|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (155)
ArTe (103) As Pontes (1599) Axenda (323) Ciencia (20) Comarca (211) Conexións (302) Cultura (169) Deportes (295) Ecoloxía (29) Educación (32) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (38) EuroEume (82) Fotografía (137) Gastronomía (14) Hardware (543) Historia das Pontes (102) Humor (22) Linux/GNU (852) Log #irc (11) Mundo (259) Mundo Apple (593) Música (518) Na Web (1027) Natureza (100) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (104) Piratería? (144) Ponteses (56) Recursos (4) Sanidade (14) Saúde Natural (43) Seguridade (289) SenFios (206) Software (478) SOS Mourela (193) Tecnoloxía (507) Tutoriais (7) Video Dixital (326) Videoteca (24) Windows (268) Zona Gamers (390) |
Xullo 3, 2008Ancorados no pasado[La Opinión de A Coruña, por OSCAR LOSADA] A programación do Festival de Ortigueira decidiu contratar ás bandas Boys of the Lough e The Dubliners porque eran débedas pendentes que tiña o festival desde hai moitos anos. Existen bastantes formacións de sona que non pasaron nunca polo escenario ortegano e a algunhas, como as contratadas, penso que xa se lles pasou o tempo de acudir ao evento porque agora non son grupos de primeira liña, como se debe esixir a un certame cun orzamento de 700.000 euros, e non van aportar ese grao de excelencia propio dun certame tan importante. Isto amosa certa curtedade de miras, descoñecemento da actualidade musical e unha visión demasiado suxeita ao pasado, e de ser así hai nomes históricos que non debutaron en Ortigueira que aportarían moito e, por exemplo, acertaron plenamente coa contratación dos Moving Hearts. Tanto este grupazo irlandés como as excelentes Värttinnä constitúen pratos fortes, mais un festival como o de Ortigueira necesita outros concertos dese mesmo nivel. En canto á representación galega hai cousas boas, pero tamén se bota de menos algo máis potente. A programación do xoves pode quedar resultona para un festival pequeno, pero de Ortigueira espérase máis. É triste constatar como grupos de pasado exitoso e presente menos glorioso seguen a ser referencias chamativas, o que significa que o labor de divulgación do folk ten un grave problema. Incluso un festival de bo gusto á hora de programar, o da Fraga en As Pontes, sucumbe este ano ao poder do pasado ao fichar a Gwendal para o cartel. Víronos nos últimos tempos en directo ou só estarán alí polo nome? Se vemos os cartos que ten Ortigueira e os de Zas e comparamos as programacións para este ano veremos quen actúa con maior lóxica. Por certo, os lusos de A Quadrilha, que volven a Zas no 25 aniversario, parabéns polo cumpreanos aos organizadores, tampouco estiveron nunca en Ortigueira e polas súas características son un grupo perfecto para actuar alí. O festival de Ortigueira tarda demais en dar a coñecer a súa programación e continúa a dar certos paos de cego que ao mellor se evitaban dando un paso cara á profesionalización no seu organigrama. Publicado por CyberMODE -- Xullo 3, 2008 8:47 AMComentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-Vídeo: O Conselleiro de Ambiente explica como se corrixe o aumento de acidez detectado no Eume
-Depeche Mode, anuncia el 'Tour of the Universe 2009' -Google y Yahoo! aplazan su asociación para publicidad en Internet -Deutsche Telekom reconoce el robo de datos a 17 millones de clientes en 2006 -Segunda vitoria. As Pontes 2 Tordoia 0. -La emigración y el envejecimiento dejan vacíos 30 pueblos cada año en Galicia -O As Pontes quere seguir no bo camiño -Liga Nacional Xuvenil As Pontes 2 Areosa 1 -Bielorrusia 0 España 4 ... Goooool de Rochelaaaaaaaaaaaaa -Estreno do Alevín B. As Pontes 1 Numancia Ares 9 Arquivos
- Outubro 2008 (38)
- Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||