Febreiro 29, 2008

A Plataforma considera que os desprendementos de terra na Mourela están a por en perigo as mámoas que aínda permanecen no lugar

As obras da autovía AG-64 Ferrol-Vilalba que arrasaron no mes de xuño do ano pasado os restos do círculo lítico da Mourela, están de novo a por en serio risco a conservación e integridade de varios elementos.


A Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes puxo en coñecemento das autoridades en materia de protección do patrimonio, a execución dunha serie de tarefas que se desenvolveron na área de protección de tres elementos catalogados durante o mes pasado, sen os preceptivos controis arqueolóxicos.

Unha cuneta de decantación de lodos que se executou dentro do ámbito de protección de dúas mámoas, unha pista de acceso que precisou tarefas de desbroce e desmonte dentro da área de cautela arqueolóxica dunha mámoa e operacións de consolidación das paredes laterais da gabia, son as novas obras que estan a por en perigo a integridade destes monumentos prehistóricos.

Asemade o mes pasado tiveron lugar varios desprendementos de terra que moveron considerablemente o marxe do talud, achegándose perigosamente á mámoa que se atopa a carón do depósito. Si ben ao finalizar as tarefas de desmonte na área do círculo lítico, quedaban uns 20 metros entre o marxe do talud e a mámoa, como zona de protección arqueolóxica, na actualidade esta distancia acurtouse a uns 10 metros. Dende a Plataforma considérase que existe un risco moi elevado de afectación desta mámoa que podería agravarse de seguírense a producir desprendementos na zona.

Nunha carta dirixida ao director xeral de Patrimonio Felipe Arias, a Plataforma solicita que se tomen medidas de cara a consolidación das tres mámoas que aínda permanecen na Mourela, así como para evitar que se produzan máis desprendementos na zona de protección arqueolóxica da mámoa que se atopa a carón do depósito.

Publicado por CyberMODE -- Febreiro 29, 2008 10:30 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Festas do Carme e a Fraga

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Xullo 2008 (113)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Xullo 2008
D L M M X VS
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31