|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (156)
ArTe (103) As Pontes (1739) Axenda (361) Ciencia (20) Comarca (234) Conexións (305) Cultura (175) Deportes (368) Ecoloxía (39) Educación (34) Emuladores (9) Enquisas (46) Especiais (40) EuroEume (84) Fotografía (140) Gastronomía (17) Hardware (549) Historia das Pontes (108) Humor (23) Linux/GNU (856) Log #irc (11) Mundo (260) Mundo Apple (603) Música (527) Na Web (1048) Natureza (114) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (41) PDA´s (106) Piratería? (147) Ponteses (69) Recursos (4) Sanidade (15) Saúde Natural (43) Seguridade (290) SenFios (207) Software (482) SOS Mourela (195) Tecnoloxía (511) Tutoriais (7) Video Dixital (332) Videoteca (24) Windows (272) Zona Gamers (392) |
Febreiro 1, 2008Indignación e sorpresa en EuroEume e nos Concellos do Eume polo comunicado de Pablo VillamarNa reunión mantida o pasado luns 28 de xaneiro, polos Alcaldes do Eume, a Asociación EuroEume e o Centro de Iniciativas Turísticas Eumeturismo para valorar a información emitida polo Sr. Pablo Villamar acordouse emitir o seguinte comunicado: EuroEume e o conxunto de Alcaldes incluidos no Plan queren denunciar públicamente a actitude do Sr. Villamar por acusar a Euroume e ós Concellos de Pontedeume, Cabanas, Monfero, A Capela, As Pontes e Vilarmaior como como integrantes de Euroume e beneficiarios do Plan, de poñer en perigo os fondos do Plan de Dinamización do Eume por non firmar ata o de agora o Convenio que os dispón. Ante as acusacións vertidas polo Sr. Villamar queremos deixar claro o seguinte: EuroEume e o conxunto de Alcaldes incluidos no Plan (Pontedeume, Cabanas, Monfero, A Capela, As Pontes e Vilarmaior) convidaron a través dun escrito o 1 de Outubro ao Sr. Villamar a presidir un encontro coa Asociación EuroEume e con todos os Alcaldes, para debatir e consensuar os obxectivos do Plan, as accións a desenvolver e as fórmulas de xestión do mesmo. Asimesmo solicitouselle unha copia do borrador do convenio para coñecer os detalles do mesmo. O Sr. Villamar non asistiu á citada reunión, na que Euroeume, o CIT Eumeturismo, e os Alcaldes dos seis concellos incluidos no Plan pretendían deixar claro que non se compartía a idea de destinar unha importante cantidade de recursos do Plan para crear unha oficina no territorio en lugar de destinar eses fondos a iniciativas que redundasen en beneficio dos veciños e do destino turístico do Eume, e mais existindo dúas entidades no territorio, como Euroeume e o CIT Eumeturismo, que teñen capacidade para xerenciar ese plan, e que xa levan dez anos a traballar nunha estratexia de desenvolvemento turístico, pero alén disto, o Plan implicaba unha evidente falta de consenso, dado que en ningún momento se consultou cos Concellos ou entidades do territorio as actuacións a levar a cabo, utilizándoos como meras comparsas. O pasado 26 de novembro, dous meses despoís de non asistir a dita reunión, o Vicepresidente da Deputación enviou o texto do convenio. O texto contemplaba unhas actuacións pechadas e un orzamento para a xestión do mesmo que representa o 10 % da inversión total do Plan. En Decembro solicitouselle unha entrevista urxente ao Sr. Villamar para tratar a mellor implementación do Plan. A carta ía asinada polos nove Alcaldes, dos tres partidos principais PSDEG-PSOE, PP E BNG, e os presidentes do CIT Eumeturismo e EuroEume. O Sr. Villamar recibiu finalmente a sete Alcaldes do territorio, e aos presidentes do CIT Eumeturismo e EuroEume o pasado luns 28 de Xaneiro, reunión onde éste informou que “o convenio perdérase, e que entendía que o mellor era abordar actuacións puntuais en cada concello”. O fin da reunión reclamouse a sinatura do Convenio, posibilidade que dixo contemplaría se administrativamente era viable. Tal e como se lle adiantabamos ao Sr. Villamar nun escrito do pasado 19 de Xuño de 2.006, cando anunciou o Plan na prensa: Queremos reiterar a nosa invitación para que o Sr. Villamar participe do traballo e consenso da comarca, no que xa están os Alcaldes e os axentes sociais e económicos do territorio (CIT Eumeturismo, Empresarios de Turismo do Eume e EuroEume), e pedirlle que recupere administrativamente dito convenio e implique ás entidades xa existentes na comarca na xestión do mesmo, porque únicamente arredor dun Plan consensuado podemos ter impacto e avanzar na construción do destino turísitico do Eume “Eumeturismo”, porque o respeto e o diálogo son as fórmulas para a solución dos problemas, e non a través de acusacións inxustas e falsas a través dos medios de comunicación. Pedímoslle ao Sr. Villamar que non se empecine en impulsar o Plan marxinando ás entidades que levan dez anos impulsando un Plan de Desenvolvemento Turístico no Eume. A solución está na súa man, polo que lle pedimos de novo que continúe adiante cun Plan consensuado, e que acepte que as Administracións públicas que representan aos veciños do territorio queren que se teñan en conta na xestión do Plan ás entidades que xa están a traballar no territorio. Publicado por CyberMODE -- Febreiro 1, 2008 12:29 PMComentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-Un millón de.... Grazas!!!!!!
-Y tras la nieve, llegó el hielo -La directiva del As Pontes destituye a Felipe Mieres y nombra a Alberto López -Felipe Mieres fue destituido como técnico del As Pontes -Las placas de hielo cortaron el acceso a As Pontes hasta media mañana de ayer -11.000 millones para crear 300.000 empleos -La nieve complica la circulación en hasta cinco carreteras de la red secundaria de As Pontes -El Grupo Acebrón señala que la firma Acemetal abrió en mayo y no a comienzos del 2007 -Cortes de tráfico y clases suspendidas en As Pontes -Los Simpsons en el Apple Store.... Arquivos
- Decembro 2008 (11)
- Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (177) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||