2 de Maio 2008

O folk de Quempallou soará esta noite no auditorio municipal das Pontes

Diario de Ferrol. Unha fin de semana máis a música tradicional galega continúa a ser a protagonista da programación cultural das Pontes. Esta noite, tócalle o turno ao grupo de folk Quempallou, que a partir das nove subirase ao escenario do teatro Alovi para tocar os temas do seu último traballo, “Polo Aire”.


O acordeón de Roi Maceda, as gaitas de Guillermo Ignacio e Xulio Coira, o buzuki e guitarras de Isaac Millán, a mandolina de Xulio Abal, a percusión de Roi Adrio e o bombo de Xosé Maceda daranse cita no auditorio pontés nun concerto no que xunto aos temas do seu último traballo sumaranse os clásicos desta formación nacida no ano 1999.

A música de Quempallou caracterízase polos ritmos tradicionais galegos tentando conserva-la súa frescura orixinal, e ante todo buscando un estilo propio onde hai espazo para os pasodobres, as rumbas, as muiñeiras ou as polcas, por citar algúns exemplos.

O concerto dos pontevedreses inclúese dentro do ciclo Cultura Vai 4x4, organizado pola Consellería de Cultura e grazas ao cal xa pasaron polas Pontes grupos de gran relevancia como Faltriqueira e Fía na Roca. As entradas para o concerto custan 3 euros e 2 para os menores de 12 anos, maiores de 65 ou posuidores do Carné Xove ou de Estudante. Pódense mercar no Alovi entre as 12.00 e as 13.30 horas ou de 19.30 ata o comezo do espectáculo.

Exposicións e cine> Aínda qu e a actuación de Quempallou é o prato forte da programación cultural desta fin de semana nas Pontes non é a única opción. Así, os que prefiran unha tarde de cine poderán elixir entre “Horton”, para un público infantil, ou “Seda”, orientada a un público máis adulto. Ambos títulos proxectaranse mañá e o domingo no cine Alovi.

Ademáis, durante toda a fin de semana tamén será posible visitar a mostra “Sen Pinceis”. As artistas Sonia Sueiro e Gena Hernández son as responsables desta exposición onde prima a cor e as técnicas innovadoras. Pódese visitar ata o domingo na sala do Mercado Vello.

Publicado por alismile -- 2 de Maio 2008 as 07:48 AM 0 comentarios




Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Febreiro 2012 (25)
- Xaneiro 2012 (116)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Febreiro 2012
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29      




Xerado con
Movable Type 5.12