|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3147) Axenda (769) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (418) Cultura (230) Deportes (1558) Ecoloxia (163) Educacion (97) Empresas (305) Emuladores (9) Enerxia (265) Enquisas (47) Especiais (68) EuroEume (111) Fotografia (176) Gastronomia (30) Hardware (590) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (788) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1240) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (188) Pirateria? (276) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (28) Saude Natural (45) Seguridade (349) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (567) Tutoriais (9) Video Dixital (387) Videoteca (48) Windows (304) Zona Gamers (448) |
29 de Setembro 2008Nota de Prensa BNG: INDUSTRIA INFORMA, EN RESPOSTA AO BNG, QUE ADIANTARÁ ESTE ANO CON FONDOS PROPIOS MÁIS DE UN MILLÓN DE EUROS DOS COMPROMETIDOS POLO ESTADO NO PLAN MINER PARA AS PONTESO deputado Fernando Blanco denuncia no Parlamento que o Ministerio de Industria segue sen pagar nin un céntimo dos 14,9 ME comprometidos para infraestruturas Santiago de Compostela, 26 Setembro 08.- O deputado do BNG Fernando Blanco Parga vén de formular na Comisión de Industria do Parlamento unha pergunta oral sobre os 14,9 ME que lle corresponden á comarca das Pontes como pagamento das infraestruturas contempladas dentro do Plan Miner II para os anos 2006-7. O deputado nacionalista lembrou que o pleno do Parlamento ten aprobado unha proposición non de lei, defendida polo BNG, na que se demandaba que o Ministerio de Industria presentase de xeito inmediato os convenios necesarios para os convenios de colaboración específicos necesarios para levar adiante estas infraestruturas. Entre as actuacións contempladas atópanse a execución da estrada Ferrol-Vilalba no treito de Cabreiros-Vilalba e once actuacións que asceden a 14,9 millóns de euros. No referido ás obras da autovía, o director xeral de Industria, Anxo Calvo indicou que se ten asinado en decembro de 2007 un convenio de colaboracion específico entre o Instituto da Minaría e do Carbón, a Consellaría de Política Territorial, e a de Innovación e Industria para a execución do treito Cabreiros-Vilalba por un importe de 12,9 ME. Nese mes, tal e como indicou o director xeral, remitíuse a documentación de adxudicación da obra para que pagasen a anualidade de 2007 (50% de 8,4 ME) mais, “logo de pór moitas desculpas, trécolas administrativas, a día de hoxe non temos constancia de que o Instituto fixese ningún pagamento”. Asi as cousas, a Consellaría comprometeuse a “realizar todos e cada un dos proxectos previstos e adiantar o seu pagamento para evitar maiores dilacións. Tramitación longa e difícil Calvo informou da situación actual dos principais proxectos: o departamento galego terá redactado a finais deste ano os documentos técnicos do polígono industrial de Penapurreira, en virtude dun convenio asinado coa Consellaría de Vivenda, con un custe estimado de 1.000.000; elaboración do proxecto construtivo estrada Airíos-Momán (que terá un investimento total de 200.000 euros); terreos para a EDAR e colector de augas a Penapurreira, neste tema, o concello das Pontes trasladou un anteproxecto de EDAR que está pendente da sinatura do convenio para a adquisición de terreos e redacción do proxecto de colectores a Penapurreira e pendente de que o concello remita unha estimación dos custes; a dotación de infraestruturas de gas a Airíos e Penapurreira segue pendente; na estación de augas depuradoras, a Consellaría ten redactado convenio de colaboración con Medio Ambiente por importe de 150.000 euros para a redacción do proxecto da EDAR cara finais de 2008. Calvo lembrou que, unha vez rematada a fase de redacción de proxectos, o paso seguinte será remitírnosllos ao Instituto “para facer o convenio específico consonte ao protocolo asinado con este organismo”. “Se o organismo non varía o comportamento que amosou no pasado, de rixidez administrativa e sen contemplar suxestións formuladas dende o Goberno Galego, pódese prever unha longa e difícil tramitación”, concluíu o director xeral. O deputado do BNG criticou tamén duramente a actitude do goberno estatal e instouno a cumprir co comprometido para un período temporal que xa rematou. Publicado por CyberMODE -- 29 de Setembro 2008 as 11:25 PM 0 comentarios |
Novas Recentes
-El Tribunal Supremo admite a trámite la demanda para suspender la Ley Sinde
-Endesa movió ya por mar casi 600.000 toneladas de carbón -PARTIDO DE ALEX CABARCOS NA MADROA -Horarios competición Club Baloncesto As Pontes 11/12 de Febreiro -Nota de prensa CIG: A UNIÓN LOCAL CIG-AS PONTES ALERTA DA SITUACIÓN DE DESEMPREGO QUE SE ESTÁ A PADECER NO CONCELLO DE AS PONTES -Cierra el portal de intercambio de archivos BTjunkie -LIGA GALEGA DE RUGBI: CONTUNDENTE VITORIA DO FENDETESTAS SOBRE O CRAT DA CORUÑA (50-0) -Resultados da fin de semana do CB AS PONTES -Los emprendedores exigen al Gobierno más medidas para reactivar la economía -En 2011 se vendieron 488 millones de smartphones, frente a 415 millones de PC Arquivos
- Febreiro 2012 (25)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||