|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (155)
ArTe (103) As Pontes (1735) Axenda (361) Ciencia (20) Comarca (234) Conexións (305) Cultura (175) Deportes (366) Ecoloxía (39) Educación (34) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (40) EuroEume (84) Fotografía (140) Gastronomía (17) Hardware (549) Historia das Pontes (108) Humor (23) Linux/GNU (856) Log #irc (11) Mundo (260) Mundo Apple (603) Música (527) Na Web (1048) Natureza (114) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (41) PDA´s (106) Piratería? (147) Ponteses (69) Recursos (4) Sanidade (15) Saúde Natural (43) Seguridade (290) SenFios (207) Software (482) SOS Mourela (195) Tecnoloxía (511) Tutoriais (7) Video Dixital (332) Videoteca (24) Windows (272) Zona Gamers (392) |
Novembro 13, 2007Cal Pardo desvela unha parte fundamental da historia galega[La Voz de Galicia] A Diocese de Mondoñedo-Ferrol saca á Luz o Tumbo Pechado da Catedral. Enrique Cal Pardo, un dos grandes medievalistas de Galicia e deán da catedral mindoniense, acaba de sacar á luz unha parte fundamental da historia do país. O coengo e historiador, autor de obras monumentais como o seu Episcopoloxía Mindoniense, vén de publicar, nun volume impreso pola Deputación de Lugo, a documentación -na súa maior parte correspondente aos séculos XIV e XV- conservada no Tumbo Pechado da Catedral de Mondoñedo. Unha colección de documentos excepcional a todos os efectos, xa que permite comprender, a través de fontes ata agora inéditas, a realidade da Igrexa galega no solpor do Medievo. Non é este que agora se edita, tras un labor de transcrición que durou longos anos, aquel Tumbo de la Dignidad Episcopal de Mondoñedo que frecuentemente mencionaron tanto Villaamil y Savedra como o Padre Flórez; o primeiro, nas súas Memorias Históricas de la Santa Iglesia de Mondoñedo , publicadas en 1763, e o segundo na súa España Sagrada , que viu a luz en 1789. Non, non o é... E o propio Cal Pardo así o advirte no texto introdutorio do volume recén saído, ao tempo que recorda que, por desgraza, aqueloutro tumbo segue nun paradoiro totalmente descoñecido. Este é un tumbo -termo co que tradicionalente se denominan os vellos libros de pergamiño nos que as grandes institucións, maiormente eclesiásticas, copiaban e custodiaban os seus privilexios- ben distinto: o da propia basílica. A denominación de Tumbo Pechado obedece ao feito de que o volume, que o cabido catedralicio gardou século tras século como o tesouro que era e que é, estaba dotado dun cerre do que aínda se conservan vestixios sobre as súas cubertas. A maior parte dos documentos que contén o libro están escritos en lingua galega, se ben hai nel tamén transcricións de textos latinos, e no caso dos documentos máis recentes se observa a crecente presenza do castelán na linguaxe administrativa. Características técnicas: O Tumbo Pechado da Catedral consta de 250 folios de pergamiño, de 34,5 centímetros de alto por 24,5 de ancho. Nalgunhas épocas foi coñecido tamén como o Libro de las Tablas Rojas , ben fose pola cor das súas capas ou pola rechamante luminosidade das súas letras capitulares, da mesma tonalidade vermella. Entre os documentos que contén hai desde desde textos relativos á Coroa ata escritos da mitra e constitucións sinodais. Pero a parte fundamental fai alusión a testamentos, doazóns e privilexios, que en último termo son os que, como impagables fontes para o coñecemento da intrahistoria, permiten achegarse máis en profundidade ao funcionamento da igrexa mindoniense cando a Idade Media tocaba ao seu fin. E permite o Tumbo Pechado, ademais, documentar con exactitude os nomes e dignidades dos compoñentes dos que integraron o cabido catedralicio en moi diferentes momentos, e saber, ademais, cómo trascorrían os días daqueles fidalgos da Igrexa arredor da catedral dunha das máis antigas dioceses europeas. Comentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-Cortes de tráfico y clases suspendidas en As Pontes
-Los Simpsons en el Apple Store.... -Nueva decepción del As Pontes- AS PONTES 0-1 VIZOÑO -Liga da Ría Xuvenil. As Pontes 4 Numancia Ares 1 -Los promotores del traslado de Ence lo sitúan entre los años 2012 y 2015 -Touriño inaugura en As Pontes una fábrica que ya lleva dos años en funcionamiento -Touriño anuncia para Galicia 774 millones del Plan de Reactivación de Zapatero -Partidos das categorías inferiores do CD As Pontes -Unha charla coas futbolistas do C.D. As Pontes -Touriño inaugura esta mañana en Penapurreira tres nuevas fábricas Arquivos
- Decembro 2008 (3)
- Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (177) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||