|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Amigus iTunes Podcast
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (147)
ArTe (102) As Pontes (1302) Axenda (259) Ciencia (20) Comarca (139) Conexións (293) Cultura (160) Deportes (207) Ecoloxía (3) Educación (28) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (34) EuroEume (75) Fotografía (125) Gastronomía (14) Hardware (535) Historia das Pontes (101) Humor (22) Linux/GNU (772) Log #irc (10) Mundo (258) Mundo Apple (571) Música (480) Na Web (978) Natureza (54) Novas (12) Opinión (23) Outros Mundos (39) PDA´s (100) Piratería? (136) Ponteses (32) Recursos (4) Sanidade (9) Saúde Natural (43) Seguridade (278) SenFios (206) Software (461) SOS Mourela (182) Tecnoloxía (497) Tutoriais (7) Video Dixital (316) Videoteca (22) Windows (266) Zona Gamers (380) |
Maio 1, 2008Grupo Político Municipal do BNG: MOCIÓN SOBRE O LAGO-ESCOMBREIRAD. Xaime Castro Paz, na súa condición de portavoz do Grupo Político Municipal do BNG no Concello das Pontes, e na súa representación, presenta a seguinte MOCIÓN SOBRE O LAGO-ESCOMBREIRA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Rematada a actividade extractiva da Mina e dando cumprimento á necesidade de poñer en marcha unha serie de medidas correctoras que veñan a rexenerar un espazo altamente degradado pola actividade industrial, Endesa ten iniciado as actuacións para a creación dun lago artificial, que, segundo o plano técnico ambiental elaborado pola propia empresa e aprobado pola Administración ambiental, rematará no ano 2012; nos seguintes anos Endesa seguiría facendo un seguimento dende o punto de vista bioquímico e edafolóxico. Para o BNG, cabe falar de certo escepticismo social e económico diante dun proxecto do que se sabe máis ben pouco das súas posibilidades de crear riqueza así como das consecuencias medioambientais, un proxecto no que é manifesta a desconexión de obxectivos públicos e privados, a mellorábel coordinación dos departamentos e niveis administrativos, e a falta de conciencia social e de identificación da poboación co meritado proxecto. É dicer, a descoordinación e descoñecemento sobre a planificación de usos e aproveitamento do futuro lago, causada pola non comunicación entre os distintos axentes involucrados tanto dende a perspectiva público-privada como interadministrativa, e que se concreta na inexistencia de criterios sostibeis dos posibeis usos do futuro lago, limitándose en moitos casos ás preferencias de técnicos, e na incertidume que se está a xerar na poboación local, ante a falta de información sobre o futuro lago que igualmente afecta á motivación empresarial e á toma de conciencia das posibilidades de levar a cabo iniciativas tanto sociais como económicas no seu entorno. Para o BNG estase a desaproveitar unha ocasión única de desenvolvemento socioeconómico, en tanto que a pesar da existencia dun plano de rexeneración ambiental da Mina, este non contempla os posibeis usos e infraestruturas susceptibeis de xerar riqueza. Estamos a falar da necesidade de elaborar un plano de desenvolvemento sostíbel, que recolla non só os aspectos puramente técnico-ambientais senón que atenda tamén a cuestións sociais e económicas, cunha visión global; é dicer, trataríase de sentar as bases para a elaboración dun plano de desenvolvemento sostíbel en torno ao lago coa finalidade de acadar un aproveitamento socioeconómico a medio prazo que mellore a calidade de vida dos ponteses e pontesas, e coa participación de tódolos axentes relacionados directa ou indirectamente co proxecto do lago ( Administracións -locais, autonómica, estatal e comunitaria-, Endesa, movementos asociativos –culturais, deportivos, empresariais, medioambientais, sociais, veciñais, ...-, ...). Para rematar co período de pasividade, descoñecemento, descoordinación e incertidume descritos con anterioridade, o Grupo Político Municipal do BNG propón ao Pleno do Concello das Pontes adoptar os seguintes ACORDOS
1º.- Comprobar o estado de tódalas autorizacións, permisos e/ou licenzas do proxecto do lago, con independencia do nível administrativo responsábel. 2º.- Solicitar da Consellaría de Medio Ambiente copia dos informes emitidios polos seus técnicos até a data como garante da calidade ambiental óptima dos traballos que se están a desenvolver. 3º.- Demandar de Endesa e da Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galiza a elaboración e execución conxunta dun plano de comunicación social como elemento clave para lograr a lexitimación e a motivación, social e empresarial, de dito proxecto; dito plano debería comenzar de forma inmediata coa materialización de dous instrumentos: a) creación dunha páxina web na que, como primeira etapa, se presente toda a información dispoñíbel sobre da evolución do proxecto e se poida facer un seguimento do mesmo en tempo real; e b) publicación dun boletín informativo, de ámbito galego, e de periodicidade trimestral, no que se recollan as novas de interés do proxecto. 3º.- Solicitar unha entrevista urxente co Presidente da Xunta, co Vicepresidente e cos portavoces dos grupos políticos con representación no Parlamento galego, para que o Alcalde e os representantes dos grupos políticos municipais lles trasladen a importancia –local, comarcal, provincial, autonómica, estatal, europea e internacional- do proxecto, e lles soliciten a súa implicación, política e institucional. 4º.- Facer uso do denominado “Plano de desenvolvemento sostible do lago de As Pontes (PDESOL)” , elaborado polo Concello no marco do proxecto CREAR As Pontes, como documento inicial de análise, debate e presentación da proposta; en dito Plano destacaríase, como primeiro paso, a creación dunha Fundación, na que loxicamente estarían Endesa e tódalas Administracións públicas, organismo que xestionaría o espazo unha vez que Endesa remate tódolos traballos, e que tería que facer un concurso de ideas a alto nivel, no que participarían equipos multidisciplinares – arquitect@s, técnic@s paisaxistas e deportiv@s, medioambientalistas, sociólog@s, economistas, ... – , co fin de realizar un anteproxecto realista que teña en conta tódolos aspectos: posibilidades turísticas, deportivas -fundamentalmente náuticas, sendeirismo, cicloturísticas, golf- , museísticas -unha representación das grandes máquinas sería imprescindíbel- , medioambientais -hoxe en día a escombreira xa é unha importantísimo reserva de fauna e forestal, que, posiblemente, se ten que vincular co Parque das Fragas do Eume- , etc. Neste anteproxecto debe definirse moi claramente as posibilidades económicas do espazo afectado e o seu mantenemento, para que permita unha explotación pública razoábel que beneficie ao concello e á comarca. As Pontes, 24 de abril de 2008
Publicado por CyberMODE -- Maio 1, 2008 9:00 AM
O PORTAVOZ DO G.P.M. DO BNG
Comentarios
Moi interesante, menos mal que alguén comeza a propor algo sobre que facer co futuro lago. Publicado por : Lago -- Maio 1, 2008 12:04 AMOrdia¡ "Para o BNG, cabe falar de certo escepticismo social e económico diante dun proxecto do que se sabe máis ben pouco das súas posibilidades de crear riqueza así como das consecuencias medioambientais"
¿Pero non foi o mesmo BNG o que pediu a Proxectos a realización dunha investigación sobre as posibilidades do Lago? ¿Non estaba o mesmo Dasilva na presentación que fixeron os de Proxectos na Casa Dopeso, mentres a todolos veciños se nos cai a cara de vergonza ó escoitar as paspalladas que alí se dixeron? Parece que nas Pontes se se está nunha posición ou noutra se teñen posturas diferentes sobre a mesma cuestión. Non entendo nada, que alguén mo explique porque isto pra min é "onde dixen digo dixen Diego". Publicado por : Pepito Grillo -- Maio 1, 2008 1:59 PM Pero Pepito: tí non te das conta de que o P.S.O.E. eu estaba na Casa do Peso o día no que Endesa explicou aos alí presentes o que estaba a facer co lago, e o que ia facer. Tamés escoitei a Dasilva e o estudo presentado pola consultoa de turno. O BNG (goberno local de entón)dixo entón o mesmo que o que di nas líneas de enrriba, so que neste caso ademáis aportán un par de iniciativas concretas como a web. Polo tanto... un "poquito de por favor", non señamos todos tan paletos de andar a tirarnos pedras os uns aos outros mentres o neno afoga no río! Ánimo e adiante a todas as iniciativas públicas ou privadas, colectivas ou individuais que pretendan converter ao futuro lago das Pontes nalgo positivo e beneficioso para o pobo. Publicado por : eu estiven alí -- Maio 1, 2008 8:37 PMhome o da web e coxonudo, despois do exito de Vilas Dixitais, outra web mais será a leite, fixo a encargaran a Vieiros Publicado por : vila dixital -- Maio 1, 2008 9:17 PMO de vilas dixitais para ti non valerá para nada pero e a única maneira que nos, a xente da aldea, gracias os telecentros de vilas dixitais temos acceso a internet, cando necesitamos algo ali temos o telecentro que podemos utilizar, asi non temos que baixar ó ciber de turno a As Pontes. Como paxina web non se lle deu nin a promocion nin a importancia que realmente necesitaria. Para min e unha idea xenial o tema da Web que se propon, asi como con todo o que se propon nesa mocion. co diñeiro da web pouderon poñer wifis en todalas casas do rural, e aforrarte de ir o telecentro. Ademais este ano acabarase de ter subvencionada a conexion satelite, e as aavv teran un gasto extra ao mes de 150€ nas conexións. O debate do lago e o mais importante pra as Pontes nos proximos anos.O BNG esta moi deslexitimado no tema ende o momento que propuxo, e a piques estivos de levar adiante,(de no ser pola oposicion de Amigos de As Pontes e os sindicatos UXT e CCOO),o trasvase a prol de Reganosa dun recurso tan vital pra noso futuro coma a agua do encoro da Ribeira.Nembargantes os usos da auga en primeiro lugar e do entorno do lago en segundo e a sua conexion municipal e comarcal van ser un tema crucial pra o futurono ue vai facer falla o apoyo de todos. Efectivamente aquilino foi o causante de que a auga non se fora co apoio dos dous sindicatos que enrriba se nomean Pero as cousas cambiaron dende enton de todos e sabido que endesa fara co lago o que lle de a santa gaña pero, desta volta tera ela os apoios da UGT e de CC.OO en lugar de aquilino porque ? VEXAMOS ... que os sindicalistas da UGT e CC.OO esteñan a meter os seus fillos en Endesa non e gratis señores, esto ten o seu coste, laboral que xa o tivo neste convenio firmado pos traballadores hai una semana o convenio mais precario dos ultimos anos tanto economicamente como laboralmente pois por 300 euros anuales se firmou a polivalencia total tanto geografica como funcional dos traballadores Socialmente porque endesa vai a ter que ter o apoio dos seus pa llevar a cavo temas tan importantes como o lago e a proxima construccion de unha Nuclear si señores endesa ten en mente unha Nuclear e os dous sindicatos estan caladiños Pero alguien se cree que endesa vai deixar o lago cheo de auga sin aproveitalo ela ? miles de milllons de metros cuvicos de auga en mans de non se sabe quen ? non señores non, e o sitio idoneo pa unha Nuclear Medio Ambiente esta caladiño, Valentin tamen e UGT e CC.OO tamen, ningun deles fala do Lago, saben o que se aveciña e estan nerviosos, tanto que algun Sindicalista da UGT xa recuou de meter o fillo en endesa polo que poida pasar, senon xa estaria dentro o 15 do mes pasado cando entrou o de Basoa da UGT e o de Sardiña de CC.OO Que Dios nos pille confesados porque, tanto Endesa coma o Psoe coma estes dous sindicatos estan dispostos a vender o pobo o melor postor Publicado por : amador -- Maio 2, 2008 2:02 PMBueno e a primeira noticia que eu teño sobre unha central nuclear. Amador non sei a tua fonte de información, pero acabasme de deixar perplexo. Agardo que des mais explicacions sobre iso. Eu xa non tiña moi boas referencias de UGT e CC.OO pero se iso e verdade merecen que lles reventen a cabeza. Asi de Claro. Publicado por : Luis -- Maio 2, 2008 3:19 PMiso se os das pistolas e o amonal lles deixamos Publicado por : iluso -- Maio 2, 2008 4:16 PMESO XA O OIN EU TAMEN EN PONTEDEUME FAI UN MES DA VOCA DUN PREXUBILADO QUE FOI XEFE DE NON SEI QUE ENDESA, RECORDO QUE DECIA QUE ERA O LIGAR IDONEO CANDO O LAGO TIVESE AUGA, POIS QUEN SABE SE E CERTO EU DE TODAS FORMAS DE UXT E CCOO CREOME O QUE FAGA FALTA ALGUN TEN HUEVOS PA POÑERLLE LUME AS PONTES SE FAL FALLA E LLE VAI O SEU BOLSO CANTAS LEVAN FEITO ROQUE MAIS HURTADO ? EN CONTRA DESTE POBO MOITAS MOITAS MOITAS, ASI QUE EU CREOME TODO O QUE ME DIGAL DESTES DOUS, PERO A CIULPA E QUEN OS APOIA E LLES PERMITE SEGUIR AHI Publicado por : jAUNCA -- Maio 2, 2008 4:35 PMPero os da CIGA seran tan bos? Home da CIg xa nin falar pero bueno a CIg xa non ten que falar porque xa se sabe como son, pero a UXT mais CC.OO van de bos, pero teñen poder en madrid y ese e o problema, a CIG pode esborrecar o que queira de Lugo palo na conoce naide pero estes outros van pa madrid e veñen con todo amañano e teñen a santa cara de decir non poidemos facer mais, foinos imposible, puxemos toda a carne no asador, e ademais en madrid temos o poder que temos dentro das nosas organizacions Pero resulta que nin a reunions van, simplente van pa madrid pa que o pobo vexa que teñen poder, mentira todo, cando a cousa e importante nin nos deixan entrar nas reunions, quedan fora e cando salen contanlles algo non todo eso si pola noite puterio e cubatas O dito a CIG demagoxia pura e UXT e CC.OO unhos vendidos da patronal Publicado por : amador -- Maio 2, 2008 6:23 PMHome, a situacion e a idonea pa unha Nuclear, diso non ai duvida Politicos Sometidos (todos)a Endesa Auga mais que suficiente Pueblo sometido Sindicatos corruptos (todos) ainda que as siglas non teñen culpa, pero os dirixentes si o son Capacidad de evacuacion Que a naide lle estrañe que teñamos una Nuclear en 8 ou 10 anos,pa endesa seria o esencial pa poñerse o frente do sector europeo e mundial xa que Iberdrola estalle a comer moito terreno Publicado por : paracsio -- Maio 2, 2008 8:26 PMEntón aquí o único listo es ti, ti debes ser un deses que por diante es amigo de todos e despois por detras daslles polo cu en todolos bares. Un deses que por diante fai o que faga falta, apoia a quen faga falta e despois cando hay que poñer os huevos non apareces. Deses hay moitos neste pobo. Publicado por : Listo -- Maio 2, 2008 8:29 PMO de politicos sometidos a Endesa, ok. Eso de pobo sometido sera a tua opinión, eu non estou sometido a ninguén e creeme que se me queren poñer unha nuclear ó lado non vou quedar quieto eso asegurocho. Publicado por : "Sometido" -- Maio 2, 2008 10:18 PMSupoño que será un bulo, coma tantos. Nota de prensa de un periodico ingles en febrero de 2006 The central leader The central thermal As Pontes is the biggest Spanish electricity generator with a capacity of 1,468 megawatts of power and an annual turnover of between 376 and 400 million euros. The plant, including mine lignite As Pontes (closing process), currently employs a total of 806 people, making it the sixth most important industry in Galicia, Spain, just behind Citroen, Inditex, Pescanova, Coren and fins. Without As Pontes, the new group Gas Natural-Endesa will fall from second to fourth place in Galicia energy. After the sale, the Catalan group will proceed to the construction of a central gas (combined cycle) of 800 megawatts, bringing its generation capacity located in Galicia in 1,616 megawatts.? If the plant has been acquired by Fenosa, the company controlled by ACS Dragados underpinning his leadership in Galicia. The company has currently 2,622 megawatts of installed power, which would add 1,468 of the As Pontes and 400 megawatts from a central gas. If the plant As Pontes passed into the hands of Iberdrola, as agreed at this time while awaiting the new list of sales), if not so endesa will pose a nuclear power station in the area which would give the group the total energy power in spain and part of EUROPS Publicado por : armando -- Maio 3, 2008 6:14 PMDespues de ver lo del agua del pantano de la Ribeira y como el Dasilva lo defendía y votaban los comparsas me creo cualquier cosa.Empezaran comprando los sindicatos,luego la prensa y tanto PP como PSOE como el BNG depende lo que les den a los de aqui y a los de arriba.Con el dinero que se va a poner en movimiento si esos es asi alguno vende a su mujer,a su hija y a la madre que lo pario por lo que lo de vender As Pontes es pan comido nos meten un reactor atomico a cada uno en la bañera.Al tiempo Publicado por : esposende -- Maio 4, 2008 5:46 PMO que me costaría crer é que certos políticos dos partidos que mencionas, tanto do eido local, como comarcal, como autonómico, teñan collóns para meterse nese charco. Por outro lado, non é dificil crer que na mente das grandes compañías eléctricas deste país esté o desexo de que o goberno español de turno aposte pola enerxía nuclear. Á marxe de que As Pontes forme parte de hipotéticos plans en "núcleos" de poder político-económico alleos a nós, e incluso alleos a Galicia, o que vexo bastante claro, é que a loita está en acadar o maior grado posible de independencia das nosas "estructuras" políticas, locais, comarcais, autonómicas para decidir qué queremos facer ou deixar de facer no noso. É dicir, o que se instale ou deixe de instalar en Galicia ten que ser decisión do pobo galego, e producir riqueza para o pobo galego. E o que se instale ou deixe de instalar en As Pontes debería ser decisión do pobo de As Pontes, e producir riqueza para o pobo de As Pontes. Non podemos quedar de brazos cruzados permitindo unha vez máis que se escriba unha nova inxerencia na historia económica de Galicia. A historia da explotación dos nosos recursos por capitais alleos, cun corpo de políticos barrigagradecidas ollando para outro lado. Saúde Publicado por : alfredo -- Maio 4, 2008 6:58 PMLa esencia del problema es que en Galicia al contrario que en el Pais Vasco y Cataluña el nacionalismo del BNG no fue capaz de vincular y representar al pueblo gallego y la ausencia de un nacionalismo con credito entre la poblacion y en el que se sienta representada hace mas vulnerable el interes del territorio en aras del interes del pais. Decía Beiras na casa Dopeso que xa lle gustaría ver no actual BNG a diversidade e pluralidade do Partigo Galeguista dos anos trinta. Esto estaba na resposta que lle deu a un do público. Eu prefiro recuperar o debate sobre o titular deste caso, a moción do BNG sobre o Lago-escombreira. Non sei moi ben por onde empezar, se polo contido da moción ou polo debate de fondo sobre a xestión deste ben público/privado. Bueno, en canto a moción, pareceme ben sexa do BNG do ABC ou do XYZ propor cousas que poidan axudar a facer algo deste proxecto. En todo caso, pareceme algo curta e falta de calado, poderíase meter moito mais. En cato o debate de fondo, teño que decilo porque me afecta profesionalmente, pareceme un desproposito que non haiba un concelleria de Medio Ambiente nun dos concellos con mais enerxía producida de todo Europa. ¿Quen é o responsable de medio ambiente a nivel local? Despois disto pasemos a fase constructiva; - É necesario crear xa unha mesa de seguimento do Plan de Desenvolvemento do Lago, que traballe dia a dia neste tema. - O Concello debería poñer todo-los medios para conocer de primeira man o estado da calidade da auga dende xa. - Non estaría mal contratar unha empresa externa de paixaxismo ou rexeneración de terreos no que uns profesionais asesoren o Concello de que pasos dar. - Permitir o paso e a vista dende XA a todo o podo de As Pontes a Escombreria e o Lago para que poidan ver e opinar sobre como está e como se van facendo as cousas. Isto ultimo é de vital importancia- Publicado por : ambiental -- Maio 5, 2008 9:37 AMEngade un comentario
|
Novas Recentes
-Steve Jobs dará la keynote inaugural de la WWDC 2008
-Google se pasa a los discos duros de estado sólido de Intel -IK Multimedia presenta AmpliTube Metal -Obradoiro de Novas Tecnoloxías Aplicadas a Música -Río Chamoselo -Una red zombie envía 60.000 millones de spam al día -Unos 3.500 estudiantes visitaron en un año la Casa do Mel de Goente, que celebra su quinto aniversario -El pleno aprueba la cesión de los terrenos de Endesa para la EDAR -La Xunta formará «empleados a la carta» que puedan afrontar cualquier tarea en As Pontes -La Xunta financiará los arreglos del pabellón deportivo escolar de A Magdalena, en As Pontes Arquivos
- Maio 2008 (53)
- Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (161) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||