|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (155)
ArTe (103) As Pontes (1599) Axenda (323) Ciencia (20) Comarca (211) Conexións (302) Cultura (169) Deportes (295) Ecoloxía (29) Educación (32) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (38) EuroEume (82) Fotografía (137) Gastronomía (14) Hardware (543) Historia das Pontes (102) Humor (22) Linux/GNU (852) Log #irc (11) Mundo (259) Mundo Apple (593) Música (518) Na Web (1027) Natureza (100) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (104) Piratería? (144) Ponteses (56) Recursos (4) Sanidade (14) Saúde Natural (43) Seguridade (289) SenFios (206) Software (478) SOS Mourela (193) Tecnoloxía (507) Tutoriais (7) Video Dixital (326) Videoteca (24) Windows (268) Zona Gamers (390) |
Febreiro 25, 2008O As Pontes e o Viveiro firmaron un empate no feudo pontés[Diario de Ferrol] O As Pontes e o Viveiro empataron sen goles nun partido tedioso na primeira parte, e que tivo de todo na segunda. Nos primeiros 45 minutos os afeccionados tiveron que sufrir un encontro moi pechado, e no que as dúas escadras nunca chegaron a sentirse cómodas. O primeiro protagonista foi o lateral dos da Mariña, Adán, que despois de ver o primeiro cartón do encontro, salvaba ó seu equipo sacando debaixo dos paos un remate de Aguado ós vinte minutos. O seu relevo colleuno o meta visitante Kiko, que sacou unha man providencial nun remate moi claro de Suso que recibira unha fenomenal asistencia de Canosa. Na segunda metade, aínda que as cousas semellaron comezar dun xeito semellante, o partido volveuse tolo nos últimos minutos. Primeiro foi Pedreira o que perdoou o gol que puido adiantar ós vivairenses. Logo, no tramo final, e especialmente coa incorporación de Fornos, o encontro subíu en intensidade. As penetracións por banda de Fornos revolucionaron o ataque local e con maior profundidade fixéronse máis evidentes as reiteradas limitacións no remate dos ponteses. Entre os minutos 70 e 80 Canosa desperdiciou dous remates claros, un a pase do propio Fornos, e o outro de Rubén. Sen embargo, cando máis perto estiveron do gol os azuis foi nun remate de Dani que se estrelou no longueiro a apenas dez minutos para o final. Na xogada seguinte foi Fornos o que encarou a Kiko, pero tampouco soubo solventar logo da enésima acción individual. Semellaba que os ponteses ían deixar escapar vivo ó Viveiro, pero aínda non estaba todo dito. No minuto 88 o colexiado sinalou un dubidoso penalti por mans de Paz, que desaproveitaron os visitantes. Onde non houbo dúbidas para ninguén agás para o asistente foi no fóra de xogo que lle asubiou a Canosa no desconto. Pasaban dous minutos, cando o dianteiro eumés controlou un balón na área recortou ó seu marcado e bateu por baixo a Kiko. A sorpresa foi maiúscula cando o colexiado anulou o gol,a instancias do asistente, sen que tivese habido reclamación ningunha nunha posición totalmente legal. Ó final as dúas formacións levaron cadanseu punto, que de nada lles serve na táboa clasificatoria. Comentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-Vídeo: O Conselleiro de Ambiente explica como se corrixe o aumento de acidez detectado no Eume
-Depeche Mode, anuncia el 'Tour of the Universe 2009' -Google y Yahoo! aplazan su asociación para publicidad en Internet -Deutsche Telekom reconoce el robo de datos a 17 millones de clientes en 2006 -Segunda vitoria. As Pontes 2 Tordoia 0. -La emigración y el envejecimiento dejan vacíos 30 pueblos cada año en Galicia -O As Pontes quere seguir no bo camiño -Liga Nacional Xuvenil As Pontes 2 Areosa 1 -Bielorrusia 0 España 4 ... Goooool de Rochelaaaaaaaaaaaaa -Estreno do Alevín B. As Pontes 1 Numancia Ares 9 Arquivos
- Outubro 2008 (38)
- Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||