28 de Maio 2008

Industria asegura que aínda non hai localización alternativa para Ence

[Diario de Pontevedra] O conselleiro de Industria, Fernando Blanco, asegurou este martes que non existe unha localización alternativa para o traslado de Ence da ría de Pontevedra e que esta decisión non corresponde ao Goberno galego, senón á empresa.

"Nin o Porto Exterior da Coruña, nin de Ferrol, nin As Pontes", sentenciou Blanco, á vez que reiteraba que existe un grupo de empresarios que prevé presentarse ao próximo concurso eólico cun plan industrial vinculado ao traslado da fábrica de Lourizán.


O proxecto, que suporía a creación dunha nova firma -con parte do capital galego e o resto de Ence- incluiría a construción dunha nova planta fóra da ría, pechando o ciclo do papel en Galicia.

En todo caso, Fernando Blanco defendeu a "capacidade e liberdade" dos empresarios que impulsan este plan para elixir a localización da factoría.

Un proxecto ''desexable'' para Galicia
Con todo, aclarou que a localización deberá ser avalada polos distintos departamentos autonómicos -Vivenda, Medio Ambiente, Política Territorial e Industria-, que velarán polo respecto ás leis e ao medio ambiente.

"Non sabemos se se fará realidade", dixo o conselleiro, aínda que subliñou que o proxecto sería "desexable e importante" para Galicia.

Á marxe desta posibilidade, Fernando Blanco destacou a importancia de que a concesión de potencia eólica se vincule aos plans industriais, de forma que xere un beneficio para a comunidade, e apuntou que os 2.325 megawatts que se adxudicarán suporán un volume de negocio superior aos 5.000 millóns de euros.

O PPdeG preocúpase polo emprego
Fronte ao optimismo do conselleiro, o parlamentario do PPdeG Manuel Ruiz Rivas expresou a preocupación do seu grupo porque se garanta a libre concorrencia e competencia dos concursos públicos, e acusou ao Executivo autonómico de reclamar "unha prudencia e discreción" da que carecen.

Ruiz Rivas asegurou que máis aló de "filtracións interesadas", o problema de fondo é que o traslado de Ence supón un custo de 600 millóns de euros mentres o futuro dos 500 empregos directos e os 1.200 indirectos da planta queda "sen aclarar".

Pola súa banda, Fernando Blanco replicou que agora hai un concurso "transparente e definido" en oposición ao que ocorría co Goberno do PP, e advertiu que serán os cidadáns nas urnas os que xulguen o traballo do Executivo autonómico.

O conselleiro acusou ao PPdeG de intentar "abrir un debate en falso" en base a "especulacións" para buscar réditos electorais. Na liña se expresou o parlamentario socialista Manuel Galego Lomba, quen se queixou da "falta de rigor" do PP.

''O Goberno decide quen comparece''
Sobre a polémica desatada no Parlamento galego polo cambio de última hora nas comparecencias, onde Fernando Blanco substituíu ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, o conselleiro asegurou que acudiu el porque así o decidiu a Xunta, ao abordarse un tema da súa competencia.

Unha explicación que non convence aos populares, que cren que o anuncio da comparecencia de Quintana produciu "urticaria" na parte socialista do Executivo galego, e "por iso foi vetado", advertiu Ruiz Rivas.

Publicado por CyberMODE -- 28 de Maio 2008 as 08:22 AM 0 comentarios




Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Febreiro 2012 (25)
- Xaneiro 2012 (116)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Febreiro 2012
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29      




Xerado con
Movable Type 5.12