Decembro 28, 2007

Central Térmica de As Pontes, o maior foco de contaminación galego

Co motivo da aparición do alcalde de As Pontes nun programa emitido a nivel estatal falando do cambio climático, o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas, quere expresar o seu parecer do tema o non se lle permitir participar neste programa.

Perplexos contemplamos como o representante dos ponteses, que non da empresa ENDESA, facía una alabanza dos “esforzos que a empresa fai por adaptarse ó cumprimento de quioto, investindo 600 mill. de euros para reducir as emisións de CO2 nun 20 % e as de SO2 practicamente no 100%”
Pois como o propio alcalde tamén dicía, é necesario falar con propiedade destes temas, e os ecoloxistas de as pontes o facemos acudindo os propios datos que a empresa está obrigada a publicar para a súa certificación ambiental. Neste documento lemos que as reducións de emisións serán do 6,9 % para o CO2, e do 96,9% para SO2. Isto significa que a central seguirá emitindo cerca de 10.000.000 de toneladas de CO2 ó ano, case que o dobre do que emite a totalidade do parque automobilístico galego.

Xa ninguén dubida que o cambio climático producido polo efecto invernadoiro é un dos maiores problemas ambientais ós que nos enfrontamos, a influencia humana sobre o clima é evidente debido o aumento de emisións de CO2 antropoxénicas como as da térmica de As Pontes. Secas prolongadas, fortes inundacións, olas de calor contaminación do aire…son algunhas das consecuencias do actual modelo enerxético baseado na queima de combustibles fósiles, que emiten o redor do 30 % do CO2 total español. En consecuencia temos que abandonar estas enerxías sucias e incrementar dunha forma racional a participación das renovables, así como promover o aforro e a mellora da eficiencia enerxética.

Pero inda hai máis porque falaba dos “esforzos ambientai” da empresa, algo pouco menos que escandaloso e que require una breve revisión histórica . A central térmica de As Pontes con 1.400 Mw de potencia é a maior térmica do estado e foi construída entre o 1972 e 1979 para explotar o xacemento de lignito pardo situado o seu pé. Entre 1993 e 1997, a central foi transformada para consumir unha mezcla de lignito e de carbón subbituminoso de importación. Perante o esgotamento do lignito extraído nas pontes a central afronta nestes momentos outra transformación para operar a partir do 2008 só co carbón de importación o cal é menos contaminante e grazas a elo se producirán as reducións da contaminación.

Vemos pois que a central de esforzos ambientais nada, senón que grazas o esgotamento do xacemento autóctono, esta vese obrigada a transformar as caldeiras para proseguir coa produción.

Grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas


Publicado por CyberMODE -- Decembro 28, 2007 5:04 PM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Outubro 2008 (38)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Outubro 2008
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31