|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Amigus iTunes Podcast
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (152)
ArTe (103) As Pontes (1474) Axenda (305) Ciencia (20) Comarca (190) Conexións (298) Cultura (162) Deportes (247) Ecoloxía (24) Educación (28) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (38) EuroEume (80) Fotografía (132) Gastronomía (14) Hardware (539) Historia das Pontes (102) Humor (22) Linux/GNU (837) Log #irc (11) Mundo (258) Mundo Apple (588) Música (504) Na Web (1010) Natureza (86) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (103) Piratería? (142) Ponteses (46) Recursos (4) Sanidade (13) Saúde Natural (43) Seguridade (284) SenFios (206) Software (471) SOS Mourela (192) Tecnoloxía (505) Tutoriais (7) Video Dixital (322) Videoteca (23) Windows (267) Zona Gamers (387) |
Xullo 3, 2008BNG Local: SEN PISOS PARA A XUVENTUDE E CO CHAMOSELO “MORTO”A ABSTENCIÓN DO PP E O VOTO EN CONTRA DO ALCALDE IMPEDIRON APROBAR A PROPOSTA DO BNG. O GOBERNO MUNICIPAL ADMITE A CATÁSTROFE ECOLÓXICA DO RÍO. Na sesión do Pleno do Concello celebrada hoxe debatíase unha moción do Grupo Municipal do BNG que, asumindo unha iniciativa de Galiza Nova das Pontes, pretendía que se sacara a concurso unha parcela municipal duns 760 m2 situada preto da pisicina municipal para a urbanización e construcción de vivenda de protección autonómica dirixida á xuventude pontesa, unha proposta valorada de forma positiva pola Consellaría de Vivenda e Solo nun acto celebrado o mes pasado no Lar, Consellaría coa que se propoñía, tamén, a sinatura dun convenio; todas as actuacións deberían desenvolverse no presente ano. A posición indiferente e calculada do único concelleiro do PP e a oposición do grupo de goberno do PSOE fixeron que a proposta nacionalista fora rexeitada, sen alternativa algunha. Tamén no mesmo Pleno, a Concelleira de Participación Veciñal afirmaba que o río Chamoselo “está morto”, mentras que o Alcalde admitía coñecer a catástrofe dende facía un ano. Para o BNG é evidente a pasividade do Concello, que se ven a sumar á das Consellarías de Medio Ambiente e da COTOPT, tamén no ámbito socialista. O Grupo Municipal do BNG demostrou tales afirmacións durante o Pleno realizando un conxunto de preguntas baseadas na Declaración de Impacto Ambiental da autovía e noutras regulamentacións ambientais, preguntas que non foron contestadas polos responsables municipais. Para o BNG, poderiamos estar diante dun delito ecolóxico agravado ou, cando menos, dunha infracción ambiental moi grave. Nota de prensa enviada polo Responsábel Local do BNG Publicado por CyberMODE -- Xullo 3, 2008 6:52 PM Comentarios
Pos terei que ver o pleno para enterarme dos argumentos en contra, porque non o entendo moi ben, a que molesta que se fagan vivendas de promoción autonómica ? En fin !! Publicado por : Carmen -- Xullo 3, 2008 8:55 PMA concienciación do Sr que figura como alcalde e da súa corporación é nula, nin importa o río, nin a xente nova... e os postos de traballo ben se sabe para quen son. Sen pisos prá xuventude e có río Chamoselo morto xa estamos dende hai anos... Publicado por : jatomiau -- Xullo 3, 2008 11:00 PMTen razon Jatomiau, sen pisos e sen rio xa estamos fai anos, a verdade e que este pobo ten mala sorte politicamente, todolos politocos que pasaron por este pobo dende o ano 1975 foron un fracaso, desaproveitouse a entreda de endesa nas pontes, nos anos 90 endesa se alguen lle pedira oubera dado o que fora, agora xa e tarde endesa non da un duro Chegou o ano 1998 con plan da mineria e mais do mesmo un total desaproveitamento, efectivamente creamos emprego si, pero xa vedes Galparket con salarios minimos. Einsa salarios algo mais altos pero xornadas que dan pena, puteos etc etc. Italtel fracaso total, de casualidade que Arteixo telecon tivo que cerrar en arteixo senon oxe non estaria nas pontes e Italtel estaria a monte En fin, o resto xa sabemos o que e, empresarios do pobo que xa coñecemos todos Agora temos outro plan da mineria ata o 2012, e penso que este alcalde non esta a altura, vamos a perder de nobo outro plan da mineria pero ..... o malo e que xa non hai mas plansda mineria e como este no no aproveitemos estamos jodidos, eu non quero falar mal nin do Bng nin do PSOE pero ningun dos dous lles importa este pobo, o PP esta roto e me pregunto quen vai facer algo por nos ? Publicado por : merlin -- Xullo 3, 2008 11:45 PMpero mira que son espabilados estos do bloque mais os seus " ladrillos", agora acordanse dos pisos para a xuventude , e fai un ano, esto lles importaba un carallo, que facil e facer demagoxia, pero o importante e que antes non fixeron,eso nin nada, e agora e moi facil ladrar dende a oposicion e propoñer o que non fixeron nin farian. O Hixino bebe agua o leva mes e medio sen beber auga? era pouco metelo na carcere a el e a todos os demais benegos Publicado por : galloso -- Xullo 4, 2008 1:00 AMEu non sei os metros que fan falla para un xeriatrico pero por a excusa do xeriatrico para botar a baixo unha boa idea do BNG non me pareceu ben, unha cousa non quita a outra. Se o alcalde pide un xeriatrico ben feito, pero se o BNG propon unhas vivendas de protección autonomica tamen ben feito. Non entendín o voto en contra do PSOE. E Juan o do PP se non ten iso claro que dimita, por que o que hay que ter claro e que todo o que se propoña traer para As Pontes ten que ter voto a favor. Sexa para novos ou para maiores. Publicado por : jose -- Xullo 4, 2008 1:05 AMPolo que dixeron no pleno o da auga ocorreu hay mes e medio pero eles enteraronse onte. Se eses analises son verdade, e non teñen por que non selo, e preocupante... Publicado por : jose -- Xullo 4, 2008 1:11 AMHixinio bebe gaseosa, valentin martinis e juan cocacola... Rio morto? Eu coido q mais ben rio asasinado... A declaracion de impacto ambiental da autovia? Xa se veu co do circulo da mourela. E o de q o bng solicite a paralizacion das obras da autovia? Unha tomadura de pelo para os q nos rompimos os cornos para q continuasen as escavacions arqueoloxicas mentras kiko e cia falaban da necesidade d rematar as obras canto antes... En fin mais do mesmo Publicado por : anton -- Xullo 4, 2008 2:45 AMSi, mais do mesmo, da igual BNG que PSOE, son os dous igualiños Unhos non fixeron nada e estes tampouco Publicado por : carlos -- Xullo 4, 2008 1:30 PMINDIGNANTE!!!!!!!! Publicado por : ANA -- Xullo 4, 2008 1:45 PMSe os analeses da consellería de Medio Ambiente non son fiables,¿que pasa cos do Sergas? ¿teremos que facer analisis paralelos? ¿e se non tes cartos pa fecelos? está claro que o que digan os estamentos oficiais non sirven pa nada, "según algúns". Publicado por : analitico -- Xullo 4, 2008 2:36 PM Bueno pois xa vin o pleno(traballiño me costou e vergonzoso escoitar alguns edils) e xa poido opinar con coñecemento de causa, fixenme ilusións pero so era unha demagoxia mais do Bng, ao fin e ao cabo segùn o alcalde a dichosa parcela xa esta a disposiciòn da Xunta. Carmen, q pleno viches? porque o que vin eu pola tele local os que daban vergoña eran os do psoe, que da igual a quen lle preguntes que so saben contestar 2, e os outros non se enteran da misa a medias, ou non viches como tivo que sair a montse en defensa do concellal de medio ambiente (en especial este fixo o ridiculo, dando a coñecer publicamente que non sabe nada do tema) e da de cultura (ou eso din que é porque non hai quen a atope por ningures) O goberno é vergonzoso. E vale que os do bng non fixeran cousas cando debian, pero vale eso como disculpa para non facelo agora?As criticas dos do psoe era que os anteriores non facian nada, sendo obxectivo, deberian recoñecer que agora non vai mellor, mais ben peor. Publicado por : Eu -- Xullo 5, 2008 8:13 AMEu, teria o PSOE que reconstruir a Mourela que se destrozou gracias o BNG e vostede? Publicado por : Sr. Eu -- Xullo 5, 2008 2:09 PMO Chamoselo destrozado, sobre o Eume estamos á espera de que Medio Ambiente (PSOE) e Política Territorial (PSOE) digan algo serio. O informe do laboratorio independente, de hai un ano (maio do 2007), foi contratado polo BNG cando aínda gobernaba. Que fixo este Goberno Municipal (PSOE) neste ano, que fixeron as Consellarías de Medio Ambiente (PSOE) e Política Territorial (PSOE). Como estará a Fonte das Boliqueiras, un misterio. Pero da igual, secia a culpa é do BNG, ou dun extraterreste, porque xa sabemos que o PSOE non goberna, só promete fantasías. Ánimo, de propaganda tamén se vive. Saúde e EUME. Publicado por : Eume -- Xullo 5, 2008 4:02 PMA verdade e que estamos en OFF, eu son totalemente apolitico pero considerome da esquarda blanda por iso voto PSOE dende sempre, por este pobo pasaron alcaldes e gobernos de todalas clases, unos malos outros non tan malos pero bon ningun, ainda que o que mais me gustou foi Vicente pero tampouco se lle deixou demostralo Recoñezo que agora mesmo estamos cun goberno nefasto, so esisten dous concellais mais o alcalde o resto nin se enteran nin se enteraran porque nin son socialistas ni son politicos nin lles gusta a vida que ser politico conleva Creo que Valentin tiña que remodelar o goberno antes de que se lle vaia das mans, aqueles concellais que non sirven ou non queren que deixen o posto a aqueles que si poden valer e ademais velar polo pobo e sobre todo que sexan xente da casa ( que non todos os que ten agora o son )e ten mais de un Creo que as pontes esta perdendo un tempo precioso , xa levamos un ano e seguimos nas mesmas, nada de nada, eu entendo un pouquiño destas cousas porque xa teño unhos cuantos anos e gustame a politica, oigo escoito e vexo o que se di polo pobo ( son bos rapaces o pero non valen pa gobernar )iso transformarese no ano 2011 en 3 ou 4 concellais nada mais o resto ira a que o pobo decida pero eu coñezo moita xente que agora mesmo non votaria psoe Valetin renoba o goberno antes de que te vote o pobo e ponte a traballar Publicado por : tony -- Xullo 5, 2008 6:24 PMLeire Pajín: "Ser la 'número tres' es un verdadero honor" Menuda cara de filla de puta que ten a paisana, esta tia axudara a arruinar españa Publicado por : mi -- Xullo 6, 2008 3:06 PMxa temos outro partido de dereitas, o sindicato xa leva tempo na dreita e agora o PSOE tamen que bonito, PP, Psoe e UGT asi gaña sempre a dereita Publicado por : agus -- Xullo 7, 2008 1:58 PMSusana tes uns collos de carallo. Protestas pola ncesidade de vivenda en as pontes. Estas de broma non? Sabes cantas vivendas hai sen uso nas pontes? demagoxia ba ra ta. E o do xeriatrico é de coña, ainda recordo a vitolo nas novas urxentisimas da tele local o dia antes das anteriores eleccios que dicia que se lle votaban prometia un xeriatrico publico para as pontes. Gobernou....E ONDE ESTA O XERIATRICO? ONDE SUSANA?EN 760 M2 OU EN NINGURES? QUE DEMAGOXIA MAIS BARATA A DO BNG MADRE MIA. Publicado por : ramon -- Xullo 8, 2008 11:40 AMA maioria das vivendas sen uso ou en ruinas ainda teñen dono enterao.. Publicado por : Jejeje -- Xullo 8, 2008 1:02 PMEngade un comentario
|
Novas Recentes
-Arteixo Telecom presenta un GPS para caballos de carreras de larga distancia
-Galicia declarará bien de interés cultural 48 yacimientos megalíticos -La gran proyección de Rochela -El DNI electrónico se podrá usar en 14 países europeos -CampusMac 2008: Entrevista a KBG -La industria de los videojuegos amenaza a 25.000 británicos por compartir juegos en Red -Medio Ambiente replica a Verdegaia que si cierra las térmicas se acabará la luz -Portugal 0 España 1. Rochela titular -El plazo de inscripción en la Amigus Party finaliza mañana -Verdegaia dice que las emisiones de GEI aumentarán un 37% hasta 2012 pese al plan de la Xunta Arquivos
- Agosto 2008 (64)
- Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||