|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Amigus iTunes Podcast
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (154)
ArTe (103) As Pontes (1484) Axenda (305) Ciencia (20) Comarca (198) Conexións (299) Cultura (162) Deportes (250) Ecoloxía (27) Educación (29) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (38) EuroEume (81) Fotografía (132) Gastronomía (14) Hardware (540) Historia das Pontes (102) Humor (22) Linux/GNU (838) Log #irc (11) Mundo (259) Mundo Apple (588) Música (506) Na Web (1015) Natureza (92) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (103) Piratería? (143) Ponteses (47) Recursos (4) Sanidade (13) Saúde Natural (43) Seguridade (285) SenFios (206) Software (473) SOS Mourela (193) Tecnoloxía (506) Tutoriais (7) Video Dixital (323) Videoteca (23) Windows (267) Zona Gamers (387) |
Xullo 18, 2008Euroeume modifica os seus estatutos na Asemblea Xeral da AsociaciónOnte, xoves 17 de xullo, celebrouse, na casa da Cultura de A Capela, a Asemblea Xeral da Asociación Euroeume. No transcurso da mesma, ademais de aprobarse as Contas anuais da asociación durante a sesión ordinaria, houbo unha convocatoria extraordinaria na que se acordou modificar os estatutos e a composición da Xunta Directiva, e se explicou como se van organizar as mesas sectoriais no territorio de cara á preparación da candidatura para o Leader 2007-2013. Durante Asamblea Ordinaria, á que asisitiron representantes dunhas 30 entidades asociadas, aprobáronse por unanimidade as contas anuais do ano 2007, e o Orzamento para o ano 2008, que ascende á cantidade de 687.000 €. Ademais presentouse a memoria de actividades do ano 2007, ofrecéndose información sobre os proxectos que está a desenvolver Euroeume (Xornal Pegadas, Castello de Moeche, Universidade Rural, ...) e sobre aqueles que apoiu durante o 2007 a través das axudas do Leader +, (casas de turismo rural, xeriátricos,...) A Asamblea Extraordinaria comezou xusto a continuación, e nela único punto do día era a modificación dos estatutos da asociación para adaptalos á realidade da asociación e á nova convocatoria do Leader, así como informar da maneira en que se van estruturar as mesas sectoriais que deben dar contido á candidatura que presente Euroeume para o Leader, e que tamén decidirán que entidades de cada mesa van formar parte da futura Xunta Directiva da Asociación. Un dos puntos que maior interese suscitou foi a modificación da Xunta Directiva, que pasa de estar formada por 14 membros a unha composición de 21 cargos. Nesta nova Directiva estarán presentes 10 persoas en representación do sector público: os alcaldes dos nove concellos que abrangue Euroeume e a Deputación Provincial. Os restantes once cargos serán elixidos polas mesas sectoriais de entre as asociacións que participan en Euroeume. Desta maneira manterase a estrutura da Xunta Directiva, con maioría das asociacións non lucrativas sobre as administracións públicas. Esta modificación foi aprobada por unha abrumadora maioría de 24 votos a favor e un en contra. Outro punto de discusión sobre o funcionamento da Xunta Directiva centrouse na posibilidade da delegación de voto das persoas ausentes na Xunta Directiva. Finalmente acordouse por unanimidade que cada entidade representante dunha mesa sectorial teña marcado un sustituto para cubrir posibles ausencias cando se celebren reunións da Xunta Directiva. Acordouse tamén o calendario de traballo para establecer o Plan Estratéxico da Asociación para os próximos anos. Marcáronse as primeiras datas para convocar as mesas sectoriais, ás que están convidadas todas as persoas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento do territorio. Publicado por CyberMODE -- Xullo 18, 2008 1:52 PMComentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-El Ayuntamiento creará una comisión multidisciplinar para diseñar los usos del futuro lago
-Batido de calcio para combatir la enfermedad del Eume -La Xunta estudia sanciones si se confirma que la muerte de peces en el río Eume se debe a un vertido de obras -La Xunta aprueba una inversión de 5,6 millones de euros para la depuradora de As Pontes -Steinberg anuncia Cubase 4.5 y Cubase Studio 4.5 -Creative presenta los nuevos altavoces Gigaworks T40 y T20 Series II -El Concello de As Pontes planea ampliar la oferta de ocio más allá de la romería de A Fraga -El PPdeG acusa a Medio Ambiente de retrasar la ejecución de depuradoras -Sony lanzará en noviembre la televisión de LCD más delgada y ligera del mundo -Lanzada una segunda beta de Explorer 8 para un público más amplio Arquivos
- Agosto 2008 (95)
- Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||