|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Amigus iTunes Podcast
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (152)
ArTe (103) As Pontes (1474) Axenda (305) Ciencia (20) Comarca (190) Conexións (298) Cultura (162) Deportes (247) Ecoloxía (24) Educación (28) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (38) EuroEume (80) Fotografía (132) Gastronomía (14) Hardware (539) Historia das Pontes (102) Humor (22) Linux/GNU (837) Log #irc (11) Mundo (258) Mundo Apple (588) Música (504) Na Web (1010) Natureza (86) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (103) Piratería? (142) Ponteses (46) Recursos (4) Sanidade (13) Saúde Natural (43) Seguridade (284) SenFios (206) Software (471) SOS Mourela (192) Tecnoloxía (505) Tutoriais (7) Video Dixital (322) Videoteca (23) Windows (267) Zona Gamers (387) |
Xaneiro 27, 2008O lago xa ten augaAínda non están a coller auga do Eume, pero as choivas recollidas no mes de xaneiro xa apozaron no fondo. Entre Mouros e Illade pódese ver esta imaxe con dúas pequenas lagoas onde ata hai pouco aínda había xente traballando. Dende a autovía AG-64 tamén se pode ver auga no fondo da mina, pero as vistas dende a beira sur son máis escasas por mor da vexetación e as naves. Na imaxe de satélite vense resaltadas as zonas anagadas.
Cortesía: Daniel Formoso Publicado por CyberMODE -- Xaneiro 27, 2008 9:53 AMComentarios
Gustaríame destacar esa nova: Ven o lago das Pontes como tapadeira dos vertidos da futura celulosa O colectivo ecoloxista Erva considera que a lagoa artificial que ha asolagar a mina das Pontes responde á "vontade do bipartito" de levar a papeleira para este concello. Publicado por : somede -- Xaneiro 27, 2008 11:03 AMTodas as celulosas contaminan, e a das Pontes non vai ser menos. Desde as m'ais arcaicas celulosas como a de Pontevedra, at'e as m'ais modernas de Finlandia contaminan arreo. Conv'idovos a visitar este Blog no que se recolle interesante informaci'on sobre a situaci'on das celulosas a nivel mundial, europeo e galego. Por certo, xa hai precedentes sobre Plantas ao pe dun lago, en concreto en Finlandia, no lago Saimaa. http://debatindo.blogspot.com/ Publicado por : Todas as celulosas contaminan -- Xaneiro 27, 2008 1:12 PMO feito de que o lago se encha xa antes de desviar cara a el parte da caudal do Eume ven a demostrar que a súa formación era inevitable. Abondaba deixar de bombea-la auga da mina cara a depuradora da vilavella, só que así, levaríalle se cadra 20 anos en vez de 4. Respecto ó da celulosa, eu diría que tóda-las COUSAS contaminan. E por suposto é mellor que non contaminen en As Pontes. Pero tampouco se pode ser hipócrita e dicir que lles vaian a contaminar ós Saharauis e así podemonos compadecer deles polos séculos dos séculos, pero o meu cu seguireino a limpar con papel que as berzas mo deixan verde. Despois de décadas de convivir coa mina de lignito pardo a ceo aberto...cuhna central térmica de 1400 MW... cuhna política de depredación dos recursos ¿qué nos veñen a contar ahora sobre ambientes perniciosos? A nova non informa, expón unha opinión do grupo Erva,e hai moita confusión, e contradiccións. Xa sabemos que a industria contamina, unha papeleira non é excepción. é che moito como pasou este de sun foro sen apenas repercusión, a ser un foro onde se miden as temperaturas políticas e sociais dunha vila tan pequena como as pontes. xa quixeran moitas vilas poder ter un foro tan aberto e dinámico como o que aquí se dá. Alto, para o carro. Me gustaría outra alternativa ao lago. O que digo é que os que teñen tan claro que están en contra do lago, e tamén en contra da instalación duhna planta papeleira en As Pontes, que expoñan claramente eses argumentos técnicos que din ter. Que os expoñan, e os contrastaremos cos expostos por Macías. En canto ao uso do Eume por parte de Endesa, vaiche na misa que Endesa emprega a auga do Eume, e non pouca. Enténdeme, teño os oídos abertos para que me convenzades para rexeitar o lago. O sr. Macías ofreceu unha charla na Casa Dopeso, invitado polo grupo Guerrilleiros das Fragas, para explicar os fundamentos técnicos da solución adoptada. Eu a priori non creo en ninguén, pero moito menos nos que me veñen con dogmas. Que o lago é a solución máis económica para Endesa? Evidentemente. Cando se veu unha empresa que dera algo? Non ten pes nin cabeza esa acusación de que o lago se fai para poñer unha papeleira. Vaiche na misa que Endesa tiña en mente esa solución. Aló por mediados dos 80 viñeron ao Instituto representantes de Endesa a dar unha charla aos estudiantes, a presentarnos esa futura solución para o peche da mina. O portavoz de Erva di que o ritmo acelerado de enchido da mina (4 ou 5 anos dí) obedece ao interés de trasladar Ence na presente lexislatura. Por outra banda Ence dí que non se move de Pontevedra ate o 2018. Non se trata de negarse ao emprego dun caudal do Eume para o enchido do lago, senon de vixiar, de garantir que se respeta durante o tempo de enchido o caudal ecolóxico necesario que non poña en perigo a biodiversidade a partir de As Pontes. O de “crear unha área ambientalmente perniciosa no Concello de As Pontes” xa é a repanocha. As Pontes coa súa mina a ceo aberto, e a súa central leva moitos anos sendo unha area ambientalmente perniciosa. Por outro lado vexo contradictorio pretender comparar o tema de Uruguay con As Pontes. No video posteado, se critica que Finlandia aproveita a menor esixencia en lexislación medioambiental e laboral, para instalar alí uhna merda de papeleira. Eu estou con Alfredo. Enchelo de algo que non seña auga é bastante peor, e se non se enche do xeito que teñen plantexado, hase acabar enchendo só e dun xeito totalmente descontrolado. Claro que poderian seguir a bombea-la auga do fondo cara a depuradora, pero iso tamén ten un custe que non se limita ó eido económico, senón que tamén é enerxético e polo tanto, medioambiental. Os tempos de propoñer alternativas quedaron atrás anos hai, e aínda que tiveran algunha mellor os que hoxe queren meternos medo no corpo (non sei con qué fin) tiñan a boca pechada. Vaia heroes que son se chegan cando xa non hai que facer. Publicado por : Ultraheroe -- Xaneiro 27, 2008 9:14 PMAlfonso, compañeiro, por que non volves a entrar no blog e les o artido atentamente. Como verás, o artigo chámase TODAS AS CELULOSAS CONTAMINAN, polo que a intención é a de deixar claro que tamén a celulosas "modernas" como as que se atopan en Finlandia, tamén causas un gran impacto. Pero non me dirás que o vídeo non é divertido. http://debatindo.blogspot.com/ Publicado por : debatindo.blogspot.com -- Xaneiro 28, 2008 10:02 AMClaro que contaminan. Non o nego. O vídeo está moi ben. Publicado por : alfredo -- Xaneiro 28, 2008 10:33 AMgustaríame ver publicada algunha nova en relación coa convocatoria da rede GALIZA NON SE VENDE dunha manifestación nacional en Compostela o 17 de febreiro. Ista é unha localidade especialmente sensible no tema ambiental e creo que deberiamos divulgar ao máximo dita iniciativa Publicado por : miguel -- Xaneiro 30, 2008 12:09 PMgustaríame ver publicada algunha nova en relación coa convocatoria da rede GALIZA NON SE VENDE dunha manifestación nacional en Compostela o 17 de febreiro. Ista é unha localidade especialmente sensible no tema ambiental e creo que deberiamos divulgar ao máximo dita iniciativa Publicado por : miguel -- Xaneiro 30, 2008 12:10 PMEngade un comentario
|
Novas Recentes
-Arteixo Telecom presenta un GPS para caballos de carreras de larga distancia
-Galicia declarará bien de interés cultural 48 yacimientos megalíticos -La gran proyección de Rochela -El DNI electrónico se podrá usar en 14 países europeos -CampusMac 2008: Entrevista a KBG -La industria de los videojuegos amenaza a 25.000 británicos por compartir juegos en Red -Medio Ambiente replica a Verdegaia que si cierra las térmicas se acabará la luz -Portugal 0 España 1. Rochela titular -El plazo de inscripción en la Amigus Party finaliza mañana -Verdegaia dice que las emisiones de GEI aumentarán un 37% hasta 2012 pese al plan de la Xunta Arquivos
- Agosto 2008 (64)
- Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||