Abril 21, 2008

Comunicado da Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes

Un corremento de terra na gabia da Mourela ameaza unha mámoa
O monumento megalítico atópase a tan só tres metros do talud

A pasada semana producíase un corremento de terras no marxe Norte das obras da autovía AG-64 ao seu paso polo lugar da Mourela no concello eumés das Pontes de García Rodríguez. Ao redor duns quince metros de terreo, víñanse a baixo producindo un considerábel desprendemento de firme que ía a parar ao fondo da gabia.


Na actualidade a situación debe ser considerada como moi grave, tendo en conta a proximidade do elemento catalogado GA15070127, co marxe Norte da autovía. A penas tres metros separan a estructura arqueolóxica do marxe do talud. Unha situación que empeorará nas vindeiras horas de seguiren a persistir as choivas na zona, o que pode ocasionar novos desprendementos e dar coa mámoa no fondo da autovía. Esta situación sería a todas luces moi grave, tendo en conta os compromisos establecidos pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, no comunicado emitido o 5 de xuño de 2007, por mor do levantamento da cautela sobre os restos do círculo lítico da Mourela, que a continuación se transcribe:

- Na zona próxima aos restos do círculo lítico existen tres mámoas ás que non lle afectarán as obras da autovía

As mámoas non están afectadas
O resto dos xacementos arqueolóxicos localizados nesa área, os denominados túmulos tan só están afectados en parte do seu ámbito de protección, non no xacemento mesmo, polas obras de construción da Autovía Ferrol-Vilalba. Estas mámoas son visibles e recoñecibles, e para elas trazáronse uns ámbitos de exclusión de obras nos estudos arqueolóxicos levados a cabo con motivo da elaboración do proxecto construtivo da autovía, establecéndose as medidas protectoras e correctoras necesarias para que se conserven na súa integridade.

Á vista de toda a documentación, dos datos que obran no expediente e dos informes dos Servizos Técnicos, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiu unha resolución informando favorablemente a continuación das obras da Autovía Ferrol-Vilalba, treito As Pontes Cabreiros, na área cautelada da Mourela, baixo as seguintes condicións:

- Manteranse balizados os ámbitos de exclusión de obra dos xacementos Mourela 4 (GA15070127), Mourela 6 (GA15070130) e Mourela 7 (GA15070129), nos que non se poderá levar a cabo ningún tipo de obra, e o trazado, na medida do posible, alonxarase destas áreas de exclusión reducindo as dimensións dos noiros ou taludes proxectados. A situación destes elementos e os seus ámbitos deberán figurar na cartografía de obra.

Nunha comunicación remitida no día de hoxe ao Dir. Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, D. Felipe Arias Vilas, dende a plataforma solicitamos coñecer cales van a ser as medidas a activar para preservar a integridade do ben ameazado e se van a esixir algún tipo de responsabilidade á COTOP, como promotora e responsábel do proxecto.

Cremos que a situación que se está a producir non é froito do azar ou a mala sorte, estamos convencidos de que isto era previsíbel, tal e como vimos manifestando en repetidas ocasións dende o mes de novembro pasado, e non entendemos como non se tomaron as medidas oportunas a tempo, tales como a escavación da mámoa afectada, nun momento no que a seguridade dos arqueólogos non estaba ameazada.

Parece pois que este novo corremento de terras na zona, non contou coa suficiente previsión por parte das autoridades competentes en materia de protección do patrimonio nin foi anticipada polos responsábeis da execución da autovía, poñendo deste xeito en serio risco a integridade dos bens patrimoniais e a propia seguridade das edificacións colindantes.

Neste intre, máis de 50 metros de desnivel e unha profunda fenda no terreo están a arriscar a conservación dunha parte do noso patrimonio. No mes de xuño do pasado ano, xa tivemos que ver tamén como as máquinas remataban con miles de anos de historia, destruindo os restos do círculo lítico e partindo en dous a necrópole, por medio dunha gabia. Agora, a falla de previsión e o incumprimento dos compromisos establecidos para a integral conservación das mámoas e dos seus ámbitos de exclusión, veñen a por en evidencia a rigurosidade dos controis arqueolóxicos na zona.

É neste intre, cando o berro mouro do Canto Máis? cobra forza e significado. De novo debemos preguntarnos: Canto máis teremos que agardar para poder ver aos mecanismos administrativos que garanten a conservación e preservación do noso patrimonio, desenvolver eficazmente o seu traballo? A proposta do túnel, esquencida no caixón dalgún despacho de San Caetano, debería facernos reflexionar sobre a súa idoneidade, como fórmula para non ter que lamentar males maiores.

Publicado por CyberMODE -- Abril 21, 2008 10:00 AM


Comentarios

esto é o conto de nunca acabar... CANTO MÁIS?

Publicado por : flipando -- Abril 21, 2008 4:55 PM

non podo crer o que estou a ver..
isto é unha cuestión moi grave. é que patrimonio non tivo xa suficiente con permitir a destrución dos restos do círculo que agora permite tamen a destrucción de todo o lugar arqueolóxico. onde estan as promesas de respectar os elementos que quedaban?
isto é de xulgado de garda

Publicado por : indignado -- Abril 21, 2008 5:09 PM

e o concello que di en todo isto, non ten nada que dicir? se non lembro mal co do circulo calaron a boca e agora tamen o van a volver a facer...

Publicado por : seara -- Abril 21, 2008 5:14 PM

que pouca vergoña teñen, en xuño do ano pasado que se as mamoas non ían verse afectadas e agora isto. pero é que a ninguén lle importa o que poida pasar coa mamoa ou coa chabola que hai do lado de baixo da antiga carretera as pontes-momán ou ao propio concello coa recente instalación do depósito de augas que agora fica tamen ao pé do furado...
E a COTOP? de tapas por aí, manda carallo coa administracion...
De novo a especular co patrimonio...

Publicado por : eolo -- Abril 21, 2008 5:30 PM

quen tera collons de pasar por ai abaixo se o abren nalgun día?

Publicado por : pedro -- Abril 21, 2008 6:53 PM

Está claro que nin a Caride nin a sua Política Territorial ian velar nin o máis mínimo pola seguridade das mámoas e parece que tampouco lle importa moito a seguridade dos viaxeiros. Isto xa era visto... pero u-la Dirección Xeral de Património? que di a isto??? Non teñen xente que supervise ou é que xa pensaron que pasado o dia pasada a romaria???

Os meus e mais eu tamén arelamos facer País, pero ás veces fai-se costa e o ánimo mesmo se derruba igual que a gabia que armachedes...

Publicado por : Moncho do Orzán -- Abril 21, 2008 9:25 PM

Únome á plataforma e penso falar do tema nunha conferencia sobre o coidado e posta en valor do noso patrimonio que terá lugar o sábado día 10 de maio na casa da cultura de San Sadurniño.

(Xabier Martínez, presidente da Asociación "Hume")

Publicado por : xabier -- Abril 22, 2008 1:04 AM

A cultura importalle pouco os nosos dirixentes.
No acto de Isaac e Avelino xa os vimos, seguro que estabanse preparando pra facer botellon ou carreiras ilegais, que nunca se sabe.

Publicado por : julio -- Abril 22, 2008 10:48 AM

Como puede ser que despues de todo el escándalo mediático que supuso la destrucción del círculo lítico, sigan a destruir los restos arqueológicos que quedaron en la zona de la Mourela? Parece que la incompetencia de la Consellería de Cultura no tiene límites. Me gustaría que desde la D.X. de Patrimonio de la Xunta se diese una explicación a todos estos despropósitos, y no digo que sea la solución perfecta, pero deberían restituir al pueblo de As Pontes con algún proyecto para devolvernos la fe en una Consellería que parece que no sirve más que para conceder premios y organizar actos.

Publicado por : Jose Ramón Alvarez -- Abril 22, 2008 4:29 PM

a min que me importa quen é xabier martinez?
a min que me importa quen é manoel?
a min só me importa a Mourela, quen é o señor Felipe Arias, quen é o señor Morato e quen coño é o que a cagou outra vez na Mourela...

Publicado por : pepiño -- Abril 22, 2008 6:39 PM

OS DEZ ENGANOS DA MOURELA

1º engano:
Na zona próxima aos restos do círculo lítico existen tres mámoas ás que non lle afectarán as obras da autovía.

2º engano:
A Consellaría mantén a protección en 3 mámoas próximas ao restos do círculo, así como a supervisión arqueolóxica das obras.

3º engano:
Estes traballos desenvólvense baixo a supervisión do arqueólogo director do proxecto de control e seguimento arqueolóxico para evitar calquera afección sobre xacementos arqueolóxicos.

4º engano:
O resto dos xacementos arqueolóxicos localizados nesa área tan só están afectados en parte do seu ámbito de protección, non no xacemento mesmo.

5º engano:
Para estas mámoas trazáronse uns ámbitos de exclusión de obras nos estudos arqueolóxicos, establecéndose as medidas protectoras e correctoras necesarias para que se conserven na súa integridade.

6º engano:
O escrito de resposta da Dirección Xeral de Obras Públicas (CPTOPT) de data 4 de xuño de 2007, sinala a imposibilidade técnica e orzamentaria para proceder á modificación do actual proxecto de execución do trazado, mediante a construción dun túnel.

7º engano:
Manteranse balizados os ámbitos de exclusión de obra dos xacementos Mourela 4 (GA15070127), Mourela 6 (GA15070130) e Mourela 7 (GA15070129), nos que non se poderá levar a cabo ningún tipo de obra.

8º engano:
O trazado alonxarase das áreas de exclusión de obra dos xacementos.

9º engano:
As vías de servizo previstas no contorno dos xacementos de A Mourela en ningún caso deberán afectar ós seus ámbitos de exclusión.

10º engano:
A totalidade dos traballos de remoción de terras nesta área deberán facerse baixo a supervisión do equipo de control e seguimento arqueolóxico das obras de construción da estrada.

CANTOS MÁIS ENGANOS?

Publicado por : Enganos -- Abril 22, 2008 7:39 PM

pois tantos enganos como o pobo das pontes esté disposto a permitir. Xa se veu o apoio que tiveron as reclamaciones da plataforma a nivel local...
o patrimonio importalle pouco aos ponteses, ¿canto esperades que lle importe os politicos?
ogallá a mamoa da mourela acabe no fondo da autovia pra que algun deixara de tocar o zoco

Publicado por : seixo -- Abril 22, 2008 8:00 PM

Seixo, como podes querer que restos funerarios de miles de anos rematen esnaquizados baixo unha obra? Acaso é por ignorancia ou é que eres un suicida cultural? A xente coma ti, non aportades nada con críticas tan destructivas, replantéxate cambiar de mentalidade se non queres parecer un parvo sen sentimentos. Supoño que o dis por provocar, pero aínda así dasme moita peniña.

Publicado por : decepcionado ca política -- Abril 22, 2008 9:29 PM

Perece denigrante todo o que se está a facer con todo este tema da mourela. "decepcionado coa politica" elogo que esperabas?

Publicado por : luis -- Abril 23, 2008 1:03 AM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Festas do Carme e a Fraga

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Xullo 2008 (109)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Xullo 2008
D L M M X VS
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31