|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Amigus iTunes Podcast
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (150)
ArTe (103) As Pontes (1441) Axenda (302) Ciencia (20) Comarca (177) Conexións (297) Cultura (161) Deportes (237) Ecoloxía (10) Educación (28) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (36) EuroEume (78) Fotografía (130) Gastronomía (14) Hardware (538) Historia das Pontes (102) Humor (22) Linux/GNU (829) Log #irc (11) Mundo (258) Mundo Apple (585) Música (496) Na Web (998) Natureza (69) Novas (12) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (102) Piratería? (139) Ponteses (41) Recursos (4) Sanidade (13) Saúde Natural (43) Seguridade (282) SenFios (206) Software (470) SOS Mourela (191) Tecnoloxía (502) Tutoriais (7) Video Dixital (319) Videoteca (22) Windows (266) Zona Gamers (383) |
Abril 26, 2008MOBILIZACIÓNS SPDCIFOs homes e mulleres que tódolos veráns se parten o peito no monte loitando contra o lume teñen unha cita obrigada en Compostela o 6 de maio, pois a Xunta, mellor dito o BNG, a traverso da súa consellería de Medo Rural ven de privatizar o servizo público de extinción de incendios, rebaixando as condicións laborais dos seus traballadores. Nun país onde, a excepción do verán pasado, arden centos de hectáreas o lume non pode convertirse nunha mercadoría privada. O lume e a súa extinción deben ser públicas. O BNG está a dinamitar un servizo eventual pero profesional, que ate o de agora cumpriu eficazmente co seu traballo, sacándolle incluso as castañas do lume fai dous veráns cando toda Galiza ardía. Agora os nacionalistas nun afán de controlar e colocar mellor aos seus, privatiza o servizo rebaixando as condicións laborais dos seus traballadores e pondo prezo á hectárea queimada. Para isto monta SEAGA, unha empresa privada con capital público, nada menos que 1 millón de euros inxectados na conta desta empresa. Millón de euros que pagamos tódolos galegos, os mesmos que ao final desta campaña de verán que empeza poderemos xulgar se o millón de euros foi ben invertido ou pola contra foi mal gastado.
Comentarios
Esto de SEAGA é outro chiringuito máis do BNG, que aproveitando que teñen facultades para meter a man na caixa,sacan para poder montar chiringuitos dende onde poder copar maiores cotas de poder.Iso é o que pasa cando metes ao raposo dentro do galiñeiro. Publicado por : chiringuito -- Abril 27, 2008 8:59 PMTodo o contrario meu querido chiringuito, os procesos de privatización van acompañados de melloras de eficiencia e de rendabilidade, e que en diferentes momentos os diferentes gobernos (coas súas diferentes ideoloxías) tiveron que incluir nas súas políticas as de privatización. Exemplos da nosa historia recente: Todo o contrario meu querido chiringuito, os procesos de privatización van acompañados de melloras de eficiencia e de rendabilidade, e que en diferentes momentos os diferentes gobernos (coas súas diferentes ideoloxías) tiveron que incluir nas súas políticas as de privatización. Exemplos da nosa historia recente: Todo o contrario meu querido chiringuito, os procesos de privatización van acompañados de melloras de eficiencia e de rendabilidade, e que en diferentes momentos os diferentes gobernos (coas súas diferentes ideoloxías) tiveron que incluir nas súas políticas as de privatización. Exemplos da nosa historia recente: Todo o contrario meu querido chiringuito, os procesos de privatización van acompañados de melloras de eficiencia e de rendabilidade, e que en diferentes momentos os diferentes gobernos (coas súas diferentes ideoloxías) tiveron que incluir nas súas políticas as de privatización. Exemplos da nosa historia recente: Todo o contrario meu querido chiringuito, os procesos de privatización van acompañados de melloras de eficiencia e de rendabilidade, e que en diferentes momentos os diferentes gobernos (coas súas diferentes ideoloxías) tiveron que incluir nas súas políticas as de privatización. Exemplos da nosa historia recente: ptz, con que lle deses unha vez chegaba. Coincido co que di chiringuito. SEAGA é unha cova na que os ladróns do BNG agochan os tesouros que a administración lle agasallou. Máis dun millón de euros de capital público que pasan a ser xestionados por unha empresa privada con toda a responsabilidade que isto implica. Unha empresa que non pode garantir a poucos días do inicio da campaña de verán que dará cuberto as máis de 800 prazas que terá que contratar. Estamos a falar do desmantelamento dun servizo público de calidade, e no tema do lume, meu amigo ptz a calidade e a efectividade son dous factores determinantes. Nas listas previas de SEAGA hai xente que estivo no servizo público de extinción da Xunta, pero son os menos, a maior parte dos PLADIGA non apoian a creación deste chiringuito entre outras cousas por que pasan a cobrar case a metade menos nun traballo que é eventual só son 4 meses e ademais perden pluses recoñecidos por convenio como a toxicidade e a nocturnidade. Que isto esté a acontecer só resposta a un xeito de facer as cousas, minimizar custes para aforrar máis. Pero aforrar en extinción sen haber prevención é unha fórmula errónea que só conduce a un esceario, o da Galiza queimada de fai dous anos. Ogallá esta situación non se repita, mais non quixera estar no pelexo dun técnico do SEAGA en época de máximo risco.... Publicado por : con que -- Maio 1, 2008 4:01 PMMOBILIZACIÓNS SPDCIF XOVES INICIO e REMATE Pola DEFENSA do PLADIGA-2008 Pola DEFENSA do SPDCIF DEFENDE O TEU POSTO DE TRABALLO
MOBILIZACIÓNS SPDCIF XOVES INICIO e REMATE Pola DEFENSA do PLADIGA-2008 Pola DEFENSA do SPDCIF DEFENDE O TEU POSTO DE TRABALLO
MOBILIZACIÓNS SPDCIF XOVES INICIO e REMATE Pola DEFENSA do PLADIGA-2008 Pola DEFENSA do SPDCIF DEFENDE O TEU POSTO DE TRABALLO
1º.- desculpas por cliquear máis dunha vez. COMUNICADO • QUE REXEITAMOS A DECISIÓN DE MEDIO RURAL DE EMPREGAR A SOCIEDADE ANONIMA SEAGA PARA CALQUER XESTIÓN OU DESENVOLVEMENTO DA LOITA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS EN GALICIA • QUE CONTRA ESA INCONCEBIBLE E INXUSTIFICADA DECISIÓN DE MEDIO RURAL COMBATIREMOS CON TÓDALAS ENERXÍAS E MEDIOS LEGAIS AO NOSO ALCANCE • QUE LAMENTAMOS E REXEITAMOS A INCOHERENCIA DO GOBERNO BIPARTITO AO DARLLE APOIO E COBERTURA POLITICA, ECONOMICA E ADMINISTRATIVA Á DECISION DE CONTRATAR TODO O OPERATIVO DO REFORZO DO VERAN 2008 A TRAVES DA SOCIEDADE ANONIMA SEAGA OCASIONANDO GRAVES PREXUICIOS E MAIS PRECARIDADE LABORAL PARA CENTOS DE TRABALLADORES, UN ALTO INCREMENTO DO CUSTO QUE REVERTIRÁ EN TODOLOS CIDADANS E UNHA MERMA NA EFICACIA DESTE SERVICIO PUBLICO ESENCIAL. • QUE DENUNCIAMOS PUBLICAMENTE QUE COA CONTRATACIÓN DOS TRABALLADORES DO REFORZO DO VERAN DE 2008 AO MARXE DAS LISTAS PUBLICAS, MEDIO RURAL PRETENDE DARLLE UNHA COITELADA DE MORTE AO SERVICIO PUBLICO ESCOLLENDO O OSCURANTISMO NAS CONTRATACIÓNS FRONTE A TRANSPARENCIA, A INEXPERIENCIA PROFESIONAL FRONTE A EXPERIENCIA CONTRASTADA, A PRECARIDADE LABORAL FRONTE A PROFESIONALIZACION E O USO PARTIDARIO FRONTE AO INTERESE XERAL 1. A destrucción de emprego, incremento da precarización laboral e liquidación paulatina da XESTION PUBLICA deste SERVICIO PUBLICO en favor dun sistema externalizado con selección dos traballadores “a carta” e abocados a manter a boca pechada os ollos cegos e a gorxa muda ante calquer incumplimento laboral. DEFENDEMOS • Que o 100 % dos efectivos de reforzo de verán sexan contratados ó abeiro do decreto regulador de listas de contratacións publicas e obxectivas da Xunta de Galicia MOBILIZACIONS Os que aqui nos manifestamos hoxe, decímoslle alto e claro a Médio Rural e a todo o goberno bipartito: POLA DEFENSA DO SERVICIO PÚBLICO DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS Santiago de Compostela, 22 de maio de 2008
Dende que, no ano 2006, Medio Rural asumise plenamente a organización e contratación do dispositivo de reforzo do verán, as persoas inscritas nas listaxes publicas de contratacións temporais da Xunta de Galicia, viron como en 2 anos, esta Consellería conseguiu vaciar de feito, unhas listaxes nas que estaban anotadas miles de persoas en toda Galicia e que, como tódolos anos, viñan sendo contratados logo de superar as probas físicas pertinentes. O primeiro paso da demolición ata os cementos deste sistema de contratación público e obxectivo fora dado xa no mismo ano 2006 cando Medio Rural, xa non fixera ningunha contratación nalgunha categoría profesional pese a existir listas de contratación, optando a Consellería nese veran por crear unhas brigadas experimentales (belugas) con xente sen experiencia e contratada de forma nepótica, dactilar e clientelar e como primeiro experimento iniciático de proba encamiñado a iniciar o desmantelamento do Servicio PUBLICO e a externalización da xestión da loita contra os incendios forestais. A FINAIS DE 2006 Medio Rural adopta unha decisión incialmente positiva e xa demandada polos traballadores que foi a de eliminar as brigadas dos concellos para supostamente integralas no operativo propio de reforzo de veran do propio servicio. Foi un espexismo. Medio Rural empezou ben ao suprimir esas brigadas pero malogrou a deción ao escoller incrementar as brigadas de SEAGA en enunciando a unificar e profesionalizar o operativo propio dependente da xunta de galicia directamente. No verán de 2007 a contratación de persoal a través das listaxes publicas de contratacions sufriu unha drástica restricción e produciuse a entrada en escena da empresa SEAGA, SA de forma real, visualizandose claramente xa cal iba a ser a verdadeira finalidade da creación deste chiringuito: fagocitar paseniñamente, fase a fase, tódos os 5500 empregos públicos fixos e temporais do dispositivo fixo e eventual do Servicio PUBLICO de Defensa Contra Incendios Forestais ata darlle a puntilla a un SERVICIO PÚBLICO ESENCIAL REITERADAMENTE VALORADO COMO CONTRASTADAMENTE EFICAZ POR INNUMERABLES PROFESIONAIS DO SECTOR DE TODO O ESTADO (mesmo desexaban vir ata a Galicia a practicar ea prender os nosos metodos de combatir e loitar contra os lumes) A principios de decembro de 2007, Médio Rural xa utilizou SEAGA, SA para suplantar aos 610 traballadores fixo discontínuos de plantilla do SPDCIF despois de cesalos irregularmente co argumento falso e mentireiro de que “non había carga de traballo”. Neste verán de 2008 Medio Rural vai contratar a 2289 traballadores a traves da Sociedade Anónima SEAGA fronte a únicamente 500 polas listas públicas de contratacións da Xunta de Galicia optando pola inexperiencia fronte a experiencia e polo oscurantismo fronte a transparencia, despreciando o sistema publico de contratacion Fai tan solo uns dias, no derradeira xuntanza do Consello da Xunta de Galicia celebrado o pasado dia 30 de abril, Médio Rural coa connivencia de todo o goberno bipartito consumou todos este feitos que dencunaimos e decidiu darlle unha auténtica puñalada ao SERVICIO PÚBLICO DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS ao encargándolle a xestion do reforzo de veran a SEAGA para o que se decidiu inxectar 21 millons de euros e consolidar asi dous operativos paralelos: por un lado o servicio publico transparente e eficaz e por outro o chiringuito seagasa , clientelar, opaco com condicions de traballo moi precarizadas e cunha incerta rendabilidade operativa e social. • Medio Rural, agora, liquida o sistema de reforzo da tempada de alto risco a pesar de funcionaba razonablemente ben e que era, na práctica, a verdadeira escola de probas e o viveiro do verdadeiro relevo xeracional dos traballadores de plantilla do servicio público Santiago, 22 de maio de 2008 Publicado por : xan queimadelos -- Maio 22, 2008 1:55 AMEngade un comentario
|
Novas Recentes
-Los pescadores denuncian que siguen apareciendo reos muertos en el Eume
-Lavado De Cara Al Rallye De Ferrol -Steinberg anuncia Sequel 2 -Google presenta Knol, su rival de la Wikipedia -Cumprimos 5 anos!!! -«Nuestra cabaña es mejor que los pisos de la Trujillo» -Los míticos Gwendal marcarán esta noche el inicio de la juerga con el festival folk de As Pontes -Anotando arquivos PDF en Linux -O CIRL lanza a primeira versión alpha de UEX Linux 2008 -GALPon MiniNo Arquivos
- Xullo 2008 (140)
- Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||