Decembro 27, 2007

COMUNICADO: PLATAFORMA NA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES

Logo da recente desaparición do anel lítico da Mourela e da destrución da necrópole prehistórica pola Autovía Ferrol-Vilalba AG-64 e pese ás denuncias que levamos feitas ao respecto da situación de indefensión dos elementos patrimoniais do concello, atopámonos hoxe ante un novo intento de dinamitar o noso legado cultural.

O círculo lítico do Bidueiral, situado na parroquia pontesa do Freixo é o novo monumento megalítico do concello das Pontes que se ve afectado este ano. Un suma e segue que está a por en evidencia as actuais políticas, autonómica e local, sobre a xestión dos nosos recursos patrimoniais. Un parque eólico, propiedade da empresa Eólicas del Noroeste S.L., é a nova infraestructura que ameaza este ben.

O círculo, que ten unhas dimensións aproximadas de nove metros e medio de diámetro máximo e está formado por rochas e pedras de seixo e cuarcita, así como laxes de pizarra soterradas verticalmente na terra, presenta ademais un par de aliñamentos paralelos de pizarra soterrados, a xeito de entrada ao círculo. Ao seu carón existe un túmulo prehistórico, que ao igual que o círculo non está catalogado, tal e como puidemos comprobar no Inventario Arqueolóxico do Concello das Pontes.

A esta, xa de por sí, descontrolada situación hai que engadirlle o feito de que ámbolos dous elementos se atopan dentro do polígono de afectación do Parque Eólico da Valiña, promovido pola empresa Eólicas del Noroeste, S.L.. Unha nova infraestructura, que pon en serio risco a conservación do noso patrimonio cultural.

O Estudo de Impacto Ambiental (EIA) do parque, data de setembro de 2001 e recolle a existencia do círculo lítico, mais non así a da mámoa. Ainda que estes elementos atópanse incluidos dentro do polígono de afectación do parque, o EIA establece que non se verán afectados polas obras.

Nembargantes, tendo en conta que para estos casos as Normas Subsidiarias e Complementarias do Planeamento da provincia da Coruña, establecen unha protección de 200 metros para elementos arqueolóxicos, dende a Plataforma consideramos que a construción dunha zanxa de cableado que unirá este parque coa subestación de San Xoán, próxima ao lugar, invadirá a zona de protección arqueolóxica dos elementos e provocará fondos prexuizos na conservación dos restos que poidan existir no entorno dos mesmos.

Diversos autores sinalan a este círculo lítico, como o único que se conservaría na actualidade na Galiza, logo da recente destrución dos restos do círculo da Mourela. Así o confirma tamén o EIA, que sinala o seguinte:

“se trata según algunos autores del único círculo lítico que se conserva en Galicia (…) Tiene unos nueve metros y medio de diámetro máximo y está formado por rocas y piedras de cuarzo y cuarcita y laxes de pizarra enterradas verticalmente en la tierra. Según algunos autores tendría un par de alineamientos paralelos de pizarra enterrados, a modo de entrada al círculo, orientados en sentido E-O (…). Por todo ello la fragilidad en este sentido cabe considerarla como baja”.

Os veciñ@s das Pontes que integramos a Plataforma, cremos que a situación con respecto ao Patrimonio da comarca do Eume, non mudou nada nos últimos meses, semella que a destrución do noso anel da Mourela, deulles pulos aos iñorantes para seguir a desfacer o noso gran legado cultural. Namentres os que venderon a súa identidade ao mellor postor, tratan de amosarnos unha parcial realidade a través de mostras e exposicións, que o único fin que pretenden é lavar a cara das institucións que erraron na planificación dunha infraestructura clave para o desenrolo da nosa comarca.

O círculo lítico do Bidueiral merece un trato diferente ao que recibiron os aneis da Mourela e ás mámoas destruidas. O seu carácter exclusivo como elemento susceptíbel de ser estudado, documentado e recoñecido o seu valor cultural, lévanos a plantexar a necesidade da elevación deste elemento á categoría de BIC Ben de Interese Cultural.

Cremos asemade na necesidade de que o Concello das Pontes tome conciencia da inxente cantidade de recursos patrimoniais que están espallados polo termo municipal e acometa a finalización da catalogación que estaba a levar a cabo o LIA Laboratorio de Investigacións Arqueolóxicas, así como a organización do fondo arqueolóxico depositado nos locais da estación de autobuses que agarda dende hai máis dun ano a que se lle tome en consideración.


Publicado por CyberMODE -- Decembro 27, 2007 10:00 AM


Comentarios

Paréceme imposible que o conxunto do Bidueiral non estea catalogado ¿Seica Patrimonio non ten novas da súa existencia? ¿Ninguén enviou aos técnicos da Consellería a facer unha ficha do xacemento?

Publicado por : bradominoso -- Decembro 27, 2007 4:59 PM

Paréceme imposible que o conxunto do Bidueiral non estea catalogado ¿Seica Patrimonio non ten novas da súa existencia? ¿Ninguén enviou aos técnicos da Consellería a facer unha ficha do xacemento?

Publicado por : bradominoso -- Decembro 27, 2007 5:00 PM

Coido que a poboación de As Pontes débese manifestar polo Defensa do Círculo Lítico do Bidueiral, ¡¡xa está ben!!
Manifestación diante do Concello Xa
(ademáis vale a mesma camiseta que temos...) Poñede día.

Publicado por : eu1968 -- Decembro 27, 2007 5:45 PM

O que está a acontecer neste país que patrimonio xa non ten nome. Entre urbanizacións e piscifastorias en lugares de alto valor ecolóxico no litoral, e a destrucción sistemática nos elementos culturais que nos identifican cos poboadores antigos deste terra, a imaxe que damos no exterior, é a de bárbaros sen principios, ou dito doutro forma: novos ricos, desubicados do real.

Publicado por : veciño -- Decembro 27, 2007 10:48 PM

A HISTORIA REPÍTESE... E BEN CEDO....

QUE PAÍS!!

Publicado por : andrelo -- Decembro 28, 2007 1:13 PM

joder outro circulo mais a tomar polo cú. Pero en que coño están pensando os que permiten estas animaladas nos nosos monumentos historicos. Menuda conselleria de cultura, mais ben de incultura.
E o concello que ten pensado facer? Non mirarán para outro lado como na mourela…
Manda carallo cos nosos gobernantes

Publicado por : fontiñas -- Decembro 28, 2007 7:35 PM

Veño algo durmida e acabo de darme unha bofetada para saber se estaba soñando ainda cos anxiños ou era verdade o que estaba a ler
En fin unha vez + o concello demostra falta de prevision e unha xestion nula dos seus recursos patrimoniais, tanto culturais como naturais. O dos parques eólicos é o de sempre, as grandes empresas que pelexan entre elas para producir + megavatios e veña muiños de vento ocupando os nosos montes e destruindo ese valiosísimo recurso que é a paisaxe. Parece que non se enteran de que nas pontes tamen hai quen vive do turismo rural, e a paisaxe do norte do concello non é para botarse a durmir. Penso que os parques deberian estar limitados a un nº determinado en cada zona, pois doeme o corazon de ver esas restras de bechos brancos que se perden no horizonte ocupandoo todo, doeme a alma…

Publicado por : Medialúa -- Decembro 28, 2007 7:41 PM

pos io sé que ele ayuntamiento ya tenía constancia de la instalación del parque desde el día 14 de septiembre de 2000, que con número de registro 4860 entraba a formar parte de la documentacion derivada de la afectacion de los terrenos
parece ser que este documento es una copia de la resolucion de la dir. general de patrimono que autoriza a rosario valdés para la realizacion de una prospeccion arqueologica de la finca de la valiña

Publicado por : anxela -- Decembro 28, 2007 7:46 PM

Manda….
$&&%$&%$%$%$&%$&%¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Sete condenados anos sabendo que ian destruir iso e non fixeron nada
Isto é o colmo
Pero que clase de representantes temos, a quen carallo votamos nas furnas?
a pailarocos?

Publicado por : Medialúa -- Decembro 28, 2007 7:50 PM

o circulo ese sabe meu pai del que mo dixo ainda fai pouco tempo. Pero e preocupoante o q esta a pasar co patrimonio das pontes e logo veña exposiciones.
Patrimonio+usc+lia+concello+cotop = sinverguenzas

Publicado por : andres -- Decembro 28, 2007 7:54 PM

Que razón tes andrés, pero non ves que o círculo do bidueiral, nin sequera saía na exposición, nin o do bidueiral nin o da Mourela. Para que?, non interesa. Só interesa falar de puntos de inicio na arqueoloxía pontesa, de eruditos veraneantes que non tiñan máis que facer que escavar mámoas e de vasos campaniformes que xa non están. Pero o que sexa falar da situación real do patrimonio, para que? A eles que son os que lavaron a cara dos incompetentes que nos administran? A eles tampouco lles interesa falar de erros do pasado e de atentados patrimoniais. A eles só lles interesa o futuro. Pero non o de verdade, máis ben o que nos queren vender. O de verdade é moi escuro, como así o manifesta esta nova situación.
É unha pena que teñamos ainda que andar a denunciar este tipo de situacións logo de todo o que aconteceu na Mourela.
Canto Máis?

Publicado por : mourelo -- Decembro 28, 2007 7:56 PM

Eu fun fai pouco ó bidueiral pero non vin ningun eolico por ali. Xa comezaron as obras?

Publicado por : Isabel -- Decembro 28, 2007 7:57 PM

Vou a ser breve:
IN-COM-PE-TEN-TES

Publicado por : Ramón -- Decembro 28, 2007 7:59 PM

Vou a ser breve:
IN-COM-PE-TEN-TES

Publicado por : Ramón -- Decembro 28, 2007 8:00 PM

ben e alguén no concello non se lle ocurrirá facer un plan de proteccion especial para os recursos patrimoniais, ou cando menos facer un seguiimento das obras que se acometen no concello para facer cumprir a lei en materia de proteccion dos elementos arqueoloxicos do concello.

Publicado por : bebe59 -- Decembro 28, 2007 8:01 PM

eso está más parado que la una, dudo mucho que al final acaben haciendo un parque y menos teniendo ahora una parte de los vecinos en contra. Ademas llevan desde el 2000 con un plan aprovado. No me creo que nada de nada. A ver si los de la plataforma os dejais de tanto comunicado y haceis una churrascada que eso si que funciona con los ponteses

Publicado por : littlerock -- Decembro 28, 2007 8:03 PM

ves aí douche a razon littlerock, tiñamos que facer non unha churrascada, mais ben unha cabritada espetada e viño ghratis para todo dios. Iso si que vai ben nas pontes, nas pontes e en calquera lado non te equivoques. Pero non, as vontades culinarias da plataforma, polo momento non temos previsto ensinárvolas. Agardamos a que alguen espilido coma ti nos obsequie cunha mariscada, que iso xa son palabras maiores

Publicado por : bebe59 -- Decembro 28, 2007 8:05 PM

Onde estou?
Sacádeme de aquíííííííí!!!!!!!!!

Publicado por : axenda_21 -- Decembro 28, 2007 8:07 PM

Gustariame saber por que o Parque de Dona Rita agora chamase Parque do Eume.... A partires dagora iremos a Festa do Eume?

Xa non recordan no Concello de quen era o parque e por que o temos? isto e o colmo, a tomar polo cu a historia das Pontes

Publicado por : Partome -- Decembro 29, 2007 3:26 AM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Agosto 2008 (95)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Agosto 2008
D L M M X VS
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31