|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (155)
ArTe (103) As Pontes (1735) Axenda (361) Ciencia (20) Comarca (234) Conexións (305) Cultura (175) Deportes (366) Ecoloxía (39) Educación (34) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (40) EuroEume (84) Fotografía (140) Gastronomía (17) Hardware (549) Historia das Pontes (108) Humor (23) Linux/GNU (856) Log #irc (11) Mundo (260) Mundo Apple (603) Música (527) Na Web (1048) Natureza (114) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (41) PDA´s (106) Piratería? (147) Ponteses (69) Recursos (4) Sanidade (15) Saúde Natural (43) Seguridade (290) SenFios (207) Software (482) SOS Mourela (195) Tecnoloxía (511) Tutoriais (7) Video Dixital (332) Videoteca (24) Windows (272) Zona Gamers (392) |
Novembro 8, 2007O BNG esixe a Industria que axilice as infraestruturas do Plan Miner II[Diario de Ferrol] O Bloque Nacionalista Galego esixe ao Ministerio de Industria que presente os convenios de colaboración específicos precisos para a execución de infraestruturas en Galicia dentro do Plan Miner II. En concreto, están a espera deste trámite unha inversión de 14,9 millóns de euros en As Pontes. Segundo asegura o BNG na moción presentada para a súa aprobación no pleno da corporación municipal pontesa, a Consellería de Innovación e Industria, no seo da Mesa Galega do Carbón, definira en abril de 2006 as infraestruturas que debería cofinanciar en Galicia. Ademais da inversión nas Pontes, prevíase unha partida de 13,1 millóns en Cerceda e outros 12,9 millóns para a autovía Ferrol-Vilalba, no treito Cabreiros-Vilalba. Poucos meses despois este departamento asinaba co Ministerio o protocolo de colaboración ampliado cun acordo suplementario este ano onde se incluían tódalas infraestruturas solicitadas dende Galicia. Sen embargo, segundo expón a formación nacionalista, para que finalmente se poidan executar faltan por desenvolver os convenios de colaboración específicos que, administrativamente, dependen do Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras (IRCM). Por iso o BNG levará ao pleno unha moción similar á que xa se presentou tamén ante o Parlamento galego, na que demandan a sinatura destes acordos, como xa sucedeu en comarcas doutras comunidades autónomas. Programa: Por outra banda, a Federación de Industrias Afíns (FIA) de UGT celebrou onte a segunda sesión das novenas Xornadas da Mineiría, dirixidas a traballadores, empresarios e concellos. En concreto, a de onte, celebrada na Casa Dopeso, foi a xornada institucional. Nela interviron representantes do Instituto de la Minería, de Endesa, da Consellería de Industria, da de Traballo, do Instituto Nacional de la Seguridad Social, así coma responsables de FIA-UGT a nivel estatal. Ademais, a xornada contou coa presenza do alcalde pontés, Valentín González Formoso. No seu transcurso abordáronse as distintas actuacións que houbo como consecuencia da aplicación do Plan Ferrol en temas de infraestruturas, solo industrial, proxectos empresariais, formación e sobre o futuro lago das instalacións de Endesa. Na xornada de hoxe, dirixida a traballadores en activo, técnicos, delegados mineiros de seguridade, membros dos comités e mandos das empresas e sucontratas minerias, celebraranse os obradoiros de traballo sobre xestión, seguemento e control do documento de seguridade e saúde. A actividade desenvolverase ás dez da mañá no cine Lar. Publicado por jatomiau -- Novembro 8, 2007 8:03 AMComentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-Cortes de tráfico y clases suspendidas en As Pontes
-Los Simpsons en el Apple Store.... -Nueva decepción del As Pontes- AS PONTES 0-1 VIZOÑO -Liga da Ría Xuvenil. As Pontes 4 Numancia Ares 1 -Los promotores del traslado de Ence lo sitúan entre los años 2012 y 2015 -Touriño inaugura en As Pontes una fábrica que ya lleva dos años en funcionamiento -Touriño anuncia para Galicia 774 millones del Plan de Reactivación de Zapatero -Partidos das categorías inferiores do CD As Pontes -Unha charla coas futbolistas do C.D. As Pontes -Touriño inaugura esta mañana en Penapurreira tres nuevas fábricas Arquivos
- Decembro 2008 (3)
- Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (177) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||