|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3147) Axenda (769) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (418) Cultura (230) Deportes (1558) Ecoloxia (163) Educacion (97) Empresas (305) Emuladores (9) Enerxia (265) Enquisas (47) Especiais (67) EuroEume (111) Fotografia (176) Gastronomia (30) Hardware (590) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (788) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1240) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (188) Pirateria? (276) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (28) Saude Natural (45) Seguridade (349) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (567) Tutoriais (9) Video Dixital (387) Videoteca (48) Windows (304) Zona Gamers (448) |
8 de Xaneiro 2009O misterio do vaso campaniforme da Vilavella – Capítulo VIIILogo dun descansiño durante o Nadal, retomamos de novo a publicación de artigos relacionados co vaso campaniforme da Vilavella, recentemente “desaparecido” da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta ocasión ofrecémosvos a transcricción dun artigo publicado na revista das Festas do Carme e a Fraga no ano 1993. Nel, o Grupo Arqueolóxico Federico Maciñeira fai un percorrido pola prehistoria das Pontes, a través da bibliografía do investigador ortigueirés. Grupo Arqueolóxico Federico Maciñeira, «A prehistoria de As Pontes na bibliografía de Maciñeira», Revista das Festas do Carme e a Fraga, As Pontes: Concello das Pontes, 1993, p.59: A prehistoria de As Pontes na bibliografía de Maciñeira. ![]() Grupo Arqueolóxico Federico Maciñeira. E nada mellor que recordar un anaco da introducción do artigo “La distribución de las estaciones prehistóricas ortegalesas y sus características” no Boletín de la Academia Gallega en agosto de 1935. “Pues tanto y en ese amplio y plano valle de formación terciaria y diluvial perteneciente a la villa de Puentes de García Rodríguez, cuanto en las colinas y sierras que lo contornean, aparecen por todos lados –aún aparte de los que hayan podido ser arrasados en las zonas de cultivo– gran número de túmulos, allí denominados medoñas, la mayoría de ellos agrupados en los lugares incultos que el tojo y el brezo recubren por completo. Llegando en mis perseverantes exploraciones a descubrir más de cien en espacio tan relativamente limitado,…” No ano 1929 xa publicara na colección dos Arquivos do Seminario de Estudios Galegos, Seizón de Prehistoria un artigo titulado “Notable grupo de círculos líthicos y túmulos dolménicos de la cuenca superior del Eume”, onde describe os circos de pedra (que logo foron destruidos pero que aínda conservan a súa pegada), e os cinco túmulos de A Mourela. Descríbenos as dúas medoñas recentemente escavadas polo arqueólogo J. Eguileta e do circo menor cóntanos que realmente eran dous circos concéntricos de pedra. Da medoña que está ó lado do depósito de auga, recentemente construido, cóntanos que xa fora violada polos campesiños, e do circo grande dinos que xa estaba parcialmente destruido. Das outras dúas mámoas situadas a ambos lados da actual carreteira, descríbenos as súas escavacións. No ano 1941, en Atlantis: Actas y memorias de la Sociedad Española de Antropología, Etnografía y Prehistoria. Madrid. publica un interesante e longo artigo: “El vaso campaniforme y condiciones de sus intactos yacimientos tumulares en la estación de Puentes, del Cabo Ortegal.” Relata as súas escavacións na Vilavella, na cista 245, da que hoxe aínda se conservan algúns chantos, onde atopara uns cachiños de cerámica campaniforme, e tamén outros anacos na 219, que viña a estar a altura da antigua telleira da Veiga dos Mouros. Relata tamén os descubrimentos do profesor La Iglesia no 1893 de dous vasos campaniformes, logo reconstruidos, (e que puidemos mostrar a este pobo nunha exposición o pasado ano por xentileza da Universidade de Santiago) atopados nunhas medoñas da Vilavella que xa non chegamos a coñecer (aproximadamente na zona da antiga Ceasa). Tamén nesta obriña publica o “Plano Arqueológico de la comarca de Ortigueira en las épocas Prehistórica y Romana”, que comprende os concellos de Cariño, Ortigueira, Cedeira, Cerdido, Mañón, Somozas e As Pontes, plano que de tanta axuda nos foi para reecontrar as medoñas nos montes desta comarca. Maciñeira xa se ocupara destes vasos nun artigo no Boletín de la Real Academia Gallega no Marzal de 1927 que titulaba “Los vasos campaniformes de la Colección La Iglesia”. E sucesivamente, nos números de Abril e Agosto de 1942 e Maio do 1943, no Boletín de la Real Academia Gallega publica “Túmulos prehistóricos: Inventario descriptivo de los doscientos ochenta y seis túmulos prehistóricos hasta ahora descubiertos en la avanzada comarca del Cabo Ortegal”, obra que quedaría incompleta o morrer neste último ano. Así, os do noso concello empezarían nos números 219-220 no lugar de Bidueiro, na Vía Faladora, ata os 276-278 de Montouto en Ribadeume. E finalmente, como obra póstuma, no ano 1947, prologada por Fermín Bouza Brey, edítase o libro “Bares. Puerto Hispánico de la primitiva navegación occidental”, que consta de varios capítulos. No primeiro, chamado “El solar de la tribu y el camino hacia el mar”, arranca… “La altiplanicie de Puentes de García Rodríguez, que forma la cuenca superior del Eume –tal vez río sagrado a semejanza del famoso Ganges, del Jumna, Kavery y otros, debido a los campos de tumbas milenarias que atraviesa–…” e descríbenos as tumbas da Vía Faladora, desde as primeiras (hoxe desaparecidas e que se atopaban detrás do actual cemiterio) ata as últimas xa cerca do Faro de Bares. E no capítulo cuarto “Deducciones”, vólvenos a recordar, acompañando de debuxos e fotografías, os circos líthicos da Mourela, os campaniformes, as medoñas oviformes de Portorroibo, etc. Vaia este exemplo da ampla divulgación que na primeira metade do século tiña o coñecemento da nosa Prehistoria local, para recordarnos a importancia do coidado nos nosos xacementos, que reiteradamente se nos ofrecen como uns dos máis importantes de Europa. Publicado por mourelo -- 8 de Xaneiro 2009 as 09:05 AM 0 comentarios |
Novas Recentes
-El Tribunal Supremo admite a trámite la demanda para suspender la Ley Sinde
-Endesa movió ya por mar casi 600.000 toneladas de carbón -PARTIDO DE ALEX CABARCOS NA MADROA -Horarios competición Club Baloncesto As Pontes 11/12 de Febreiro -Nota de prensa CIG: A UNIÓN LOCAL CIG-AS PONTES ALERTA DA SITUACIÓN DE DESEMPREGO QUE SE ESTÁ A PADECER NO CONCELLO DE AS PONTES -Cierra el portal de intercambio de archivos BTjunkie -LIGA GALEGA DE RUGBI: CONTUNDENTE VITORIA DO FENDETESTAS SOBRE O CRAT DA CORUÑA (50-0) -Resultados da fin de semana do CB AS PONTES -Los emprendedores exigen al Gobierno más medidas para reactivar la economía -En 2011 se vendieron 488 millones de smartphones, frente a 415 millones de PC Arquivos
- Febreiro 2012 (25)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||