Outubro 3, 2007

O Museo Etnográfico Monte Caxado edita unha publicación de vellas fotografías

A presentación deste traballo terá lugar o vindeiro día 5 de outubro na Biblioteca Municipal das Pontes ás oito e media do serán

O equipo de traballo do Museo Etnográfico Monte Caxado, ven de elaborar unha publicación na que se presentan algunhas das fotografías antigas que fornecen o fondo fotográfico do museo. Os seus responsábeis destacan o carácter pedagóxico do proxecto, pero tamén o divulgativo.
Ate o momento editáronse 1500 exemplares da publicación, que serán distribuidos de xeito gratuito. A presentación da mesma terá lugar o vindeiro día 5 de outubro, na Biblioteca Municipal das Pontes, ás oito e media do serán. Tódolos asistentes ao acto serán agasallados cun exemplar.

imaxes_da_lembranza.jpg


Esta publicación é unha pequena mostra das fotografías que integran o fondo fotográfico do museo que conta na actualidade cun total de 1.200 vellas fotografías, que van dende os anos 1870 ate 1980, e que foron prestadas tanto polo alumnado e as súas familias, como por persoas alleas ao colexio. Cabe sinalar que os exemplares orixinais son devoltos aos seus donos logo de seren copiados. Xa no centro clasifícanse para as distintas seccións, trece en total: A vila, A nosa xente, A emigración, O teatro, As vodas, O agro, A milicia, A industria, As festas, A escola, O deporte, Actos relixiosos e Os bailes. As fotografías introdúcense nos correspondentes albumes cos datos do doador, os nomes dos que aparecen na imaxe, o ano na que foi feita e o lugar. Finalmente deposítanse en vitrinas, pechadas por seguridade, pero dispoñíbeis para os visitantes do museo que así o soliciten.


Entrevista a Fina Fernández
Unha das persoas que integra o equipo de traballo do museo é Fina Fernández Bello, mestra de Primaria no CPI Monte Caxado dende hai 23 anos e coa que falamos sobre a idea que impulsou a elaboración deste traballo.

¿Cómo xorde a idea de recoller esta memoria gráfica?
Pois xorde como complemento indispensábel do Museo Etnográfico, xa que a Etnografía implica varias acepcións, non só son pezas e elementos en desuso que podemos expoñer. Hai unha parte gráfica que semella fundamentalmente os usos, os costumes e as formas de vida dos nosos antergos. Esa parte recompila cartas, documentos e imaxes. É coma se quixeramos poñerlles caras a moitas das pezas recollidas nas seccións do Museo.

¿Qué obxectivos se pretenden cumprir coa constitución deste fondo documental?
Cremos que o obxectivo principal é o pedagóxico. Os nenos senten curiosidade por todo, pero cando ven fotos non actuais míranas con atención, descobren moitos detalles e aprenden cousas que, ás veces, lles parecen impensábeis. Preguntan e recorren aos seus avós por se eles viviron algunha desas situacións refrexadas.

¿Cómo foi a acollida que a comunidade escolar deu a este proxecto?
Moi boa. A resposta á recompilación de vellas fotografías, tanto por parte do alumnado e as súas familias como por outras persoas da vila, tivo tal éxito que houbo momentos nos que se acumulaba o traballo. Cada ano dende o 2002, recibimos material suficiente para poder realizar a súa exposición correspondente. Por isto debemos agradecer a todas as persoas que nos axudaron coas súas fotografías a que este proxecto saira adiante e poida seguir medrando.

¿Por qué a edición deste libriño recopilatorio?
Logo de cinco anos xa dende a constitución do fondo fotográfico, decidimos sacar unha pequena mostra ao público en xeral, editando un libriño con seis fotos de cada sección, que agardamos teña boa aceptación e lles goste. Con él pretendemos dar a coñecer á xente o traballo que se fai coas fotos e transmitirlles que, cando así o desexen, están á súa disposición para velas.

¿Qué curiosidades pode atopar o público neste libriño?
Pois coidamos que xa a portada en sí é moi atractiva. Nela vese a Mª Antonia Piñón, no ano 1870, tataravoa de dous alumnos do centro, Laura e Alejandro Bellas Pereira. Destacan a beleza e serenidade da súa cara e a fermosura do seu traxe. Curiosa tamén é outra foto do ano 1898, na que aparece un neno pequeno que resulta ser idéntico ao alumno (familiar) que a trouxo ao colexio 108 anos despois. Tamen nas fotos máis antigas das vodas, apréciase a supremacía do home sobor da muller; a noiva de pé e algo retirada e o noivo sentado. A moda tamén está presente nas fotografías, que refrexan as distintas etapas da mesma: os cortes das saias iguais, a época dos impermeábeis azuis (plexiglás), etc.


portada.jpg

Foto 1. Portada do libro Imaxes da Lembranza que incorpora unha fotografía que data do ano 1870


foto2.jpg

Foto 2. Fotografía de voda do ano 1935, incluida no libro e que refrexa a supremacía do home sobre a muller. Él sentado, ela de pé


foto1.jpg

Foto 3. Fotografía dos anos 60, na que se pode apreciar a moda do momento, no corte das saias iguais

Fonte: Pegadas

Publicado por mourelo -- Outubro 3, 2007 9:44 AM


Comentarios

Noraboa polo libro. É unha boa iniciativa que se tería que levar a cabo máis a miúdo.

Publicado por : José Luis López -- Outubro 3, 2007 2:57 PM

parabens para as persoas que levaron a cabo todo o relacionado co museo etnográfico

Publicado por : maria -- Outubro 3, 2007 10:00 PM

Tamen lles dou a noraboa o CPI Monte Caxado polo libro e tamen a todas as persoas que o fixeron posible. Particularmente non sei se poderei acudir a presentación, gostarime saber donde se poderia conseguir algun dos exemplares libro despois da presentacion.

Publicado por : Xose -- Outubro 5, 2007 9:17 AM

Grazas polos parabéns. O libro poderase conseguir despois de hox solicitándoo no Colexio, pavillón de primaria. Preguntade por Fina Fernández ou por José María. Un saúdo.

Publicado por : josé maría -- Outubro 5, 2007 11:44 AM

Noraboa ós que fixeron posible que se editase o libro. É un traballo desinteresado do que deberían tomar boa nota as institucións públicas que deben ser as primeiras en fomentar e promover este tipo de iniciativas.

Tamén me gostaría indicar que na presentación do mesmo se pronunciaron certos comentarios en prol da defensa da nosa historia como pobo que non deben quedar en simples verbas senón que deben ser atendidas polos representantes do mesmo.

CANTO MÁIS?

Publicado por : garfunk -- Outubro 6, 2007 12:57 AM

¡Enhorabuena por la publicación!
Estoy muy interesado en conocer el libro, aunque vivo algo lejos.
¿Podrían enviármelo contrareembolso?
Gracias
Joaquín

Publicado por : Joaquín -- Outubro 8, 2007 11:13 AM

¡Enhorabuena por la publicación!
Estoy muy interesado en conocer el libro, aunque vivo algo lejos.
¿Podrían enviármelo contrareembolso?
Gracias
Joaquín

Publicado por : Joaquín -- Outubro 8, 2007 11:13 AM

estuve este fin de semana en mi Pueblo, siempre será mi Pueble, y el de mis hermanos, me regalaron el libro, estoy realmente emocionado y agradecido.En lo que pueda serviros, contar conmigo.Toñito (porque veo que es como me seguis llamando y encantado)

Publicado por : Toñito Molano -- Novembro 14, 2007 10:49 AM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Agroalimentaria do Eume

Feira do Grelo 2008

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Maio 2008 (68)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (161)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Maio 2008
D L M M X VS
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31




Xerado con
Movable Type 4.1