|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (155)
ArTe (103) As Pontes (1616) Axenda (326) Ciencia (20) Comarca (217) Conexións (302) Cultura (170) Deportes (307) Ecoloxía (30) Educación (32) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (38) EuroEume (83) Fotografía (137) Gastronomía (14) Hardware (544) Historia das Pontes (102) Humor (23) Linux/GNU (852) Log #irc (11) Mundo (259) Mundo Apple (594) Música (520) Na Web (1028) Natureza (101) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (104) Piratería? (144) Ponteses (59) Recursos (4) Sanidade (14) Saúde Natural (43) Seguridade (289) SenFios (206) Software (478) SOS Mourela (193) Tecnoloxía (507) Tutoriais (7) Video Dixital (326) Videoteca (24) Windows (268) Zona Gamers (390) |
Decembro 12, 2007COMUNICADO: PLATAFORMA NA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTESAnte a apertura da exposición A Memoria da Terra instalada no edificio de usos múltiples pontés Casa Dopeso, dende a Plataforma queremos manifestar que non estamos en contra de ensinar a cultura ao pobo. Mais sí en contra do engano e a mentira. O tempo bule e eiquí a única Memoria que garda a Terra é a da destrución sistemática do seu Patrimonio Cultural e Natural. A mostra que prentende facer un repaso pola Historia e presentar os resultados dos diferentes traballos arqueolóxicos levados a cabo no municipio, está financiada pola Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia e cústanos aos galeg@s máis de 21.000 €. Se temos en conta que o número de profesionais que traballaron nas tarefas de escavación da Mourela superou o centenar, sen resultado coñecido polo momento. E que a autorización de Patrimonio para proseguir as obras, viña respaldada pola idea de que non quedaba nada, cando menos susceptíbel de ser conservado. Agora, sete meses despois da destrución dos restos do anel lítico da Mourela, os que se din profesionais da arqueoloxía en Galiza presentan unha exposición sobre algo que xa non existe e que eles mesmos axudaron a destruir cos seus informes. E nós como veciñ@s das Pontes temos que tragar coas súas lerias e pantomimas. Canto máis? Dende a Plataforma, consideramos que esta exposición é simplemente unha defensa da postura irracional que o goberno da Xunta tomou coa decisión de destruir os restos da necrópole prehistórica. Unha exposición programada xa antes da destrución, para lavar a cara de quen errou na planificación da autovia. Unha exposición en fin, da mentira e do engano para xustificar e correxir o que foi unha decisión política mal tomada e que supuxo a perda dun lugar excepcional do Megalitismo galego. Agora unha exposición que revisa a historia. Unha historia pragada de roubos, atentados e destrucións sistemáticas do noso Patrimonio. Máis de 80 mámoas e 3 castros devorados por escavadoras na mina de carbón. Casas, cabazos, pontes, cruceiros, muiños derrubados, parroquias enteiras cos seus lugares postergados ao esquecemento da sinrazón. A colección de materiais do Castro de Espiñaredo, desaparecida en mans escuras. O Portorroibo paleocristiano devorado sen compasión. O vaso campaniforme da Vilavella, desaparecido dunha das vitrinas da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago. O Chamoselo romano, soterrado baixo coches, casas, rúas e polución. As pontes que nos definen fendendo polos petrís. E un longo etc. Se a exposición reflicte todas estas situacións reais que padeceu e padece o Patrimonio das Pontes, os nosos parabéns para a organización. Se pola contra atopámonos ante a manipulación da verdade, ante a omisión dos datos e das opinións que testemuñan a situación de desamparo legal que padecen os nosos recursos culturais e ante a declaración pública da ineptitude dos nosos administradores en favor dun malentendido progreso, non nos queda máis que loitar. Loitar para que a verdade da Mourela continúe viva, para que a moura conspiración que aniquilou o noso herdo pague a débeda que mantén coa nosa terra. Publicado por CyberMODE -- Decembro 12, 2007 9:00 AM Comentarios
por que non gastan este diñeiro en localizar o vaso campaniforme das Pontes. Esto é unha vergoña, a misma universidade que perde e destrue a historia e o patrimonio, e que colabora coa administración nos intereses económicos que van en contra da preservación do patrimonio ven darnos agora clases de historia. Publicado por : memoria -- Decembro 12, 2007 10:55 AMHay que tener jeta para venir ahora con exposiciones de pacotilla. Que se dedique la universidad a investigar y estudiar lo que hay, para tratar de evitar que desaparezca como ocurrió con el círculo lítico y que se deje de exposiciónes para revisar la historia. Lo que se lleva destruido ya lo sabemos todos no hace falta que nos cuenten milongas sobre De la Iglesia o Maciñeira. Manda carallo, ou sexa que inauguran a exposición as 12 da mañá. Pra que vaia quen?
Oye ¿la maria esa no excavo en la Mourela? Ti pensas que chegaran estos de Santiago? Non coñecen As Pontes, non coñecen a nosa historia, por iso a destruiron en vez de defendela, como o coche oficial non teña GPS aparecen en San Andrés. Publicado por : fran -- Decembro 12, 2007 5:17 PMRealmente credes que vai vir Felipe Arias inaugurar a exposición?? Imaxino que agora mesmo debe estar arrepentindose do que fixeron na Mourela. Foi unha encerrona moi dura que lle fixeron os da cotop e algúns compañeiros do partido. Entendede que ninguén do bng vai xogar o seu posto de traballo (é dicir, o bipartito) por un tema de arqueoloxía renunciando a moitos outros proxectos ilusionantes para Galiza. Sinto mágoa de que Felipe Arias non tivera dimitido no seu momento, perdeu moito creto para min. Publicado por : un lucense -- Decembro 12, 2007 6:45 PMComparto como nunca as opinións aquí vertidas: 1º Elimino un dos círculos líticos máis importantes de Galiza 2º Non faigo público o informe dos arqueólogos, no que supostamente se basaron para dicir que non tiña suficiente importancia os xacementos de máis de 5.000 anos e para entrar cas máquinas por riba da prehistoria galega 3º Organizo unha miniexposición por carteis por valor de 4 millóns pra xustificarme ante a cidadanía de que realmente se traballa en prol da cultura e da historia... Penoso espectáculo da Consellería de In-Cultura Eu non mo trago. Publicado por : andrelo -- Decembro 12, 2007 6:57 PMHi, guys! I’m a student from Bristol and I’m interested in archaeology. I haven’t ever been in Galicia, but it’s a very archaeological land. I know rock art and hill-forts (Castros is said?). Anyway, who can explain me more about this issue? Congratulations to the whole team who worked on this!!! Best Regards, Na exposición pondrán todo o que fixo a Plataforma non? O dossier, a recopilación de datos e o material visual, por que a verdade, iso si que foi unha exposición da realidade. Noraboa veciños! Publicado por : fer -- Decembro 12, 2007 7:54 PMEu digo de estar o venres ás 12h diante da Casa Dopeso coas pancartas de "CANTO MAIS"!!! Que dicides? Apuntome! Vou na hora do café! Quedamos ás menos cuarto na porta? Eu chegarei algo xusto. Publicado por : fran -- Decembro 12, 2007 11:36 PMCantos mais millor, contade connosco tamen. Sau2 dende Compostela! Publicado por : Felipe e Pura -- Decembro 12, 2007 11:44 PMO venres latada no insti e para dopeso! Publicado por : festaaaa -- Decembro 13, 2007 12:09 AMMillons na cidade da cultura, subvencións absurdas para a cultura? E a nosa historia demolida polas maquinas dos altos cargos da Xunta,... Iso era o que prometia o BNG cando o Beiras so tiña forza para golpear o zapato enriva da mesa? Vivimos nun pais morto, morto polos politicos de merda que temos. Ninfuturo, nin pasado. Animo na loita compañeiros, moitos estamos con vos Publicado por : Carlos -- Decembro 13, 2007 1:28 AMEu o venres vou á presentación, pero coa camiseta do CANTO MAIS, e a facer preguntas... pero que se pensan Publicado por : memoria -- Decembro 13, 2007 1:45 AMEu non ando moi enterada desto do círculo lítico, a verdade, pero coñezo a algún membro da plataforma e me gustaría darvos a grazas. Sei que levadas moitos meses traballando, adicando o voso tempo libre a loitar por defender o patrimonio dos ponteses e sufrindo por ver que o voso esforzo e empeño non deu resultado. Grazas, oxalá houbese moitos máis coma vós, oxalá que toda a xuventude das Pontes que fala de moita festa folk e moita tradición (da carallada) fósemos capaces de involucrarnos tanto coma vós para defender o noso. Canto máis! Publicado por : caica -- Decembro 13, 2007 9:47 AMFai algúns anos un tío emigrado comentoume que tan so na provincia de Lugo, había mais patrimonio arqueolóxico que en todo Alemaña, tal vez estes personaxes consideren que o progreso é eliminar para asemellarnos os xermanos. Que faciana poden ter estes supostos representantes da cultura, presentado actos nos que se recorda o asasinato patrimonial feito por eles mesmos. Publicado por : Aromia -- Decembro 13, 2007 11:27 AMFai algúns anos un tío emigrado comentoume que tan so na provincia de Lugo, había mais patrimonio arqueolóxico que en todo Alemaña, tal vez estes personaxes consideren que o progreso é eliminar para asemellarnos os xermanos. Que faciana poden ter estes supostos representantes da cultura, presentado actos nos que se recorda o asasinato patrimonial feito por eles mesmos. Publicado por : Aromia -- Decembro 13, 2007 11:30 AMEstoy hasta los mismísimos de la plataforma y de toda la calumnia que generáis. Ni vosotros ni nadie va impedir el progreso. Mucho protestar pero luego bien que usuais las autovías que se hacen. Publicado por : uno de puentes -- Decembro 13, 2007 11:55 AMNormal que usemos las autovías, pero pudiéndolas hacer pasando por sitios respetando en lo máximo posible el entorno, por que no las hacen? Ademas tanto que como pontes exiges el progreso, por que no facilitan los accesos a la autovía desde As Pontes, no será más una autovía Ferrol-Vilalba sin importarles As Pontes? Publicado por : CyberMODE -- Decembro 13, 2007 12:11 PMUnha exposición así é unha ofensa gravísima á intelixencia dun pobo. Feito o crime, realizado o delito e matado o porco, había que limpar as pegadas do coitelo. Por outra parte, e sempre na miña modesta opinión, paréceme que rematada unha carreira de historia e con posibilidades de investigar, escribir e aportar algo con valía non é decente venderse deste xeito ós intereses da política. Vivo a mesma decepción co mundo da universidade que está a facer un fraco favor con estos comportamentos ó ben cultural da vila. ¿Onde están as pezas procedentes da excavación do Chamoselo? ¿Onde está o vaso campaniforme? ¿como poden quedar impunes as desaparicións de elementos identificativos do pasado histórico-cultural e arqueolóxico dunha vila? ¿que autoridade ten a Universidade para educar no coidado e concienciación do patrimonio cando se convirte en empresa de demolición e saqueo do mesmo? Publicado por : memoria -- Decembro 13, 2007 1:25 PMa universidade debería reflexionar sobre a conveniencia de participar en este tipo de actividades que só garanten a mellora da imaxe de determinados personaxes que participaron na desfeita da Mourela Me parece lamentables las declaraciones que estoy leyendo en este foro. solo unos niños podrían escribir semejantes barbaridades a cerca de María. De verdad cada día este foro está más descontrolado. O que está descontrolado é o patrimonio e os chupasangues que se nutren da sustancia nai e especulan coa sua profesión e coa nosa cultura para encher ese peto das ánimas no que acumulan cartos e tratos de favor para logo poder trepar pola institución e facerse cunha tobeira nalgún prado de San Caetano é ainda digo + se todos tiveran a desvergoña de aleccionar ao povo do xeito que estes o están a facer, non sei como nos iría cos do pp, pero dubido que tivesen a obturación cerebral de virnos a facer comulgar con lerias de cómo foi a nosa historia. Como foi sabemolo ben, como puido ser tamen Pos io creo que los chicos de la Plataforma hicieron un trabajo fenomenal y que esta exposición no es para tanto, que era necesaria pero no sé si ahora era el momento estando tan presente lo de la mourela, sinceramente me gustaría pensar que lo que se pretende con ella es divulgar pero dadas las circunstancias en las que se va a inaugurar, no creo que su objetivo principal sea ese, pq si no pq se hace una inauguracion a lsa doce y otra a las siete? Será para que venga algun politiquillo barato a inaugurar, a lavarse la cara como dice la plataforma, pues a mi me parece que algo de razón llevan……. Publicado por : anxela -- Decembro 13, 2007 5:04 PMSerei clara. El Ayuntamiento de As Pontes ha puesto en marcha una iniciativa original y novedosa…. ¡¡ Oeeeh, oeh, oeh, oeeeh, oeeeeeh, oeeeeeeeeh ¡!!! ¡¡ Oeeeh, oeh, oeh, oeeeh, oeeeeeh, oeeeeeeeeh¡!!! ¡¡ Oeeeh, oeh, oeh, oeeeh, oeeeeeh, oeeeeeeeeh ¡!!! ¡¡ Oeeeh, oeh, oeh, oeeeh, oeeeeeh, oeeeeeeeeh¡!!! Bueno, bueno eu tamen me apunto a festa, hai que rire bailare e gosare, neste mundo de samba e color. Oeh, oeh. Baila vitoliño, baila felipiño, bailan coa maría, bailan de alegría. Bailar, bailar, bailar, bailar, bailaaaaaaaaaaaaar Hai que bailar, hai que troular por que o entroido xa chegou, si xa chegou, comeza mañá, ás doce na dopeso, penso que abre cun baile de disfraces, e ata din que van vir unhos señores de compostela a tocala jaita. Non sei onde imos chegar cos jaiteiros que hai nas pontes e traenos de compostela Que + da, si o fan as doce é por que van vir os jaiteiros de san caetano a tocarnola jaita, e a min xa ma tocaron dabondo co da expropiación do carallo, así que ajora que mamen eles un pouquiño que xa esta ben oh de andar por ahí a foder, que un non traballa de balde, ou pensan que somos todos ricachons das pontes, coma eles o son das suas vilas. E que o cacique de galicia non se foi, triplicouse ajora haino ata debaixo das pedras, todos queren ser caciques, todos co timo do e eu +, e eu+, e eu+. Pois eu digo eu menos, eu quero ser menos que todos eses que desexan ser + a costa de todos nós e do noso. Eu digo, eu menos, eu menos, moito menos. Publicado por : Andres -- Decembro 13, 2007 8:39 PMpero joer a quen se lle ocurre poñer unha inauguración dunha exposición cultural ás doce da mañá, a cultura é para o pobo ou é para os políticos? lo del vaso campaniforme si que tiene tela, ahora ya no saben donde esta, quien se lo llevo, donde estaba en un principio… mi primo que vive en Santander me dijo que en el museo arqueológico de Cantabria había unas piezas de puentes, de la vilavella y espiñaredo, y yo me pregunto poruqe están en Cantabria? aí, aí as cousas claras e o chiculate espeso, q se cosquen estes q van de eruditos modernos da arqueoloxía, q saiban q o pobo das pontes é un pobo maduro intelixente q non se deixa ningunear por ninguen e q as panfletadas vese ben quen as fai. Publicado por : bebe59 -- Decembro 13, 2007 9:07 PMquixera ademais comentar q o concello non sei que pinta agora en todo esto, difundindo unha actividade como propia, cando todos sabemos que foi dasilva quen negociou a esposicion e agora o formoso colle e marcase un tanto. O da cultura é como o das cuchipandas, diría o gilberto, para comer hai xente, pero para traballar……. Publicado por : bebe59 -- Decembro 13, 2007 9:08 PMEl ayuntamiento hizo bien en quedarse al margen al igual que el resto de partidos locales. Solo amigos con una clara intencionalidad politica secundo las reclamaciones de la plataforma. Y no se puede en los noventa destruir patrimonio y en el 2000 ir de salavadores de la cultura. El pueblo no es tonto. Pero es que el resto de partidos no sabían lo que significaba la palabra patrimonio, su diccionario diario no recogia este termino, no creian que esto de la arqueologia les pudiera beneficiar electoralmente, ahora sin embargo saben de sobra que no solo les puede beneficiar sino que ademas se puede convertir en un arma decisiva para perder unas elecciones, ya de por sí arruinadas al comienzo de la legislatura, con ese conflicto laboral de los trabajadores del concello. pero la culpa no es de ellos es de quien les hace caso y piensa que todo lo que sale en los periodicos es verdad o es tal y como nos lo cuentan. Y luego lo que ocurre es que la manera de contarnoslo o de no contarnoslo influye en como percibimos nosotros los lectores la información de las realidades que nos rodean. La desinformación contribuye sin duda a la anulación del criterio de asimilación de la información, pero una sobreinformación o una información orientada o condicionada, tambien. Estos son los medios informativos de calidad de los que nuestra presume ¿Cantomais? Publicado por : littlerock -- Decembro 13, 2007 9:10 PMFai algúns anos un tío emigrado comentoume que tan so na provincia de Lugo, había mais patrimonio arqueolóxico que en todo Alemaña, tal vez estes personaxes consideren que o progreso é eliminar para asemellarnos os xermanos. Que faciana poden ter estes supostos representantes da cultura, presentado actos nos que se recorda o asasinato patrimonial feito por eles mesmos. Publicado por : Aromia -- Decembro 13, 2007 9:10 PMCÍRCULOS LÍTICOS:
http://www.aspontes.org/novasdet.php?lang=gal¬icia=48 Mira iso, ata que a xunta cambiou, logo o BNG dicia que iso xa non era importante, quixo kiko e compañia marcarse o tanto daquela, e logo mirar outro lado? Ademas é un conxunto, o entorno, a historia dun pobo o que a Plataforma defende Publicado por : kiko -- Decembro 13, 2007 10:08 PMHola. Llevo varios días intentando acceder a la página de Amigos de As Pontes y me sale algo de la Plataforma de Defensa del Circulo Lítico. ahi a tes, ista e de amigus, e dos ponteses. http://www.amigosdeaspontes.org/ tamen tes outras do BNG de 120mil euros como http://www.aspontes.net e a do psoe http://psoe-aspontes.com/ Publicado por : pongafas -- Decembro 13, 2007 11:28 PMQuero dar meu apoio a todos os que están loitando para que o crime non se esqueza cunha sinxela lavadura de cara. O que máis me fode é que todos os putos partidos políticos locais están calados! Vergoña me da de ser pontés. Para que carallo votamos, se aquí só saben defender os intereses dos familiares e dos amigotes. Publicado por : Roberto Vilariño -- Decembro 14, 2007 9:00 AMPouco podemos engadir ao que decides no comunicado.Soamente darvos os nosos parabéns polos vosos esforzos, non improductivos,pese a todo. A vosa labor divulgativa e de concienciación social tivo o seu calado. Se fala e se dabate sobre a Mourela e a sua lamentable destrucción. Se condenan socialmente este tipo de actuacións. Se implican os cidadáns na defensa do patrimonio. Todo iso parécenos moi importante. Contade co noso apoio. Unha aperta. Publicado por : Ortigueira Sostible -- Decembro 14, 2007 5:29 PMEngade un comentario
|
Novas Recentes
-La Zona Zero comienza una nueva edición a partir del próximo sábado en el Lar
-La Xunta retoma, tras más de cuatro meses parada, la obra de los pisos intergeneracionales de As Pontes -La “musealización” de Caaveiro costará unos 350.000 euros -Jin Tony´s Son Band en concierto -O As Pontes respira tras gañar ao Castro -La comarca genera el 35% de la energía eólica de la provincia -As Pontes programa música y teatro hasta enero -Adrián López: «Quiero aprender al máximo para estar muchos años en Primera» -As Pontes duplica los usuarios del servicio de ayuda a domicilio -El programa de ocio juvenil Zona Zero retoma su actividad Arquivos
- Outubro 2008 (77)
- Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||