|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Amigus iTunes Podcast
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (149)
ArTe (103) As Pontes (1432) Axenda (298) Ciencia (20) Comarca (175) Conexións (297) Cultura (161) Deportes (235) Ecoloxía (9) Educación (28) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (36) EuroEume (78) Fotografía (130) Gastronomía (14) Hardware (538) Historia das Pontes (102) Humor (22) Linux/GNU (823) Log #irc (10) Mundo (258) Mundo Apple (584) Música (493) Na Web (996) Natureza (68) Novas (12) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (102) Piratería? (139) Ponteses (40) Recursos (4) Sanidade (13) Saúde Natural (43) Seguridade (282) SenFios (206) Software (469) SOS Mourela (191) Tecnoloxía (501) Tutoriais (7) Video Dixital (319) Videoteca (22) Windows (266) Zona Gamers (383) |
Maio 17, 2008Día das Letras Galegas´08: Xosé María Álvarez BlázquezXosé María Álvarez Blázquez (Tui, 5 de febreiro de 1915 - Vigo, 2 de marzo de 1985) foi un escritor (poesía, narrativa e ensaio), arqueólogo, investigador, e editor galeguista. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, con unha gran actividade que chega dende a literatura (novela, poesía, teatro) deica a investigación coma arqueólogo e a súa tarefa coma editor e gran galeguista, militando na Federación de Mocidades Galeguistas e no Partido Galeguista. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca.,vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa . Xosé María, Alfonso e Celso Álvarez Cáccamo, escritores os tres, advirten que a figura do seu pai ten máis relevancia na historia cultural recente de Galicia que o lugar que ocupa na historiografía. Os tres coinciden en sinalar que «a súa actitude modesta marcou o seu desinterese por figurar». Xosé María Álvarez Blázquez en 1945 foi finalista do premio Nadal coa novela En el pueblo hay caras nuevas. En 1950 fundou con Luís Viñas Cortegoso a Editorial Monterrey e premio Historia dos Xogos Florais de Vigo. En 1954 primeiro premio de poesía no Concurso dentro de Fillos de Vigo e premio Pondal de poesía do CEBA. En 1955 é premio Peréz Galdós de novela. En 1958 é premio Biografía da Asociación da Prensa de Vigo. En 1960 é premio Ramón Mourente e premio Valle Inclán nos Xogos Florais Minho-Galaicos, ademais de premio de novela López Cuevillas no I Certame Literario do Miño celebrado en Lugo, e premio especial Blas Agra sobre a historia do periodismo vigués. En 1961 é premio Álvares García de biografía , premio Josefina de Lema. Dedicou atención ao estudo da Arqueoloxía, que tivo como resultados os descubrimentos de laudas sepulcrais da época romana en Vigo, das industrias paleolíticas do Baixo Miño e das Gándaras de Budiño, de restos dunha instalación romana de obtención de aceite de oliva en Teis (Pontevedra), unha cisterna con enxoval funerario da época do bronce en Atios (Pontevedra), etc. Na investigación literaria descubriu a égola Belmiro e Benigno de Pastor Díaz, e realizou contribucións a época chamada da Decadencia (Escolma de Poesía Galega t.II), con investigacións que alcanzan ao teatro, as panxoliñas, a poesía lírica, a prosa político-social, a poesía panfletaria, o romanceiro, etc., da citada época. Xosé maría Álvarez Blázquez colaborou en diversos medios (BBC de Londres, Radio Vigo, Prensa de Galiza, Portugal e América, etc.) e pronunciou moitas conferencias en España e no mundo. Algúns dos seus poemas teñen sido musicados polos mestres Freitas Branco, Rodolfo halff-ter, Groba Groba e Ignacio Iglesias. Mostras da súa obra poética figuran en antoloxías de Enrique de Arcoaga, Varela Jácome, Fernández del Riego, González Alegre, etc. Súa novela En el pueblo hay caras nuevas, ten sido traducida o francés (Nogent-sur-Marne, 1969). Obras Narrativa Os ruíns, 1936 (relatos) El crimen de la isla verde, 1941 En el pueblo hay caras nuevas, 1945 (novela en castelán, finalista do Premio Nadal) Una cabaña en el cielo, 1952 Las estatuas no hablan, 1955 Crecen las aguas, 1956 A pega rabilongo e outras historias de tesouros, 1971 (narrativa infantil) Poesía Abril, 1932 Poemas de ti e de min, 1949 (poemario co seu irmán Emilio Álvarez Blázquez) Roseira do teu mencer, 1950 (poemario) Cancioneiro de Monfero, 1953 (poemario) Romance do pescador peleriño, 1954 (poemario) Escolma de epigramas, 1968 (poesía) Canle segredo, 1976 (escrito en 1954) (poemario) Teatro El zapato de cristal, 1947 Los pazos altivos, 1947 Ensaio El libro del por qué?, 1945 Arquitectura rural gallega. Un plano de Fray Manuel Caeiro, 1948 Industria paleolítica de la comarca de Tuy, 1949 Vigo, 1950 Romerías gallegas, 1951 O vencello espiritual dos Fisterres Atlánticos, 1951 Industrias paleolíticas do Baixo Miño, 1952 Escolma de poesía medieval, 1975 Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX, 1959Publicado por CyberMODE -- Maio 17, 2008 9:21 AM Comentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-El grupo malagueño Efecto Mariposa toca sus temas de éxito hoy en las fiestas de As Pontes
-As Pontes acoge una nueva edición del festival de folclore -La Wii alcanza el 'top 1' en EE UU -Toshiba lanza discos duros de 200 GB por plato -La Guardia y Cómplices, hoy, y Efecto Mariposa, mañana -El ´tsunami´ que viene -La beta de Opera Mobile 9.5, disponible para descarga -Google está preparando un cambio en su servicio Gmail que proporcionará a los usuarios mayor control sobre sus listas de contactos -As Pontes inició sus fiestas a ritmo de guitarreo -Narón, Valdoviño y As Pontes recibieron a 27 niños saharauis Arquivos
- Xullo 2008 (113)
- Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||