Odios
Non queda nada!! Cóntanos que é o que máis odias do Nadal :-)
... a publicidade da tele, o turrón, gastar por gastar en regalos, os mazapáns, as multitudes na rúa e nas tendas, as cenas de compromiso e de empresa, o cambio no carácter da xente, o Belén vivinte, o turrón, o Belén de figuriñas, as arcadas das rúas, a peculiar e eterna decoración modernista da piscina municipal, as invasión de Papa Noeles colgantes nas fachadas das casas, o turrón, as bromas do día dos Santos Inocentes, o turrón, a resaca de Aninovo, Papa Noel en sí, os Reis Magos, o turrón, os nenos de San Ildefonso, a lotaría do Neno, as uvas pasas, o turrón, as campanadas ofrecidas por Gayoso, a Noiteboa cós Morancos, a cabalgata dos Reis Magos, o turrón, as panxoliñas, as pelis de Harry Potter, Rudolf o reno, o turrón...
Publicado por santi -- 26 de Novembro 2007 as 08:00 AM
0 comentarios