Marzo 7, 2008

Zona Zero

zonazero.gifO Proxecto ZONA ZERO se está a levar a cabo en As Pontes dende o mes de outubro.É un proxecto de prevención de drogodependencias para adolescentes e estase a desenvolver os sábados pola tarde, de 5 a 9, no LAR.
O proxecto está a cargo da Asociación Abeiro e da Empresa Atalaia Social.

ESTA SEMANA EN ZONA ZERO…
Continuamos no “Marzo Verde”:
- Seguimos coa reciclaxe. Este sábado prolongamos o taller de decoración con novos obxectos (carteiras, marcos de fotos, caixas decorativas...).
- Celebraremos o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, a través de numerosas actividades.
- Recordade que continúa a Liga de Ping-Pong (a partir das 19:30), na que agardan numerosos premios para as persoas gañadoras.


Publicado por CyberMODE -- Marzo 7, 2008 8:44 AM


Comentarios

me parece excelente la idea, deberia tener mas apoyo institucional y asi consolidarse como alternativa de ocio a nuestros jovenes hijos adolescentes. mucho animo y suerte en este proyecto

Publicado por : MADRE DE UN ADOLESCENTE -- Marzo 8, 2008 5:54 PM

É posible que o Concello e Atalaia social non se lembren que xa se levou a cabo unha experiencia semellante hai aproximadamente 8 anos. Chamábase "Noites de ocio". Pois ben,a pesar de que se conseguiron unhas cotas relativamente altas de participación nalgunha das actividades, non foi todo o exitoso que debera, entre outras cousas, tal e como se puido extraer das reunións posteriores de avaliación, por que as actividades se plantexaban como "alternativas ao alcohol", un gran ERRO.

Este tipo de actividades deben plantexarse como unhas actividades en sí mesmo, sen ser alternativa de nada, pois do contrario segue a ser o alcohol o principal protagonista.

Baixo esta perspectiva, anunciar que Zona Cero é unha actividade para prevenir a drogodependencia é, igualmente, un gran erro. Penso que iso é algo implícito e non hai por que dicilo. Efectivamente, os pais e a xente maior estará pensando, ohh, que gran iniciativa, sen embargo, penso que ese non é o obxectivo.

Pero bueno claro, como os actuais concelleiros do PSOE, nunca estiveron involucrados na vida social das Pontes até ser elexidos nas pasadas eleccións é normal que non se enteren da misa a medias.

En todo caso, agardo que teñen moito éxito. Eso sí, se non funcionan moi ben, tede en conta o meu humilde consello.

Publicado por : experiencia anterior -- Marzo 9, 2008 12:04 PM

A iniciativa de ZONA ZERO xurde da Asociación ABEIRO, a cal encomenda a elaboración do proxecto a ATALAIA SOCIAL (educadoras sociais e pedagogas). Neste caso non xorde do Concello.

As persoas que o levan a cabo lembran a iniciativa anterior (Noites de ocio)e tamén coñecen moitas outras que se levaron a cabo noutros Concellos (tanto a pequena como gran escala), cada unha coas súas virtudes e erros.

Elaborar un proxecto supón facer un estudo moi amplo e minucioso, tanto da poboación diana como das necesidades, demandas... da mesma.
Neste caso, e ante as experiencias anteriores (tamén estudadas), ofrécese un espazo alternativo, onde persoal preparado (moi importante para o éxito do proxecto) intervén en cada sesión para "guiar" a estas persoas adolescentes no uso do seu tempo de ocio. Con isto non se pretende crear unha alternativa ao ocio nocturno senón educar á poboación adolescente pontesa para e polo seu tempo libre, é dicir, amosar o amplo abano de actividades (deportivas, culturais, medioambientais, musicais...) existentes para que poidan decidir como queren utilizar e aproveitar dito tempo, xa que moitas moitas veces non saben como facelo.

Como se pode comprobar, é un proxecto totalmente preventivo pero sen seguir a liña habitual.

Ata o momento está a ser un éxito e agardamos que siga así. Planificamos cada unha das actividades perseguindo uns obxectivos específicos, lembrando sempre a finalidade ou obxectivo xeral do proxecto.

Pretendemos así, que a xuventude pontesa teña capacidade de toma de decisións, que sexa capaz de resolver os seus conflitos, que melloren as súas habilidades sociais, que desarrollen actitudes necesarias para a convivencia... e sobre todo que este informada.

O que se vota en falta e o apoio verbalizado por parte do pobo en xeral aínda que sabemos que os/as adolescentes que acoden cada sábado apoian o proxecto (así o manifestan de forma continua).

¿Quenes son o futuro? Teríamos que traballar todos e todas por e para este sector de poboación, tantas veces olvidado e tan importante.

Publicado por : Informacion -- Abril 13, 2008 12:58 AM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Agosto 2008 (95)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Agosto 2008
D L M M X VS
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31