17 de Xaneiro 2009

As chagas do patrimonio

[El País, Por Oscar Iglesias] As "pexas asumidas" adían o debate sobre difusión e exhibición arqueolóxica - "As feridas abertas entre Universidade, empresa e Administración non estiñaron"

Arredor de 3.500 castros, entre 7.000 e 8.000 mámoas, preto de 2.000 petroglifos e uns 15.000 xacementos, segundo estimacións oficiais, compoñen a posible suma dos elementos arqueolóxicos do país. O inventario, como tal, está en papel. "Logo de tantas campañas non debería haber problemas nese campo", ironiza Francisco Fariña, director do Museo Arqueolóxico de Ourense. "Pero os números non teñen significación se non inclúen cronoloxía e desenvolvemento interno. Cada xacemento debe ser coñecido per se, e o número non pode ser desculpa para a destrución sen investigación previa".


A cuestión da conservación encerella un tema, a reconstrucción histórica do pasado, con moitas contas pendentes. Nun estudo sobre patrimonio megalítico na Costa da Morte, coordinado polo profesor Antón Rodríguez Casal, atopáronse só 304 das 413 referencias tumulares e megalíticas fichadas entre Malpica e Muros. As causas da destrución de alomenos 16 monumentos megalíticos -mámoas como as de Mosquetín, A Piosa ou O Allo-, durante o que algúns arqueólogos denominan anos de chumbo, ían desde a construción de infraestruturas vencelladas a parques eólicos ou antenas de teléfonos ata canteiras ou viais. "E iso malia que sería preceptivo o estudo previo de impacto ambiental".

A referencia ao chumbo, nun sentido de opacidade aplicada á xestión arqueolóxica durante o Goberno do PP, é do tamén profesor Ramón Fábregas. Do proxecto coordinado polo catedrático de Prehistoria na cova de Valdavara, en 2007, cun asentamento do Paleolítico superior, saíu unha alfaia de 17.000 anos: o primeiro adubío persoal achado nunha escavación científica en Galicia. Para Fábregas, "sería bo recuperar a financiación específica dos proxectos de investigación, retirada nos primeiros 90". "Foi un erro". Así tamén a xénese da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, cos célebres parques de Campo Lameiro (arte rupestre), San Cibrao de Lás (cultura castrexa), Soneira (megalitismo) e Lugo (mundo romano), cun orzamento global de 18 millóns de euros de 2001 e deseñados, segundo o daquela titular de Cultura, Jesús Pérez Varela, "para recuperar a memoria histórica e potenciar a oferta turística". "Non se contou coa comunidade arqueolóxica", lamenta Fábregas, para quen o problema actual é "a inercia e outras pexas asumidas do Goberno anterior: a Cidade da Cultura".

As zonas de sombra da investigación afectan sobre todo ao que non é monumental, pero, antes ca nada, á construción de sentido do traballo arqueolóxico. "A constitución étnica da Gallaecia segue sendo obxecto dunha tremenda polémica entre historiadores e arqueólogos, celtistas e anticeltistas", exemplifica. "E tamén é certo que para crear unha grande obra cómpren 15 anos. Penso que a evolución da arqueoloxía desde 2005 é, no seu conxunto, positiva".

No traballo de ordenación do actual gabinete publicouse o volume de actuacións arqueolóxicas de 2006. O último ano con memoria e xínea de empresas e proxectos contratados era 1989. Fariña pregunta polas "razóns dun silencio de 16 anos". Os únicos datos oficiais da época, da USC, só atinxen ao montante económico derivado de proxectos de investigación entre 1998 e 2002: sobre 2,9 millóns, o departamento de Historia I (Prehistoria, Arqueoloxía, Historia Antiga) levou case o 70%. 1,35 foron para o Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais que dirixía o ex coordinador da Área de Humanidades do CSIC, Felipe Criado.

Para Antonio de la Peña, experto en arte rupestre, "hai menos sectarismo, pero é difícil torcer anos de rutina". En 2008 reuniuse a comisión técnica de arqueoloxía, por primeira vez desque en 1997 se promulgara o decreto que regula a actividade, complemento dunha Lei de Patrimonio (1995) nacida sen o prace dos arqueólogos nin da oposición. "As feridas abertas entre Universidade, empresas e Administración non estiñaron", resume o arqueólogo Anxo Felpeto. "A lóxica administrativa acumulada durante tantos anos rompeu o elo coa sociedade".

Antes de extraer as derivadas entre musealización e ritualización, tamén pendentes de consenso, Felpeto recupera o punto de partida: "Botamos de menos a información da xente a pé de parroquia. Ninguén lles fixo ver que o que nos dicían era importante".


ENTREVISTA:
Luces FELIPE ARIAS Director xeral de Patrimonio


"En Galicia xa non só se fai traballo de xestión"

"Unha das preocupacións era traballar en todo o país", remarca Felipe Arias (Lugo, 1950). Dío en referencia aos grandes complexos de contido arqueolóxico, "en redefinición". Arias, prudente, remarca que agora "xa non só se fai arqueoloxía de xestión". En 2006 incoáronse máis expedientes sancionadores ca nos dous anos anteriores.

Pregunta. A normativa segue dificultando as escavacións.

Resposta. Non se deixa de escavar por impedimentos administrativos. Outra cousa é que haxa quen pense, e podemos estar dacordo, que a normativa é moi intervencionista. Esa eiva regulamentista está aí, é unha das cuestións pendentes de revisar. Foi das primeiras cousas que se tratou na comisión técnica de arquitectura, na súa primeira reunión en dez anos.

P. Cales foron as liñas de traballo nos principais xacementos?

R. Unha das nosas teimas foi espallar a actividade arqueolóxica en todo o país. En todas as provincias se fixeron escavacións, promovidas polos investigadores, pola propia Xunta ou en convenios cos concellos e coas universidades. Quixemos que a Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico se atendese como tal rede. Unha das queixas que había antes era que só se facía arqueoloxía de xestión. Iso hai que seguir facéndoo porque as obras públicas están aí, pero o abano abriuse.

P. Visualizouse a redefinición dos catro grandes centros da Rede Galega de Patrimonio?

R. Veráse mellor cando estean feitos. Este ano abriránse Campo Lameiro e San Cibrao de Lás. Evidentemente non tiña sentido poñer unha gran biblioteca castrexa en San Cibrao, coa do Museo Arqueolóxico de Ourense a uns quilómetros. Quixemos facelos máis sinxelos e máis acordes coa demanda do público.

P. Está aberto o diálogo entre Universidade, museos, empresas e Administración?

R. A investigación compételle aos investigadores, nós podemos favorecela. O último libro onde se referenciaban actuacións arqueolóxicas saíu en 1991, e eran actuacións de 1989. Nós sacamos xa as actuacións de 2006, e en breve sairán as dos últimos anos.

P. Diversificáronse as empresas contratadas?

R. Nós quixemos facer actuacións arqueolóxicas e que as fixera quen quixese, sen centrarse só nun grupo.

Publicado por CyberMODE -- 17 de Xaneiro 2009 as 09:13 AM


Comentarios

Sr. Arias: para cando a publicación do informe da excavación do Círculo Lítico da Mourela?

Publicado por : andrelo -- 17 de Xaneiro 2009 as 12:48 PM

era ben que foran dicindo en que carallo gastaron 5 millóns de euros, se o círculo era megalítico ou medieval como algún concelleiro da anterior corporación latricou pola telelocal. A ver se ía a ser todo un conxunto e algúns teñen medo de publicar datos que os comprometan profesionalmente. O cowboy q escavou na Mourela di no artigo que "sería bon recuperar a financiación específica para os proxectos de investigación", nas Pontes financiouse a un laboratorio cuxos resultados a día de hoxe non foron publicados, a documentación xerada polo mesmo non se atopa en mans do concello e o que é peor, o material arqueolóxico depositado na estación de autobuses segue sen recibir atención. Para cando unha posta en valor do que xa foi estudado e investigado, para cando un plan de xestión dos nosos recursos patrimoniais, para cando a memoria da Mourela, para cando unha política transparente no tocante ao patrimonio arqueolóxico municipal????

Canto máis pasotismo institucional?????

Publicado por : medieval -- 17 de Xaneiro 2009 as 07:42 PM

Chegan datas de eleccións e de promesas a esgallo, sería ben para As Pontes ter un Museo Arqueolóxico que albergara as pezas importantes que se siguen a deteriorar na E. de Autobuses e tamén un Museo Etnográfico con xeito, ubicado nun lugar que fose idóneo.
Máis, xa non creo en promesas de ninguén, isto é un continuo motín de Esquilache e nin os políticos, nin os que se din defensores do patrimonio teñen a miña confianza, polo tanto paso de eleccións.
Votade a quen vos pete.

Publicado por : promesas -- 18 de Xaneiro 2009 as 09:20 AM

"os que se din defensores do patrimonio" xa me dirás que pinchan en todo isto. quen ten capacidade real de actuar sobre o patrimonio é a administración, non confundas churras con merinas pois a laboura da plataforma ate o momento foi intachábel, non así a dos partidos políticos locais que ben merecen unha sonora pitada.
Por outra banda gustariame saber que ten de malo o actual museo etnográfico ao teu parecer, pois semella que o actual non ten xeito para ti, cando este nace dunha iniciativa escolar e foi levada a cabo de xeito desinteresado por Xosé María e Fina, mestres do colexio Monte Caxado. Xa me dirás que ten que ver o touciño coa velocidade... xa mo dirás...

Publicado por : raul -- 18 de Xaneiro 2009 as 06:13 PM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Setembro 2010 (28)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (109)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Setembro 2010
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    




Xerado con
Movable Type 5.02