|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (155)
ArTe (103) As Pontes (1611) Axenda (324) Ciencia (20) Comarca (215) Conexións (302) Cultura (169) Deportes (298) Ecoloxía (30) Educación (32) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (38) EuroEume (83) Fotografía (137) Gastronomía (14) Hardware (544) Historia das Pontes (102) Humor (23) Linux/GNU (852) Log #irc (11) Mundo (259) Mundo Apple (594) Música (519) Na Web (1028) Natureza (101) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (104) Piratería? (144) Ponteses (57) Recursos (4) Sanidade (14) Saúde Natural (43) Seguridade (289) SenFios (206) Software (478) SOS Mourela (193) Tecnoloxía (507) Tutoriais (7) Video Dixital (326) Videoteca (24) Windows (268) Zona Gamers (390) |
Febreiro 23, 2008Adega-Trasancos, Fusquenlla, SGHN e Verdegaia denuncian o enchido pasivo do oco da mina que Endesa ten en As PontesGaliza non se vende. As entidades ecoloxistas denunciaron perante a Consellería de Medio Ambiente e da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o enchido que realiza Endesa. Trátase de aproveitar a auga das chuvias e dos regos que rodean a mina. Este sistema foi rexeitado no seu día pola propia empresa debido ás consecuencias medioambientais que ocasionaría. A principios de xaneiro, ENDESA anunciou o comezo do transvase do Eume para mediados dese mesmo mes. As entidades Fusquenlla, ADEGA-Trasancos, Verdegaia e SGHN-Ferrol solicitaron nesas datas á Consellería de Medio Ambiente unha moratoria para o transvase, debido á seca deste outono, que motivara unha baixada de caudal consideravel con respecto a outros anos. Como en anteriores ocasións, non se recibiu notificación algunha por parte da Consellería, pero o certo é que a moratoria se levou adiante, e a día de hoxe ENDESA non puido comezar o transvase do Eume, o que non foiu óbice para que, en contra das prescripcións do Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto do Enchido do oco da mina de As Pontes, o recheo do oco comezase co Enchido Pasivo a base das augas procedentes da chuvia e máis dos regos que rodean o oco da mina. O Enchido Pasivo foi desestimado no seu momento pola propia empresa, por considerar que esta opción ocasionaba graves prexuízos para o conxunto das zonas afectadas, incluídas as augas do río Eume, que terían que soportar a afluencia das augas contaminadas do futuro lago, unha vez enchido este, e por rebouse, considerándose que sería maior a afección que no suposto dun enchido forzado a base do transvase do Eume. Así, na páxina 341 do Estudo de Impacto Ambiental sinálase o seguinte: Na páxina 343 indícase: Atopámonos, pois, cun empeoramento da situación, xa que se opta agora polo peor dos escenarios e, visto o que se dixo enriba, cun considerable incremento dos riscos que este proxecto conleva. ENDESA non é descoñecedora dos cambios climatolóxicos actuais, que, de repetirse en anos posteriores, impedirían o Enchido Forzado a base dun transvase. Así e todo, insisten no seu empeño a pesar das nefastas repercusións que tería. Pouco importa que isto afecte ao Parque Natural das Fragas do Eume, a mellor representación de bosque atlántico europeo, nin o perigo de contaminación de acuíferos, nin os cambios atmosféricos que afectarían á poboación de As Pontes, con repercusións inluso sobre a saúde das persoas. Agora si, queda claro que o seu único obxectivo é acadar a máxima rendibilidade na empresa. Por estas razóns, as entidades citadas novamente denuncian este asunto ante a Consellería de Medio Ambiente e con notificación á Fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, solicitando que cese o enchido e se realice o inmediato desaloxo, por medio de bombeo, das augas acumuladas no fondo da mina. Malia que isto supón unha contaminación suplementaria á xa existente para o río Eume, aínda non tería un carácter irreversivel, cousa que si ocurriría unha vez que o volume de auga fixese imposivel o bombeo. Publicado por alismile -- Febreiro 23, 2008 11:53 PMComentarios
+INFORMACIÓN: Engade un comentario
|
Novas Recentes
-Debut do Benxamín B. C.D. As Pontes 12 S.D. O Val 2
-Entrevista a Paco Jarel en Territori Mac -La Universidad Rural do Eume oferta cursos de cantería y torneado -El Igape concedió 2,3 millones de euros a proyectos empresariales en As Pontes -As Pontes inicia el lunes sus escuelas culturales con casi medio millar de vecinos inscritos -O Concello planea crear un circuito de Karts nas Pontes -El Eume y los 63 magníficos -Xardíns municipais -As Pontes pretende peatonalizar tres calles en el centro histórico de la villa -El Concello pontés instalará una cafetería en el parque municipal, que estará finalizado en noviembre Arquivos
- Outubro 2008 (59)
- Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||