Abril 27, 2008

El BNG propone crear un plan de desarrollo sostenible del lago de As Pontes

La Voz de Galicia. Los nacionalistas de As Pontes acaban de presentar una moción para reclamar la elaboración de un plan de desarrollo sostenible en torno al lago artificial que cubre la mina de Endesa.


Creen que con esta medida se podría «acadar un aproveitamento socioeconómico a medio prazo que mellore a calidade de vida dos ponteses». Además, solicitan una entrevista con el presidente de la Xunta «para trasladarlle a importancia do proxecto».

Publicado por alismile -- Abril 27, 2008 10:30 AM


Comentarios

Moitas palabras pomposas para non dicir nada.

A nova traducida ó linguaxe coloquial ven sendo: "Os do bloque reclaman que algo hai que facer". Gran nova, parece que na Voz non tiñan outra cousa para poñer. Sobre todo cando non é só o bloque, senón numerosos colectivos e individuos os que pensamos que algo hai que facer.

Pero ata o 2012 é Endesa a que ten que facelo, e despois será a Xunta quen herde o lago e o seu entorno.

Publicado por : cantinflas -- Abril 27, 2008 4:10 PM

E claro como di o refrán "o que non ten que facer merca unha cabra e vólvea a vender".

Publicado por : eu non sei -- Abril 27, 2008 5:44 PM

Eu que alucinado con algún dos comentarios que se publican, parece como si o do lago non fose con nos, que fose como escoller o cartel das festas, e como segundo cantinflas polo de agora é cousa de Endesa e despois da Xunta, para que perder o tempo nisto???

O que pasará, é que chegará o día en que o lago esté cheo, e toda a superficie, lago e escombreira pasarán a dominio público, ou non, e nese momento levaremonos as mans a cabeza.

Eu coido que non é non se teña que implicar o concello no deseño do plan de xestión e usos que se faga, coido que xa fai tempo que tiña que estar implicado.

Dentro de uns anos, existirá unha superficie de unhas 2.000 ha, que poden supoñer un pulo para o desenrolo das Pontes, non supor nada ou supor un problema, e na man de todos está contribuir a que sexa un pulo.

Publicado por : marcial -- Abril 27, 2008 8:58 PM

Engadir ao que dis, que é momento de traballo conxunto de tódolos partidos e forzas sociais do pobo.

Publicado por : alfredo -- Abril 27, 2008 10:42 PM

moito lago, si, pero......................naide se da conta como baixa o chamoselo estos dias, todo cheo de lodo, color "merda", con perdon. non se pode tolerar. solucion XA.

Publicado por : chamoselo -- Abril 27, 2008 11:41 PM

Será culpa do BNG tamén, cando o BNG di algo, todo son criticas, será porque e o único que o dixo, e eso jode, jode que a oposición estea a traballar. Criticar por criticar non, teñen razón, hay que facer algo antes de que estea cheo porque despois ó mellor xa e tarde.

Publicado por : Jose -- Abril 28, 2008 1:34 PM

Quererás dicir que é o único que saiu na Voz. Porque vaiche na misa que hai xente a traballar niso.

Publicado por : alfredo -- Abril 28, 2008 1:46 PM

Pois gustaríame saber quen está a traballar (aparte de ENDESA) no diseño dos espacios que serán públicos no 2012... (por certo, non está incluida a escombreira, ENDESA queda con ela e pode que sexa empregada para surtir de materia prima a un grupo que funcione con biomasa???)

Alfredo, non digo esto por ir en contra de ti, senón porque penso que é un asunto moi importante para As Pontes (o máis importante desde que chegou Endesa coa idea de facer o súper-furado) e, que eu saiba, ninguén pediu unha soa idea á ciudadanía ou ós colectivos ponteses... E igual hai xente que ten boas ideas e plans para esa zona... Ou que ten ideas que poderíanse integrar no proxecto que faiga ou encargue o Concello/Xunta (porque o lago pasa a ser propiedade da Xunta, non do Concello).

Canto me gustaría que o Concello/Xunta:
1. Informasen e divulgasen o que vai a acontecer (polo de agora os únicos que fixeron algo ó respecto foron os Guerrilleiros das Fragas, manda carallo).

2. Pidesen a TODO o MUNDO ideas. Despois xa decidirían, pero que contasen con toda a información e a creatividade posible.

¿Son un idealista? ;-)

Publicado por : somede -- Abril 28, 2008 5:36 PM

Claro que é un asunto de vital trascendencia para As Pontes.

Non sei se es/somos uns idealistas, ou algo inxenuos. Eu che aseguro que teño moitas esperanzas postas no potencial do optimismo, e do traballo en común da sociedade pontesa, á marxe das lóxicas discrepancias que xurdan, e do traballo de barrer para a casa de cada grupo politico.
Sería unha axuda nada despreciable que a xente saiba identificar e separar dos debates as teimas persoais, que nada aportan, de nada serven para o ben colectivo. Ao contrario, son lastre, ruído na comunicación, cando non impedimento.

Saúde

Publicado por : alfredo -- Abril 28, 2008 9:12 PM

A mín solo se me ocurre un debate, a meu entender fundamental, cales son as directrices a seguir en politicas de desenrolo económico:
* Apostar por un desenrolo industrial, incluindo industria pesada (CELULOSA)
* Apostar por ser o noso concello un referente ambiental, implicándose nun proxecto ambicioso como sería o lago e aproveitando o tirón das Fragas do Eume (referente a nivel internacional do bosque atlántico)
* como conclusión ambas iniciativas son compatibles?

Publicado por : mauricio -- Abril 28, 2008 10:28 PM

Boas mauricio.
Con pouco tempo, e a falta de maior concreción só dicirche que un municipio debe aproveitar todos os seus potenciais en todos os sectores, con responsabilidade social e ambiental,canta maior diversificación e participación de capitais locais e galegos mellor.
Sobre o segundo punto que mencionas, e enlazanodoo co terceiro dicir que calquera aposta ten que ser compatible coa industria, xa que a industria é unha premisa existente, velahí a central térmica máis grande de España.
Saúde

Publicado por : alfredo -- Abril 28, 2008 11:00 PM

Os únicos que hasta dagora fixeron propostas públicas e estan a debatir sobre do aproveitamento do lago son os de Amigos de As Pontes e polo que se ve os mais queren tamen entrarlle o tema.

Publicado por : abel -- Abril 29, 2008 8:40 PM

Quizais sexa por descoñecemento, pero o plan de aproveitamento do lago, impulsado dende o concello reduciuse á utilización do lago como depósito de auga para o sector industrial...creo que esta visión quédase corta, respecto a potencialidade desta nova oportunidade que representa o lago

Publicado por : mauricio -- Abril 29, 2008 9:48 PM

Ola Mauricio, ¿podería acceder a algún tipo de información sobre a postura do Concello? ¿alguén ten novas, alguén sabe algo?

Por suposto existirá unha potencialidade de consumo de auga, para calquer actividade humana que a precise, que suporá un verdadeiro patrimonio de incalculable valor para As Pontes.
O cal non é en absoluto incompatible con calquer oturo uso lúdico, deportivo, educativo, de investigación e desenvolvemento, etc do lago e o seu entorno.
Compañeiros é moito hora de poñerse as pilas, todos. Non é momento de zancadillas.
Sexamos pobo, e fagamos pobo.

Saúde

Publicado por : alfredo -- Abril 29, 2008 10:01 PM

Estimado Alfredo, non quero que penses nin por un intre en que a miña intención é a de poñer zancadillas. A inexistencia de información é a que xenera estes ruxes, ruxes, por suposto non era unha afirmación categorica, en fín, estou en sintonía coa túa proposta. Sexamos pobo, e fagamos pobo.

saúdos

Publicado por : mauricio -- Abril 29, 2008 11:11 PM

Ah, tranquilo, non o pensaba.
Desculpa, debín facer unha separación máis clara entre o primerio párrafo dirixido a ti, e o segundo que era xenérico, digamos dirixido a o foro de modo impersoal.

Saúdos

Publicado por : alfredo -- Abril 29, 2008 11:18 PM

E as preguntas non levan segundas, o pregunto en serio porque me interesa sabelo, ¿o Concello ten algunha postura definida, ou cando menos encarrilada? ¿alguén o sabe?

Publicado por : alfredo -- Abril 29, 2008 11:57 PM

Meu querido Alfredo,perdoa por non despedirme onte,pero e que traballo a turnos...e tocaba madrugar(oxalá traballara no concello,vaia chollo,verdade?)
Respecto a túa última mensaxe,comentar que sólo pretendía debater libremente,sen coaccións de ningún tipo(como se fai entre amigus...)sobre un tema que nos afecta a todos os veciños das pontes.Quédome coa conclusión final:"Temos que traballar todos".
Noutro termo de cousas,calquera día podemos quedar a debater ambolos dous sobre un tema que está en auxe"Os delitos informáticos".
Saúdos.

Publicado por : colmenero -- Abril 30, 2008 2:53 PM

A pesares da familiaridade con que me falas, nunca mediei palabra con ninguén chamado colemenero.
Podemos quedar para debater sobre o que queiras.
¿Porqué che motiva especialmente o que mencionas?

Publicado por : alfredo -- Abril 30, 2008 3:37 PM

¿sinteste coaccionado? ¿quén te coacciona?

Publicado por : alfredo -- Abril 30, 2008 7:23 PM

El teu ultimo missatge em deixa una sèrie de dubtes, no sé a què ve el canvi de tema, però bo, tu diras.
Avui és un bon dia. Ho has celebrat?
Jo ho he celebrat, pero després m'he posat a estudiar antropologia econòmica i això.
Bona nit

Publicado por : alfredo -- Maio 1, 2008 11:18 PM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Festas do Carme e a Fraga

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Xullo 2008 (109)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Xullo 2008
D L M M X VS
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31