|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3147) Axenda (769) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (418) Cultura (230) Deportes (1558) Ecoloxia (163) Educacion (97) Empresas (305) Emuladores (9) Enerxia (265) Enquisas (47) Especiais (68) EuroEume (111) Fotografia (176) Gastronomia (30) Hardware (590) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (788) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1240) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (188) Pirateria? (276) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (28) Saude Natural (45) Seguridade (349) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (567) Tutoriais (9) Video Dixital (387) Videoteca (48) Windows (304) Zona Gamers (448) |
22 de Outubro 2007O territorio de EuroEume perdeu case un 10% dos seus habitantes en só 15 anos.Cabanas é o único concello do territorio EuroEume que aumentou o seu número de habitantes. O presente documento trátase do primeiro dunha serie de informes que sairán publicados nos seguintes números mensuais do xornal Pegadas, empregando fontes públicas de datos tales como o Instituto Galego de Estatística (en adiante IGE), e que conforman unha análise sociodemográfica e económica referida ao territorio denominado Euroeume e os concellos que o delimitan, e cuxa finalidade é a de aportar datos que permitan coñecer con maior profundidade e rigor o espazo xeográfico e humano euroeumés. EuroEume está integrado por 9 concellos do norte da provincia da Coruña, sendo a súa configuración territorial diferente a división estándar comarcal, xa que se trata dunha área xeográfica de actuación do Centro de Desenvolvemento Rural EuroEume, e que abarca os 5 termos municipais da comarca do Eume (As Pontes, Pontedeume, A Capela, Cabanas e Monfero), 3 municipios de Ferrolterra (As Somozas, Moeche e San Sadurniño) e 1 concello da comarca de Betanzos (Vilarmaior).
De seguido, farase unha análise da evolución da poboación entre os anos 1.991 e 2.006, así como da densidade de poboación. O ámbito xeográfico de estudo será principalmente a demarcación EuroEume, así como as entidades territoriais máis inmediatas das que forma parte, que nos permitirá realizar comparacións tanto temporais como entre distintos ámbitos xeográficos. Segundo a revisión do Padrón municipal de habitantes, EuroEume contaba o 1 de xaneiro de 2.006, cunha poboación de 34.897 habitantes, tendo na derradeira década e media, unha evolución de decrecemento constante, o que é un primeiro indicador dunha baixa vitalidade demográfica. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatísitca a poboación de EuroEume decreceu entre os anos 1.991 e 2.006 case un 10% (3.767 hab.), mentres que pola contra, a provincia da Coruña aumento un 3% a súa poboación ( 32.175 hab.) e Galicia fíxoo nun 1,3% (35.855 hab.). No período dos últimos 6 anos (2.001 a 2.006), a tendencia das taxas é similar, e mostra un descenso de poboación de case un 5% (1.717 habitantes menos) nos municipios EuroEume, e no senso contrario, dun aumento poboacional dun 2% na provincia coruñesa ( 21.139 habitantes) e dun 1,3% en Galicia (34.598 habitantes). Este descenso poboacional nos concellos que forman EuroEume, reflíctese na perda de peso relativo demográfico, e así, mentres no ano 1.991 o territorio contaba co 3,5% da poboación da provincia e o 1,4% da Autonomía, no ano 2.006, supón o 3,1% do total provincial e o 1,3% do total de residentes en Galicia. Comparando os datos por concellos, primeiramente destaca que os 2 concellos máis poboados (As Pontes e Pontedeume) contan co 58,2% do total de habitantes da demarcación EuroEume , e sumando os 2 seguintes por número de habitantes (Cabanas e San Sadurniño) supoñen o 77% dos veciños do territorio. No tocante a evolución demográfica, unicamente Cabanas aumentou a súa poboación, concretamente en case un 9% dende o ano 1.991 (269 habitantes) e nun 1,5% dende o ano 2.001 (51 veciños máis). Todos os demáis concellos posúen taxas negativas demográficas tomando como referencia de comparación o ano 2.006. Desta forma, obsérvase segundo o IGE, que nos derradeiros 15 anos, os concellos que presentan as taxas máis altas de perda de poboación por orde son: Monfero (-594 hab.), Moeche (-326 hab.), As Somozas (-290 hab.), San Sadurniño (599 hab.), A Capela (-254 hab.), As Pontes (- 1.653 hab.) e Vilarmaior (-198 hab.); e por último, Pontedeume cun escaso -2,2%, o que supón 198 veciños menos empadroados. Entre os anos 2.001 e 2.006, os valores das taxas son inferiores (menos negativas), o que indica un ralentizamento da perda poboacional, mais segue sendo moi destacada a taxa decrecentes de Monfero (-225 hab.), Moeche (-99 hab.) e San Sadurdiño (-207 hab.). Nembargantes, o factor máis sintomático da crise poboacional do territorio, é o forte descenso poboacional dos 2 municipios máis poboados, perdendo As Pontes 743 hab. e Pontedeume 293 hab. en só 6 anos , aínda así este último concello, segue tendo a taxa negativa máis baixa. Polo contra, o municipio das Somozas, experimentou unha melloría, e a pesares de seguir contando cun taxa negativa -que supón un descenso de 57 habitantes nos últimos 6 anos-, mostra unha tendencia cada vez máis positiva de retención e estabilización poboacional. Estes datos comparados, indican un ritmo constante e acelerado de perda de poboación, sendo similar na maioría dos concellos euroeumes, diverxendo do fenómeno demográfico que está a suceder na provincia e en Galicia, que aínda que de forma moderada, atópanse nun ciclo de aumento demográfico. No relativo a súa dimensión, EuroEume constitúe unha área de 788,1 km², o que supón o 9,9% do total da provincia e o 2,7% do territorio galego, tratándose dun territorio moi extenso, e onde destaca As Pontes e Monfero. O tamaño do territorio, xunto co nivel de poboamento, condiciona enormemente a densidade de poboación que é de pouco máis de 44 hab./km², a metade que a densidade galega e un tercio da provincial. Apréciase que a densidade por habitantes de EuroEume é moi baixo para Galicia, sendo un dos territorio menos densamente poboados, ca excepción da área poboacional Cabanas-Pontedeume. Neste senso, a principal problemática relacionada á extensión e o número de habitantes é a lonxanía xeográfica entre os cidadáns e a administración, servizos, etc. que redunda de forma negativa na calidade de vida dos habitantes. A falla de vitalidade e dinamismo demográfico do territorio son, entón, síntomas ou consecuencias dunha crise poboacional e económica que analizarase a través doutros indicadores en sucesivos informes (movemento migratorio, taxa de xuventude, taxa de envellecemento...), tendo en conta que a evolución do número de habitantes durante un período de tempo é resultado de 2 compoñentes: o crecemento natural e o crecemento migratorio. Fonte: Xornal Comarcal Pegadas (mes outubro) Publicado por CyberMODE -- 22 de Outubro 2007 as 08:57 AM 0 comentarios |
Novas Recentes
-El Tribunal Supremo admite a trámite la demanda para suspender la Ley Sinde
-Endesa movió ya por mar casi 600.000 toneladas de carbón -PARTIDO DE ALEX CABARCOS NA MADROA -Horarios competición Club Baloncesto As Pontes 11/12 de Febreiro -Nota de prensa CIG: A UNIÓN LOCAL CIG-AS PONTES ALERTA DA SITUACIÓN DE DESEMPREGO QUE SE ESTÁ A PADECER NO CONCELLO DE AS PONTES -Cierra el portal de intercambio de archivos BTjunkie -LIGA GALEGA DE RUGBI: CONTUNDENTE VITORIA DO FENDETESTAS SOBRE O CRAT DA CORUÑA (50-0) -Resultados da fin de semana do CB AS PONTES -Los emprendedores exigen al Gobierno más medidas para reactivar la economía -En 2011 se vendieron 488 millones de smartphones, frente a 415 millones de PC Arquivos
- Febreiro 2012 (25)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||