó día aportando este combustible. No proxecto de execución non se analiza o impacto que este trasiego de camións tería sobre o medio ni sobre a poboación. Se di o proxecto que operando con gas natural todo o ano, menos 45 días/ano con gasóleo cúmprese o Real Decreto 1073/2002, con emisións de NO2 de 176,41µg/m3 sendo o límite 200 µg/m3.Temos que supoñer pois que superando os 45 dias/ano operando con gasóleo non se cumpriría o Real Decreto. Cremos estrictamente necesario que se concreten e se limiten as horas de operación da central con gasóleo antes de conceder la licencia de operación.

Respecto ás emisións gaseosas aínda sendo este apartado moi completo no proxeto de execución, non permite valorar as emisións, nin a procedencia ou non de incorporar tecnoloxías de control e eliminación das mesmas. A presentación dos valores en termos relativos (concentracións, taxas de emisión) ou comparativos (gas vs. carbón) deixan de lado que taxas de emisión baixas poden supoñer valores de emisión absolutos elevados.

Para xustificar a posta en marcha desta central deféndese que o uso de gas natural como combustible supón unha redución das taxas de emisión de CO2 por unidade de producción fronte a outros combustibles fósiles. Isto é así se non se ten en conta a taxa de fugas do gas natural durante o proceso de extracción e o transporte ata a central, pois unha molécula de metano ( CH4 compoñente casi exclusivo do gas natural) ten o mesmo impacto sobre o efecto invernadoiro que 24 moléculas de CO2. A taxa de fugas foi estimada nun 1% do gas transportado o cal merma significativamente as ventaxas do gas natural.

En calquera caso, sen contar coa aportación do metano, as emisións de CO2 anuais desta central chegarán a 3 millóns de toneladas, presentar esto como unha contribución á loita conta o efecto invernadoiro é algo que raia co esperpento. O protocolo de Quioto non está a conquerir a redución de emisións de CO2 en España en gran medida debido a instalacións de centrais térmicas como a proxetada, xa que a produción de electricidade é un dos máximos responsables do aumento de emisións. España é o pais de Europa que maior grado de incumprimento acumula con respecto ó fixado no protocolo de Quioto xa que entre 1990 e 2000 incrementou as emisións de CO2 máis dun 34% cando se lle concedera un aumento máximo do 15% ata o 2010.

A escala local e rexional, os óxidos de nitróxeno (NOx) serán o principal contaminante atmosférico que emita a Central. Os NOx e o SO2 son os principais causantes das choivas ácidas reaccionando co vapor de auga na superficie das partículas de po e formando gotas microscópicas de ácido que ó reagruparse forman a choiva. Asimesmo os NOx teñen gran poder contaminante debido á súa forte absorción de radiación ultravioleta. O resultado da conxunción NOx, Hidrocarburos e luz solar, constitúe o chamado “smog” fotoquímico causante de problemas respiratorios e danos nos ollos, amén de corrosión nos materiais.

Entre as instalacións da central inclúense tanques de almacenamento de productos químicos tóxicos e perigosos como hipoclorito sódico, fosfato sódico, hidracina, alcalinizantes(aminas), Hidróxeno, gasóleo…é necesario pola seguridade da poboación e do medio, que se precisen as capacidades e condicións de almacenamento de todos estes productos e especialmente, das balsas onde se almacenarán as augas de lavado químico das caldeiras e turbinas de gas, para a recollida por un xestor autorizado.

Esta central térmica non é necesaria dende o punto de vista enerxético, nin dende o ámbito autonómico nin nacional. Hai que ter en conta que a comunidade autónoma de Galicia é excedentaria de enerxía exportando o 40 % da produción.

Non se considerou a proximidade da central de ciclo combinado á térmica de 1.400Mw tamén de ENDESA, sen especificar se existen incompatibilidades legais ou técnicas que prohiban a instalación da nova central. A proximidade de dúas instalacións destas características significará un aumento do risco socio ambiental en caso dun accidente nalgunha das dúas centrais.

guerrilleiros.jpg
Correo electrónico: xeneta@hotmail.com Publicado por CyberMODE -- Agosto 26, 2007 9:08 AM


Comentarios

menos masl que a estes payasos xa naide lles fai caso, falan, salen na prensa pero na, nin dios os escoita e menos o pobo das pontes

Publicado por : loko -- Agosto 27, 2007 2:49 PM

O que e curioso e que a mayor parte deles son os netos dos falanxistas mais destacados das Pontes(Ubaldo e compaña) e agora do nacionalsocialismo dos abos pasaronse o ambientalfascismo do eucalipto non,nunca mais,fumes,centrales,aguas,nidos de corvos e demais colloadas dos que nunca lles gustou moito traballar.

Publicado por : abel -- Setembro 3, 2007 6:52 PM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Agosto 2008 (25)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Agosto 2008
D L M M X VS
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31