Abril 21, 2008

Roteiro por As Pontes

ADEGA- Lugo segue coa programación de roteiros deste curso que, como xa sabedes, xira arredor do cambio climático, fenómeno global ao que durante anos non se lle deu a importancia requirida, pero de cuxa existencia hoxe ninguén dubida. Existen claras evidencias de que este incremento de temperatura terrestre é atribuíble en boa medida ás actividades humanas, en particular ás emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI), provocados en gran parte pola queima de combustibles fósiles.


O roteiro deste mes discorre por un lugar directamente relacionado co cambio climático, xa que a actividade da central térmica d'As Pontes foi e segue sendo un foco moi destacable de emisión de GEI, principalmente CO2. Se a súa axenda llo permite, contaremos no roteiro coa compaña como camiñante de Ramón Varela, destacado experto en temas de contaminación atmosférica e con gran sensibilidade ambiental, quen nos achegará, a pé de mina, información ao respecto.

Como é sabido, nos últimos meses cesaron de forma definitiva as labores de extracción de lignito na mina d'As Pontes, estando previsto converter o lugar nun gran lago, empregando durante o inverno o río Eume como achega de auga. A realización deste proxecto podería ter importantes efectos negativos no ecosistema do río e incluso na produtividade marisqueira de Pontedeume. O xeólogo Vidal Romaní tamén sinala que, dada a situación xeolóxica da cunca d' As Pontes, o enorme volume de auga do lago podería incrementar a sismicidade na zona, provocando, entre outras consecuencias, desestabilización de ribazos, con efectos sobre o lago difíciles de predicir.

Neste roteiro, ademais de achegarnos en autobús ás proximidades da mina, percorreremos a pé uns 12 km (de dificultade media) polo contorno do encoro da Ribeira, acompañados, coma sempre, por un guía local.

Publicado por CyberMODE -- Abril 21, 2008 8:55 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Festas do Carme e a Fraga

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Xullo 2008 (140)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Xullo 2008
D L M M X VS
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31