22 de Marzo 2009

Augusto Pérez Alberti: O barato sae caro a medio e longo prazo

Entrevista a Augusto Pérez Alberti - Catedrático de Xeografía Física na Universidade de Santiago

(La Voz de Galicia) O catedrático de Xeografía Física na USC Augusto Pérez Alberti lamenta a forma na que se constrúen as obras públicas neste país, resolvendo sobre a marcha os problemas que xorden, sen a previsión nin a planificación necesarias. Cre que esta é a verdadeira orixe da contaminación dos ríos Eume e Trimaz.

- ¿Os taludes da Mourela son o problema, de alí sae o material contaminante?
- O problema é que aquí as obras públicas fanse hoxe cos mesmos parámetros de hai vinte ou vinte e cinco anos, sen ter en conta a dinámica dos taludes. E iso é inaceptable.

- ¿Había unha alternativa?

- Un túnel ou un semitúnel

- Pero sería máis caro.
- O barato sae caro a medio e longo prazo. Xa se viu tamén nos casos da A-6 en Vega de Valcarce e Becerreá. Agora os arranxos multiplicarán os custos. O falso túnel da AP-9 en Teis foi un acerto, pero só se fixo pola presión popular. Na A-52 en Barbantes, por exemplo, o reforzo do monte multiplicou o gasto por dez.

Mourela_9.jpg

- Ademais da contaminación, haberá que contar entón con que os taludes da Mourela caerán.
- Se a rocha está moi alterada, como é o caso e tamén algo habitual en Galicia, caerá. Non fai falta ser un profeta. Por iso o ideal é o túnel ou o falso túnel. Se ademais lle sumamos moita inclinación e choiva, móvese e caerá. Isto non é Castilla-La Mancha. Non fai falla ser xeomorfólogo ou enxeñeiro, só sentidiño común.

- O cemento...
- O cemento non o ancla todo. Frea o que frea, temporalmente. Roca alterada, humidade e forte pendente, caída segura.

- E se un material é contaminante, ¿como é que se leva para un recheo nunha zona fluvial como Cabreiros?
- Máis do mesmo. As obras públicas en Galicia teñen unha falla de planificación total. Nas estradas gástase moito en deseño pero pouco en estudar o terreo. Só hai que ver o que fixeron no alto do Boi no Courel. En Europa as estradas de montaña seguen as curvas de nivel, ninguén se empeña en trazar rectas a costa do que sexa.

- Pero entón, ¿en Cabreiros non sabían que material manexaban?
- Falla planificación con respecto ao entorno, á paisaxe, á dinámica das ladeiras. Hai que saber antes como é o terreo, falla profundidade nos estudos previos, xeolóxicos, hidrolóxicos, ambientais.

Publicado por mourelo -- 22 de Marzo 2009 as 10:00 AM


Comentarios

Se les debería de caer la cara de vergüenza a todos los que fueron a hacer la rosca a la Caride el día de la inauguración del tramo As Pontes-Cabreiros, a ver lo que tarda en caer todo, por culpa de los politicuchos que no quisieron dar la razón a la gente que si la tenía.

Publicado por : Un toca pelotas -- 22 de Marzo 2009 as 01:32 AM

Que responsabilidade ten o Concello? Eu creo que moita.

Deberían dar explicacións.

Publicado por : Tino -- 23 de Marzo 2009 as 12:38 AM

Que saia Dasilva explicando o do recheo dos Airíos e Vitolo o dos lodos do Chamoselo. Eles deben saber ben como foron as cousas, o polígono fíxose gobernando eles e o Chamoselo enlodou estando eles tamén, así que deberían explicarnos eles como é o conto.

Publicado por : trucco -- 23 de Marzo 2009 as 06:57 PM

Multitude de organismos: Patrimonio, Adega, Asociacións locais, etc, propuxéronlle á Consellería de Ordenacion do Territorio (PSOE) que fixera un tunel, é non fixeron o mínimo caso, polo tanto non existe máis que un culpable, quen fixo a obra: CONSELLERÍA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO.

Publicado por : Luis Bañal -- 23 de Marzo 2009 as 09:01 PM

toda a razón para luís en canto á identificación do culpábel, non así dos responsábeis de que chegaramos a esta situación entre os que se atopa o concello.

Publicado por : siulrius -- 23 de Marzo 2009 as 09:42 PM

¿Porque se lle da tantas voltas as cousas? Existen obras que fai o Concello, a Deputación, a Xunta e o Estado.
Por exemplo se o Parque Municipal se fai ben ou mal a única responsabilidade e do Concello, que e quen fai a obra.
A autovía faina a Conselleria de Ordenación do Territorio, e pode ter algunha disculpa no senso que o proxecto xa estaba mal feito dende o anterior goberno da Xunta, máis tivo tempo de rectificar, como se fai en moitas obras, cando moitas organizacións lle aconsellaron facer o tunel e non fixo caso algún. Polo tanto ten que asumir absolutamente todas as responsabilidades. O Concello nesa obra pode opinar como calquera particular e nada máis. Botarlle a culpa o Concello de que esta obra foi un fracaso, sería o mesmo que botarlla a Zapatero ou o Presidente da Deputación.

Publicado por : Luis Bañal -- 24 de Marzo 2009 as 06:19 PM

mira luís se tes tempo lee a constitución, ou a lei de patrimonio histórico español ou ben a lei do patrimonio cultural de Galiza. Aí teis as obrigas dos concellos en materia de control e defensa do seu patrimonio cultural. Se dende o primeiro as reclamacións dos veciños son tenuemente avaladas pola corporación municipal, moi probablemente a día de hoxe a situación na Mourela tería sido outra. Non así se quixo facer un alarde de cabezonería tanto por parte da administración autonómica como do concello, e a día de hoxe ben se ve cales foron os resultados. Escurrir as responsabilidades hacia fora, está ben lonxe da honradez política.

Publicado por : pei -- 28 de Marzo 2009 as 12:12 PM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Setembro 2010 (7)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (109)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Setembro 2010
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    




Xerado con
Movable Type 5.02