23 de Abril 2008

Comunicacións dirixidas á Dirección Xeral de Patrimonio ao respecto do risco de afectación das mámoas da Mourela

A continuación transcríbense as comunicación remitidas á Dir. Xeral de Patrimonio cultural da Xunta de Galicia, por mor dos continuos desprendementos de terra que se están a producir no entorno de protección do elemento catalogado GA15070127, así como das obras que tiveron lugar no entorno dos elementos GA15070129 e GA15070130.



A/a:
Felipe Arias Vilas
Director Xeral de Patrimonio Cultural
Xunta de Galicia

As Pontes, 28 de febreiro de 2008
Estimado señor:

Dirixímonos a vostede coa intención de informalo ao respecto da preocupante situación que están a padecer as mámoas da Mourela, afectadas polas obras da autovía AG-64 Ferrol-Vilalba.

Nos últimos meses executáronse unha serie de operacións nas inmediacións dos elementos catalogados GA15070127, GA15070129 e GA15070130 que pasamos a referenciar:

- Apertura de pista de acceso á Fonte das Buliqueiras:

Desbroce, movemento de terras e afirmado; actuando no entorno do elemento catalogado GA15070130, ubicado na zona SW do desmonte.

- Execución de cuneta de cabeza de talud revestida de formigón:

Na zona S do desmonte, afectando ao entorno dos elementos catalogados GA15070129 e GA15070130.

- Traballos de estabilización de taludes na zona N do desmonte:

Remoción de terras e tendido de zonas inestábeis do talud, aproximándose ao elemento catalogado GA15070127.

Asemade temos constancia de varios desprendementos de terra que se produciron na zona N do desmonte durante a semana pasada e que afectaron á área de cautela arqueolóxica do elemento catalogado GA15070127, reducindo de 20 a 10 metros a distancia do marxe do talud con respecto da mámoa.

Descoñecemos se as operacións, realizadas no xa reducido ámbito de protección das mámoas, contaban co preceptivo permiso da súa Dirección Xeral, mais temos constancia de que non houbo ningún arqueólogo efectuando os controis arqueolóxicos das distintas operacións.

Por todo o anteriormente exposto compraceríanos coñecer:
- Que medidas vai a tomar a súa Dirección Xeral de cara á consolidación das tres estructuras arqueolóxicas que permanecen aínda na Mourela.

- Cal é a estimación da COTOP ao respecto do risco de desaparición do elemento GA15070127.

- Que medidas se van a tomar para evitar máis desprendementos na zona N do desmonte que poidan por en perigo a integridade do elemento GA15070127.


A/a:
Felipe Arias Vilas
Director Xeral de Patrimonio Cultural
Xunta de Galicia

As Pontes, 21 de abril de 2008
Estimado señor: Dirixímonos a vostede coa intención de informalo ao respecto da grave situación na que se atopa o elemento catalogado GA15070127, mámoa situada na necrópole megalítica da Mourela, no concello das Pontes de García Rodríguez e afectada polas obras da autovía AG-64 Ferrol-Vilalba. A semana pasada, un desprendemento de terra no marxe norte do trazado, reducía a tan só tres metros o ámbito de exclusión de obra do elemento, deixando o bordo do talud ao carón da mámoa. Cremos que a situación actual era previsíbel, tendo en conta os anteriores desprendementos que tiveron lugar na zona os últimos meses, como así o informamos na nosa anterior comunicación. Certo é que non atinamos a comprender como dende a súa direccion xeral non se tomaron as medidas necesarias para garantir a consolidación das tres estructuras arqueolóxicas. Descoñecemos así mesmo cal era a estimación da COTOP ao respecto do risco de desaparición do elemento GA15070127 e descoñecemos cales foron os procedementos activados para por fin aos desprendementos nesa zona.

Mais lonxe de lamentarnos polo acontecido, entendemos que as operacións que neste intre se poden realizar para salvagardar ou documentar o elemento son escasas. Non así, cremos que o seu gabinete debería definir que é o que se vai a facer coa estructura antes de que se produza un novo desprendemento na zona ou sexa necesaria a demolición do lugar arqueolóxico.

Alén disto, compracerianos recibir información sobre os seguintes aspectos:

- Que medidas vai a activar a súa dirección co fin de preservar o elemento ou minimizar a súa destrución ou alteración.

- Se a responsabilidade da COTOP neste asunto vai a quedar esclarecida, identificando aos responsábeis e solicitando un revisión do proxecto.

- Que medidas vai a tomar a súa dirección de cara á consolidación das dúas estructuras arqueolóxicas que aínda, por sorte, permanecen na Mourela.

Publicado por mourelo -- 23 de Abril 2008 as 09:57 AM 0 comentarios




Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Febreiro 2012 (9)
- Xaneiro 2012 (116)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Febreiro 2012
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29      




Xerado con
Movable Type 5.12