|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3147) Axenda (769) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (418) Cultura (230) Deportes (1558) Ecoloxia (163) Educacion (97) Empresas (305) Emuladores (9) Enerxia (265) Enquisas (47) Especiais (67) EuroEume (111) Fotografia (176) Gastronomia (30) Hardware (590) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (788) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1240) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (188) Pirateria? (275) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (28) Saude Natural (45) Seguridade (349) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (567) Tutoriais (9) Video Dixital (387) Videoteca (48) Windows (304) Zona Gamers (448) |
3 de Abril 2009O Concello en pleno ofreceu o seu apoio e axudas aos empregados da firma LM Composites Galiciaaspontes.com. A corporación municipal manifestou hoxe, nunha sesión plenaria de carácter extraordinario, o seu apoio unánime aos empregados da firma LM Composites Galicia, diante do complicado futuro laboral que se lles presenta. O alcalde, Valentín González Formoso, en presenza dos traballadores e traballadoras da fábrica pontesa de LM Composites deu lectura á declaración institucional que contou coa sinatura e compromiso das tres formacións políticas con representación na cámara pontesa. Neste documento, recóllese o respaldo do Concello aos empregados da pranta pontesa en tódalas accións que garantan a defensa dos seus postos de taballo. Asemade, a corporación local pon a desposición deste grupo de traballadores tódolos instrumentos necesarios para garantir a viabilidade e futuro da firma en As Pontes. Pola súa banda, o presidente do Comité de Empresa, Emilio Agra, agradeceu o respaldo ofrecido pola corporación municipal e solicitou a súa mediación para lograr a convocatoria urxente dun encontro coa Consellería de Industria para tratar este tema. Pleno ordinario No tocante á sesión ordinaria que daba comezo minutos despois, dábase conta da liquidación do orzamento de 2008 que resultou positiva dando lugar a un remanente nas arcas municipais de algo máis de 762.000 euros. O edil de Xestión Orzamentaria, Antonio Alonso, foi o encargado de dar conta destas cifras e do que calificou coma unha xestión “realista e prudente” xa que, tal e como subliñou o concelleiro, “é bo ter sempre unha marxe de maniobra xa que a situación podería ir a peor”. Ao longo da sesión, recibía luz verde a petición ao Estado da cesión ao concello dunha parcela de carácter rústico ubicada na parroquia de Bermui e que, hoxe en día, está a ser utilizada pola veciñanza da zona coma pista polideportiva. Tamén contou co beneplácito de tódolos concelleiros presentes a adhesión de As Pontes ao Consorcio Eume – Ferrol – Ortegal que ten como fin poñer en marcha diferentes iniciativas para a dinamización e o fomento do turismo nestas tres comarcas. A través deste acordo, a voceira do grupo de goberno Montserrat García foi designada como representante do concello pontés neste novo órgano. Por outra banda, tamén se acordou a cesión dunha parcela ubicada no polígono dos Airíos á firma Desguaces Vilavella xa que o seu anterior propietario denegou a posibilidade de levantar un proxecto empresarial na zona. Este acordo, tal e como subliñou na sesión o edil de Promoción Industrial, Óscar García, inclue a obriga por parte do novo propietario de empregar a lo menos a tres persoas en risco de exclusión social, tal e como recollía o acordo asinado co anterior propietario. Mocións No capítulo adicado ás mocións, dúas propostas do BNG foron sometidas a debate con diferente resultado. No tocante ao primeiro texto, os nacionalistas demandaron a creación dunha comisión que se reunise semanalmente, integrada polos tres grupos políticos municipais e o técnico do Concello, e que tivese como obxectivo analizar e avaliar a creación de emprego a través das diferentes obras incluidas no Fondo Estatal de Inversión Local. Partido Socialista e Partido Popular coincidiron en calificar de innecesaria esta medida ao estar recollido no Real Decreto de solicitude destes fondos a obriga de presentar unha completa e exhaustiva explicación de cada proxecto e dos postos de traballo creados en cada obra, ademáis dunha análise final de tódalas iniciativas acometidas. Mellor resultado acadaba a segunda proposta do BNG para crear unha comisión especial que permita poñer en valor o patrimonio histórico pontés, que debería entrar en funcionamento denantes de tres meses, e que estaría integrada por representantes políticos, expertos e veciños. Neste senso, de novo Partido Popular e PSOE coincidían calificando a medida como moi positiva aínda que facendo fincapé neste “repentino interese” dos nacionalistas polo patrimonio pontés que, ao longo de anteriores lexislaturas, non se puxo de manifesto. Publicado por alismile -- 3 de Abril 2009 as 08:49 AM 0 comentarios |
Novas Recentes
-Endesa movió ya por mar casi 600.000 toneladas de carbón
-PARTIDO DE ALEX CABARCOS NA MADROA -Horarios competición Club Baloncesto As Pontes 11/12 de Febreiro -Nota de prensa CIG: A UNIÓN LOCAL CIG-AS PONTES ALERTA DA SITUACIÓN DE DESEMPREGO QUE SE ESTÁ A PADECER NO CONCELLO DE AS PONTES -Cierra el portal de intercambio de archivos BTjunkie -LIGA GALEGA DE RUGBI: CONTUNDENTE VITORIA DO FENDETESTAS SOBRE O CRAT DA CORUÑA (50-0) -Resultados da fin de semana do CB AS PONTES -Los emprendedores exigen al Gobierno más medidas para reactivar la economía -En 2011 se vendieron 488 millones de smartphones, frente a 415 millones de PC -TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 1 BETANZOS CF 2 Arquivos
- Febreiro 2012 (24)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||