|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Amigus iTunes Podcast
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (154)
ArTe (103) As Pontes (1474) Axenda (305) Ciencia (20) Comarca (190) Conexións (298) Cultura (162) Deportes (247) Ecoloxía (24) Educación (28) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (38) EuroEume (80) Fotografía (132) Gastronomía (14) Hardware (539) Historia das Pontes (102) Humor (22) Linux/GNU (838) Log #irc (11) Mundo (258) Mundo Apple (588) Música (504) Na Web (1010) Natureza (86) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (103) Piratería? (142) Ponteses (46) Recursos (4) Sanidade (13) Saúde Natural (43) Seguridade (284) SenFios (206) Software (471) SOS Mourela (192) Tecnoloxía (505) Tutoriais (7) Video Dixital (322) Videoteca (23) Windows (267) Zona Gamers (387) |
Marzo 5, 2008PreguntasUn pontes fainos un par de preguntas a tódolos ponteses, ¿e vós que opinades? 1.-¿Que vos parece reformar a ponte de Isabel segunda ( sin alterar a sua estructura ) igual que se fixo en viveiro , en allariz etc a traves e baixo a direccion de patrimonio para facer uns pasos peatonais laterais polos dous lados, e sacar a esperpentica U de ferro actual? 2.-¿Recuperar de inmediato en este ano de unha vez por todas o muiño de Alende e darlle vida? 3.-¿Que opinades de facer unha campaña de sensibilizacion para facer a Vila peatonal? Publicado por CyberMODE -- Marzo 5, 2008 8:00 PM Comentarios
O de facer a vila peatonal e iso paréceme estupendo, a peatonalización e un amaño axeitado que respete e potencie os elementos antigos que conserva a zona antiga promocionaríana e daríanlle ó comercio da vella vila posibilidades, moi ó contrario do que pensan na actualidade algúns comerciantes da vella vila que non aceptan de moi bo grado a súa peatonalización. O da ponte paréceme unha brutalidade. Coma vivairense que lembro a ponte de Viveiro, antes, durante e despois das obras, paréceme que hoxe en día xa non se faría esa aberración. ¿Sabedes que debaixo do asfalto, diante da porta de Carlos V (I) hai arcos soterrados? ¿Sabedes que os tallamares caracterizaban a súa fisonomía e quedaron agochados? ¿Sabedes que tén diferentes partes, unhas son moi antigas, pero outras son froito da súa reconstrucción no XVIII despois dunha forte riada? A Ponte de Isabel II levántase no 1860, e a súa fisonomía é a que hai actualmente (iso sí, coas pedras ben amañadas e colocadas no seu lugar, limpa de filtracións, humidades, vexetacións perxudiciais e cemento coma chan). Considero que unha intervención de ese tipo sería moi perxudicial. Habería que pensar unha solución alternativa, e dende logo que pensando que pronto se abrirá o treito a Roupar, sería bo ir matinando nunha alternativa para evitar o tráfico pesado, lo menos, por ela. Dende a Asociación HUME vimos informando e denunciando esta realidade dende hai tres anos, mediante varios informes e solicitudes ós diferentes gobernos locais (pasados e actuais)informando da situación das diversas pontes que merecen outro trato nunha vila que leva o seu nome. Xabier Martínez, presidente da Asociación Hume Publicado por : xabier -- Marzo 5, 2008 11:23 PMpareceme ben que arreglen as cousas,e que opinades dos candidatos pa monstruo? http://sebuscamonstruo.blogspot.com Publicado por : monstrolaguno -- Marzo 6, 2008 12:00 AMvamos haber,,,,¿non eran duas prejuntas?,enton cal sobra?..... 1.- Pareceme ben reformar a ponte de Isabel segunda, pero creo que hai inversions ou infraestructuras que facer antes que esa. Por exemplo, rematar o paseo fluvial o longo do seu treito urbán. 2.- Ok, integrariao na mesma obra que comentei antes. 3.- En canto a vila peatonal, no teño tan claro; tampouco creo que moleste tanto. Publicado por : ambiental -- Marzo 6, 2008 9:10 AM 1. Arranxar e/ou adecentar as pontes de Isabel II e a dos Ferros é algo totalmente necesario. Quitar o tráfico da 2ª e eliminar o pesado da 1ª, urxente. 2. O de Alende, digo o mesmo que Ambiental, integraríao no paseo fluvial, e faría o mesmo co probable substituto da pasarela monstrosa que hai agora. 3. A Vila non é un lugar axeitado para os coches. Primeiro pola Ponte, como xa dixen, pero moito máis importante porque hai a lo menos dous puntos moi perigosos para os peóns. Non estaría mal lembrar que hai uns anos xa houbo unha desgraza e non se debería agardar á seguinte, unha cuestión de tempo. E seguro que se chegara a pasar outra vez, ninguén discutiría a necesidade de cortar o tráfico, pero sería tristísimo pensar que podería terse feito antes. Publicado por : César -- Marzo 6, 2008 9:39 AMO que se reforme a ponte de Isabel segunda non quere decir tapar ou cambiar nada sinon falar con tecnicos de patrimonio.unha das solucions, podia ser desplazar os muros laterais un metro e aumentar ( en pedra de canteria)os pasillos , practicamente soio se veria o pasillo de canteria. Pero como primer paso solicitaria un estudio de patrimonio , e non comparalo o pé da letra co que se fixo en Viveiro.Aclaraccion a unha pregunta de que esto parece unha feira por favor mais seriedade, xa se vé que son tres preguntas, non creo que pase nada, xa que o importante , e debatir as posibles suxerencias cara a que todos/as podamos aportar ideas para mellora do noso povo. saudos Publicado por : Xose -- Marzo 6, 2008 4:21 PMEu penso sobre as 3 preguntas, que si era necesario facer o paseo peatonil, mentres outras partes do pobo se ian caindo a cachos, ou se as autovias nos quitaban a Mourela... A futura entrada a As Pontes, non creo que pase moito pola ponte de Isabel II. Se algún día abren a autovia, a As Pontes se accederá por Ribadeume, no seu día propuxose amañar a entrada por a zoa da Calvo Sotelo, pero agora temos os Ciclos pegadiños as casas,.. Eu cortaría xa o transito de vehículos pola ponte, e o trafico o mandaria por a Perfolla, ou a ponte dos cornos. Faría peatonal o casco vello, incentivando a creación de comercio, e axudando a restauración das casas, aquelas que a concelleira quería pintar de rosa... A pena e que dende fai moitos anos As Pontes ha quedado olvidado das necesidades reais dos veciños, so mirando ao peto dos politicos, e poder poñer plaquiñas de "eu fixen esto". Co novo goberno, o asunto é peor xa que a iniciativa e mínima, so poner a Ence e votarnos a todos fora das pontes co cheiro a merda. O real futuro que se podería aproveitar co lago, pasará de largo pra ter un monstruo como di o blog ese, pero o mostro de Ence, e molinillos de vento para o Valentin en Iberdrola. Publicado por : Sandra -- Marzo 6, 2008 7:29 PM1- A ponte está ben como está, mellor dito, estaba ben como estaba, antes da desfeita das pedras de granito que houbo que tirar detrás dos alimpadoiros para poñer a merda de formigón que non fai máis que mal á ponte cas vibracións do tráfico. Ademáis quitaron a capa de arxela que tiña debaixo e que impermeabilizaba a ponte das filtracións. Respecto á pasarela, fai un servizo, aínda que estéticamente non é para nada bonita. Corta-lo tráfico lixeiro da Ponte de Isabel II coido que sería de todo menos práctico. E a culpa dos malos accesos das Pontes dos cornos e Perfolla é do pésimo planeamento urbanístico imposto polas Normas Subsidiarias Municipais do ano 1985, que seguen vixentes, pódense ver no Concello e ademáis é imperioso o seu cambio. 2- O muíño precisa restauración e posta en valor. Pero ben feita, non coma cando cambiaron o lousado haberá 4 ou 5 anos sen respetar o xeito da construcción tradicional e lle quitaron o precioso coio labrado que tiña arriba de todo que a saber en casa de quén andará. E ademáis de remata-lo paseo, habería que protexelo do vandalismo. No novo treito aberto xa había pintadas antes da inauguración, e a zona amañada de a carón do muíño da pena do vandalismo: mesas rotas, carteis pintados, botellón... 3- Non me parece mal. Así como peatonaliza-lo centro do pobo. Pero habería que pensar en facer algún aparcamento, que comeza a ser un problema en As Pontes. Publicado por : facelo ben -- Marzo 6, 2008 8:35 PMEsquecíame unha cousa: para a posta en valor do muíño estaría ben poñelo a funcionar a tempo parcial. Poderiase formar a algúns funcionarios do mantemento do concello, por exemplo, con un cursillo de muiñeiro, e abrilo unha hora ó día por semana e algo máis os fines de semana para poder facer visitas para ve-lo seu funcionamento. Gran parte do custo poderiase sacar de vende-la fariña ós poucos ponteses que aínda cocen, ou ás panaderías pontesas, que poderían facer unha liña "premium" de pan e mantecadas coa fariña do Muíño de Alende. Publicado por : facelo ben -- Marzo 6, 2008 9:15 PMTou averjonzado por non haberme dado de conta que xa se ve que son tres prejuntas ,jraciñas pola aclaracion ,mil perdons,e disculpade por meterme nas conversas de xente tan seria,,,eso si sin unha jota de sentido do humor,procurarei ser mais serio con estas cusas tan transcendentales. Engade un comentario
|
Novas Recentes
-Xornada AmiguSoftware Libre
-Primeiro día de Party -Arteixo Telecom presenta un GPS para caballos de carreras de larga distancia -Galicia declarará bien de interés cultural 48 yacimientos megalíticos -La gran proyección de Rochela -El DNI electrónico se podrá usar en 14 países europeos -CampusMac 2008: Entrevista a KBG -La industria de los videojuegos amenaza a 25.000 británicos por compartir juegos en Red -Medio Ambiente replica a Verdegaia que si cierra las térmicas se acabará la luz -Portugal 0 España 1. Rochela titular Arquivos
- Agosto 2008 (66)
- Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||