|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3147) Axenda (769) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (418) Cultura (230) Deportes (1558) Ecoloxia (163) Educacion (97) Empresas (305) Emuladores (9) Enerxia (265) Enquisas (47) Especiais (68) EuroEume (111) Fotografia (176) Gastronomia (30) Hardware (590) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (788) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1240) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (188) Pirateria? (276) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (28) Saude Natural (45) Seguridade (349) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (567) Tutoriais (9) Video Dixital (387) Videoteca (48) Windows (304) Zona Gamers (448) |
29 de Maio 2009Entrevista a David Rochela “Aspiramos ó título pero temos que ir paso a paso”, por Xóse FerreiroAcaba de chegar de Estonia despois de clasificarse para a Fase Final do Europeo Sub19 que se disputará en Ucrania do 21 de Xullo ó 2 de Agosto. Conseguírono tras gañar a un dos favoritos, Alemania, por 1 gol a 0. Pese a ter graves molestias en un hombro, David Rochela xogou ese partido e hoxe contanos coa amabilidade que o caracteriza cales foron as súas vivencias en Estonia e cales son as súas perspectivas de cara ó Europeo. ![]() Noraboa David ¿Qué che pareceu esta fase intermedia de clasificación? Rivais moi complicados e con moito nivel ¿non? Por exemplo esa Alemania con Tony Kroos e Richard Sukuta-Patsu. Pois desta fase de clasificación chegamos moi contentos. Sabiamos que o obxetivo era clasificarse, o que supoñía, sobre todo, eliminar a actual campiona, Alemania. Conseguimos chegar a ese partido coa tranquilidade de saber que o empate favorecianos e conseguimos sacalo adiante. ¿Qué tal te atopas formando parella con Jorge Pulido? Semella que ides ser a parella de centrais en Ucrania. ¿Cómo o ves?. Con Pulido realmente entendome bastante ben. É un xogador co que teño boa relación, e esa comunicación fóra do campo trasladamola ó terreo de xogo. Comentase que sodes un gran equipo na portería, na defensa, no medio, arriba destaca a calidade do “Torito” Aquino e de Joselu, pero … a sombra de Bojan e alargada ¿non? ¿Este equipo desde a base está acostumado a xogar con él como referencia pola súa gran calidade e agora botadelo moito de menos ¿non? Home, a un xogador como Bojan sempre se lle pode botar de menos, porque é un xogador que pode desequilibrar un partido el so. De todas formas, temos uns grandísimos dianteiros e poden solucionar calquera papeleta. Iago Falqué, Fran Mérida, Nacho Camacho, David De Gea (agardemos que lles deixen ir a todos), gran equipo, anque hai que ir paso a paso, como mínimo da para chegar a semifinais ¿non? O que temos claro é que temos equipo para poder loitar por calquera cousa. Penso que realizamos un moi bo traballo e se xogamos o noso nivel, podemos aspirar a todo. De todas formas, temos que ir paso a paso e día a día Xa confirmaron a súa presenza o anfitrión Ucrania, Serbia, Francia, España, Turquía, e nos vindeiros días saberase si se clasificarán Holanda ou Rusia (Grupo 2), Suiza ou Bélxica (Grupo 4) e probablemente Inglaterra pasará no grupo 6. ¿Cales crees que son os rivais máis fortes? ¿Será un man a man entre franceses, ingleses e españois como ven acontecendo case sempre ou agardas algunha sorpresa? O que está claro é que cada vez é mais complicado ganarlle a calquer equipo. Por nome, supostamente España, Inglaterra, Francia… sempre teñen grandes aspiracións, pero hoxe en día non te podes fiar de ninguén. Aínda quedan case dous meses e falta por facer a convocatoria definitiva, pero fuches un pilar básico nas dúas fases de clasificación, por tanto, si estás en perfectas condicións como desexamos todos, xa tes pe e medio na lista de Ucrania ¿non? Por agora o corpo técnico está confiando en min, pero nunca se sabe o que pode pasar. A seguir traballando duro e a esperar a ver se me chaman. Cambiando de tema, a tempada co Deportivo aínda non rematou, despois de eliminar á Real Sociedade na Copa Xuvenil, agora tocouvos o Tenerife, que ven de eliminar o Real Madrid, ¿que opcións ves na Copa, con rivais tan complicados como Barcelona (campión de Liga Xuvenil), Espanyol ou Sevilla? Estamos con moita ilusión. Sabemos que os rivais son moi complicados pero penso que estamos en disposición de poder loitar contra calquera ¿Qué che parece o fútbol que está practicando este ano o Barcelona, que culminou onte co triplete, eres dos que lles gusta o fútbol preciosista ou eres máis conservador? Penso que o fútbol que está desplegando o Barcelona é digno de aplauso. Creo que calquera afeccionado o fútbol ten que estar disfrutando ó velos xogar. Pregunta comprometida, o descenso do Fabril, un xogador da túa talla internacional non debería de xogar en Terceira, nestes días estase falando de ofertas de equipos de Segunda e de Segunda B, e hai quen di que podes subir ó primeiro equipo ¿Cómo vives ti esta situación e onde te ves o ano que ven? Vivo a situación con tranquilidade. Eu o que teño que facer e traballar ben o tempo que me falta co xuvenil e despois xa se verá. Ante todo calma. Rematemos con algo máis feliz, o vindeiro luns acudirás ó Santiago Bernabeu para ser premiado co Balón de Prata do Fútbol Draft e o Balón de Ouro do Marca. Supoño que para ti ser considerado como un dos valores da canteira española supón unha satisfacción, pero ser o máis votado polo público, supoño que todas esas mostras de cariño e admiración serán moi valoradas por ti ¿verdade? Sempre é unha alegría poder recoller premios de esta categoría e motiva ó mesmo tempo para seguir traballando duro. Ver que a xente esta ahí en todo momento é digno de admirar. Moitas gracias David, coma sempre, esperemos verte en un par de meses en Ucrania. Ogallá que así sexa. Publicado por CyberMODE -- 29 de Maio 2009 as 05:40 PM 0 comentarios |
Novas Recentes
-El Tribunal Supremo admite a trámite la demanda para suspender la Ley Sinde
-Endesa movió ya por mar casi 600.000 toneladas de carbón -PARTIDO DE ALEX CABARCOS NA MADROA -Horarios competición Club Baloncesto As Pontes 11/12 de Febreiro -Nota de prensa CIG: A UNIÓN LOCAL CIG-AS PONTES ALERTA DA SITUACIÓN DE DESEMPREGO QUE SE ESTÁ A PADECER NO CONCELLO DE AS PONTES -Cierra el portal de intercambio de archivos BTjunkie -LIGA GALEGA DE RUGBI: CONTUNDENTE VITORIA DO FENDETESTAS SOBRE O CRAT DA CORUÑA (50-0) -Resultados da fin de semana do CB AS PONTES -Los emprendedores exigen al Gobierno más medidas para reactivar la economía -En 2011 se vendieron 488 millones de smartphones, frente a 415 millones de PC Arquivos
- Febreiro 2012 (25)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||