|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Amigus iTunes Podcast
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (154)
ArTe (103) As Pontes (1484) Axenda (305) Ciencia (20) Comarca (198) Conexións (299) Cultura (162) Deportes (250) Ecoloxía (27) Educación (29) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (38) EuroEume (81) Fotografía (132) Gastronomía (14) Hardware (540) Historia das Pontes (102) Humor (22) Linux/GNU (838) Log #irc (11) Mundo (259) Mundo Apple (588) Música (506) Na Web (1015) Natureza (92) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (103) Piratería? (143) Ponteses (47) Recursos (4) Sanidade (13) Saúde Natural (43) Seguridade (285) SenFios (206) Software (473) SOS Mourela (193) Tecnoloxía (506) Tutoriais (7) Video Dixital (323) Videoteca (23) Windows (267) Zona Gamers (387) |
Outubro 29, 2007Outra decepción para un As Pontes carente de eficacia arriba[Diario de Ferrol] O As Pontes sumou unha nova decepción coa derrota na casa diante do Boiro e segue coa súa caída na táboa. Non pintaba mal o inicio cunha boa ocasión para os locais ós cinco minutos, que non soubo aproveitar un Pedro, que se fixo un lío á hora de resolver. Os visitantes non tiveron ningún problema para manter a súa porta segura diante dun As Pontes inocente arriba. Tampouco quixeron correr ningún risco e asegurábanse a posesión con xogadas longas e mantendo ben as posicións por detrás do balón. Mesmo semellaban renunciar a meter balóns á punta e cababan por buscar a sorpresa co disparo dende a distancia como opción para rematar os seus ataques. Cando o partido xa achegaba ó descanso, co marcador sen moitos visos de moverse, veu o 0-1. Foi nun fenomenal remate de Luis Tembra, que cun sutil tiro, batía por riba a Marcos. Na segunda metade, empezou volcado o equipo de Germán Amil, pero o balón acababa sempre en pés dos visitantes, antes de que puideran producirse accións de remate. Nembargantes, a presión de Pedro surtíu efecto ós 58 minutos, cun balón que lle rouba ó meta do equipo da Barbanza, para facer o empate. Semellaba que se puñan as cousas de cara para os da casa, con moito tempo aínda por diante, e o empate xa no electrónico. Seguiuno tentando o As Pontes, pero seguía carecendo de verticalidade nas súas accións. Mesmo levaba máis perigo o Boiro á contra, e Marcos evitou o gol de Manuel Ángel, que puido sentenciar ós 66 minutos. Logo do perdón do Boiro, e co cada vez máis insistente dominio dos azuis, todo facía presaxiar que podía completarse a remontada. Faltoulle definición ós locais, que tiveron nun remate de Aguado a mellor oportunidade, e ó final mesmo viron como lles arrebataba os tres puntos un Boiro que marcou o segundo a falla de só tres minutos. Foi nun remate moi forzado de Luis Tembra que Paz estivo a piques de sacar baixo os paos. Ó final o As Pontes non puido frear a caída que está a sufiri na táboa, e caeu nun partido no que volveu ser preocupante a escasa asistencia de afeccionados. No Poboado xuntáronse pouco máis de 70 espectadores. Publicado por jatomiau -- Outubro 29, 2007 8:30 AMComentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-El Ayuntamiento creará una comisión multidisciplinar para diseñar los usos del futuro lago
-Batido de calcio para combatir la enfermedad del Eume -La Xunta estudia sanciones si se confirma que la muerte de peces en el río Eume se debe a un vertido de obras -La Xunta aprueba una inversión de 5,6 millones de euros para la depuradora de As Pontes -Steinberg anuncia Cubase 4.5 y Cubase Studio 4.5 -Creative presenta los nuevos altavoces Gigaworks T40 y T20 Series II -El Concello de As Pontes planea ampliar la oferta de ocio más allá de la romería de A Fraga -El PPdeG acusa a Medio Ambiente de retrasar la ejecución de depuradoras -Sony lanzará en noviembre la televisión de LCD más delgada y ligera del mundo -Lanzada una segunda beta de Explorer 8 para un público más amplio Arquivos
- Agosto 2008 (95)
- Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||