|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Amigus iTunes Podcast
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (152)
ArTe (103) As Pontes (1474) Axenda (305) Ciencia (20) Comarca (190) Conexións (298) Cultura (162) Deportes (247) Ecoloxía (24) Educación (28) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (38) EuroEume (80) Fotografía (132) Gastronomía (14) Hardware (539) Historia das Pontes (102) Humor (22) Linux/GNU (837) Log #irc (11) Mundo (258) Mundo Apple (588) Música (504) Na Web (1010) Natureza (86) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (103) Piratería? (142) Ponteses (46) Recursos (4) Sanidade (13) Saúde Natural (43) Seguridade (284) SenFios (206) Software (471) SOS Mourela (192) Tecnoloxía (505) Tutoriais (7) Video Dixital (322) Videoteca (23) Windows (267) Zona Gamers (387) |
Agosto 29, 2007A SGAE abrirá as súas portas en Santiago o próximo mes de outubroXeración Web. A sede galega da Sociedad General de Autores y Editores comezará a funcionar na segunda quincena de outubro. Así o explicou o director da SGAE para o Noroeste, Javier Vidal, que se reuniu co alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo para comunicarlle o avance das obras e planificar conxuntamente os actos de inauguración. E o día seguinte á inauguración, para a que aínda non hai data definitiva, comezarán as "actividades culturais e formativas", segundo explicou Vidal. Polo momento descoñécese o programa que desenvolverá este centro, que será presentado pouco antes da estrea do inmoble. Á nova sede só lle queda por incorporar o mobiliario de oficina para que o edificio poida comezar co seu labor cultural. Precisamente para poder realizar estas actividades, a asociación sen ánimo de lucro solicita a colaboración do Concello de Santiago, e doutras entidades como A Universidade compostelá, ou o IGAEM, que posúen cadanseu edificio no parque. Estas colaboracións están destinadas a que a sede galega se erixa como "foco creativo, axitador cultural e un referente dunha actividade con alta participación da cidadanía", segundo declarou Vidal. Neste punto, indicou que a actividade formativa se centrará en "estudos de alto nivel", dirixidos a "profesionais, non só de Galicia, senón do mundo iberoamericano". A idea da sociedade xestora é crear unha rede entre as distintas sedes da SGAE, de xeito que "autores galegos poidan ir presentar os seus traballos ás nosas sedes en Barcelona, Buenos Aires o México, e viceversa", explicou. As obras da sede da rúa Salvadas, que custou uns 10 millóns de euros, comezaron en abril do 2006, e remataron nun tempo récord. Nótase que o negocio da música vai vento en popa. O fino edificio posúe 3.000 metros cadrados de espazo utilizable, a maioría del na parte inferior, que conta cun auditorio, un plató de rodaxe, salas de gravación e salas multiusos. Por riba, toneladas de granito en asimétricos bloques. Con todo, a vista 'granítica' non é a súa mellor perspectiva, nin tampouco o é a visión que pode ter un peón dende o outro lado da rúa. O edificio, coma os xardíns do pazo de Versalles, está pensado para verse dende arriba, pois dende o ceo imita o paréntese presente no logo da asociación. Unha mostra máis do presente que ten a SGAE a Internet e ás novas tecnoloxías, ó facer que a súa mellor vista só se poida contemplar dende o Google Earth. O deseño do edificio, obra do arquitecto Antón García-Abril, xerou opinións para todos os gustos, pero hoxe foi considerado polo alcalde de Santiago como "a peza que completa" o parque de Vista Alegre, e que "mellora" o conxunto do barrio. Publicado por alismile -- Agosto 29, 2007 7:01 AMComentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-Arteixo Telecom presenta un GPS para caballos de carreras de larga distancia
-Galicia declarará bien de interés cultural 48 yacimientos megalíticos -La gran proyección de Rochela -El DNI electrónico se podrá usar en 14 países europeos -CampusMac 2008: Entrevista a KBG -La industria de los videojuegos amenaza a 25.000 británicos por compartir juegos en Red -Medio Ambiente replica a Verdegaia que si cierra las térmicas se acabará la luz -Portugal 0 España 1. Rochela titular -El plazo de inscripción en la Amigus Party finaliza mañana -Verdegaia dice que las emisiones de GEI aumentarán un 37% hasta 2012 pese al plan de la Xunta Arquivos
- Agosto 2008 (64)
- Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||