'Inauguración da 6ª Mostra Temporal' no Museo da Capela
O sabado 26 de Abril, terá lugar, no Museo Etnográfico da Capela, a inauguración da 6ª Mostra Temporal, que estará adicada ao artista “Naif” da Capela Xosé Permuy Cebreiro.
Os actos comenzarán ás 16 h. coa recepción dos visitantes e acceso libre ao Museo. A continuación se presentará a programación do Museo para o ano 2008 e posteriormente se procederá á presentación e inauguración da Mostra. Como remate, as 18 h. haberá unha representación de “Romances de Cego” a cargo do grupo de Santi Prego de Santiago.


Publicado por CyberMODE -- Abril 25, 2008 8:50 AM