LIGA CADETE: CD AS PONTES - GALICIA DE CARANZA (1-2)
Paso atrás do As Pontes cadete, trala derrota no seu campo diante dun rival directo na loita polo título de liga, o Galicia de Caranza. Ó remate do partido vitoria visitante por un apretado, pero xusto resultado, de 1-2, nun encontro no que ós de Calpita pesoulles moito a responsabilidade do resultado. Simón foi o autor do único tanto dos ponteses despois dun saque de esquina. Logo desta derrota os ponteses continúan na segunda posición a tres puntos do líder Cebarca.




Nova cortesía de A.F.
Publicado por CyberMODE -- 24 de Febreiro 2009 as 09:18 PM
0 comentarios