|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3147) Axenda (769) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (418) Cultura (230) Deportes (1558) Ecoloxia (163) Educacion (97) Empresas (305) Emuladores (9) Enerxia (265) Enquisas (47) Especiais (67) EuroEume (111) Fotografia (176) Gastronomia (30) Hardware (590) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (788) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1240) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (188) Pirateria? (275) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (28) Saude Natural (45) Seguridade (349) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (567) Tutoriais (9) Video Dixital (387) Videoteca (48) Windows (304) Zona Gamers (448) |
26 de Febreiro 2009Estupor e perplexidade na comunidade galega polo galardón a MicrosoftO recente premio outorgado a Microsoft, polos gobernos de Galicia, Euskadi, Catalunya e Illes Baleares, pon de manifesto o completo desprezo da Secretaría Xeral de Política Lingüística, directamente dependente de Presidencia. A comunidade galega fai público o seguinte manifesto: "A comunidade de software libre de Galicia, incluíndo a usuari@s, programador@s e tradutor@s que a conforman, e tras o debate oportuno nas canles de comunicación que nos son propias, coincidimos unanimemente na necesidade de facer público o estupor e perplexidade que nos produce a nova feita pública, o día 23/02/09, pola Presidencia da Xunta de Galicia na que se di, literalmente: 'O premio á promoción da realidade plurilingüe consiste nunha distinción honorífica sen contido económico, e correspondeulle na súa primeira edición á empresa Microsoft, galardoada polo seu esforzo de xuntar a diversidade lingüística coas novas tecnoloxías.' O noso estupor non procede de que o galardón se conceda a unha compañía privada, nin tampouco polo feito de que non valoremos a calidade ou esforzo do traballo realizado na adaptación ó galego dos produtos que Presidencia menciona a continuación na nova. A nosa perplexidade refírese a que non podemos comprender os motivos que levan ós gobernos balear, catalán, galego e vasco a outorgar o premio ó fomento ó plurilinguismo a unha empresa que non fomenta tal. Microsoft é unha empresa internacional que obtivo no ano 2008 uns beneficios de 60.700 millóns de dolares e que ben puidera ter pagado por si mesma a tradución completa dos seus produtos ó catalán, éuscaro e galego, que en conxunto suman uns nada desestimables 14 millóns de persosas, un terzo da poboación española. Porén, as traducións dos seus produtos foron feitas por mediación dos gobernos locais, en determinados casos con aportacións directas ou ben con outro tipo de incentivos, cando xa só en concepto de licenzas Microsoft está a percibir millóns de euros anualmente desas mesmas administracións gubernamentais. Caso máis importante é que no caso de traducións de produtos de Microsoft que foron financiadas de xeito público os recursos lingüísticos xerados durante a tradución, que son de enorme valor, non foron postos a disposición pública. Tamén, as traducións de Microsoft Windows XP, Vista ou Office son traducións parciais e non inclúen a axuda, instalación ou outros elementos localizables. Para o catalán, éuscaro e galego, están concebidas como traducións subordinadas do español ou do francés no caso catalán; así que o usuario non ten libertade absoluta para instalar o soporte da súa lingua pois esíxeselle que teña determinadas versións dos produtos Microsoft Windows e Office da versión española ou francesa. Que Microsoft traduza e ofreza servizos nas linguas propias destas comunidades non repercute máis ca no propio beneficio da empresa que atendendo ás necesidades lingüísticas dos seus usuarios, especialmente de tres do máis importantes, as populosas administracións dos gobernos balear, catalán, galego e vasco coas súas respectivas institucións locais, consegue afianzarse, ó teren xa produtos coñecidos e que ostentan monopolios, neste sector de mercado co efecto colateral de inhibir outras alternativas libres que xa dispoñen destes servizos (tradución das interfaces gráficas e correctores ortográficos ou gramaticais) a un custo nulo. Así mesmo, a comunidade de tradución ó galego de software libre, síntese dalgunha maneira agraviada pola concesión do galardón así como seguramente se sintan as comunidade de tradutores de software libre do éuscaro e catalán, cos que nos sentimos identificados e apoiamos nesta mesma causa. De xeito similar ó que acontece nas outras comunidades mencionadas, en Galicia lévase máis de dez anos traducindo software libre ó galego de xeito anónimo, altruísta e comprometido. Neste tempo a nosa comunidade conseguiu acadar, por exemplo, a tradución completa dos ambientes de escritorio GNOME e KDE, as distribución Debian ou Ubuntu entre outras, o entorno ofimático OpenOffice e a suite Mozilla, os cales son todos proxectos que requiren un esforzo humano colosal. No seu conxunto, os produtos actualmente traducidos constitúen unha alternativa libre, carente de custo, ós produtos da empresa galardoada. Ademais, se falamos de soporte lingüístico, cremos que só o software libre ofrece igualdade de oportunidade e facilidades a tódalas linguas e para comprobar que é así non máis ca botar unha ollada ó que o software libre chega. Como exemplos, o ambiente de escritorio KDE tradúcese a un total de 103 linguas diferentes e GNOME a 110 linguas e as tradución non só se limitan ás maioritarias coma o Chinés ou o Ruso senón que permite a tradución a calquera lingua, poñase por caso o gaélico, o frisón ou o feroés, todas linguas minoritarias, pois o software libre pode ser traducido libremente por calquera que o desexe. En contraposición a isto, as linguas minoritarias non teñen interese económico para empresas como Microsoft así que a efectos del ocalización son ignoradas por completo. Nin sequera se facilita a súa tradución dun xeito externo á empresa como fai, por exemplo, Google con algún dos seus produtos. Finalmente, a Consellería de Industria da man de Mancomun.org, nos últimos anos veu apoiando o software libre e a tradución ó galego dun xeito decidido e comprometido e expresión deste apoio son o plano PEGSI e os encontros de tradutores G11N así como que se conseguiran determinadas traducións, coma OpenOffice ou Mozilla. En conxunto, valoramos estes esforzos coma positivos. Por iso, ademais de polos motivos anteriores, apreciamos a concesión do galardón, a suxestión da Secretaría Xeral de Política lingüística, coma un xiro no Goberno na dirección oposta e incorrecta. Porén, confiamos e desexamos que a política futura do goberno galego avance apoiándose no software libre e erradicando manifestacións gratuitas e incoherentes coma esta." Publicado por jmpello -- 26 de Febreiro 2009 as 10:29 AM 0 comentarios |
Novas Recentes
-Endesa movió ya por mar casi 600.000 toneladas de carbón
-PARTIDO DE ALEX CABARCOS NA MADROA -Horarios competición Club Baloncesto As Pontes 11/12 de Febreiro -Nota de prensa CIG: A UNIÓN LOCAL CIG-AS PONTES ALERTA DA SITUACIÓN DE DESEMPREGO QUE SE ESTÁ A PADECER NO CONCELLO DE AS PONTES -Cierra el portal de intercambio de archivos BTjunkie -LIGA GALEGA DE RUGBI: CONTUNDENTE VITORIA DO FENDETESTAS SOBRE O CRAT DA CORUÑA (50-0) -Resultados da fin de semana do CB AS PONTES -Los emprendedores exigen al Gobierno más medidas para reactivar la economía -En 2011 se vendieron 488 millones de smartphones, frente a 415 millones de PC -TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 1 BETANZOS CF 2 Arquivos
- Febreiro 2012 (24)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||