23 de Xullo 2009

Fins Eirexas: A solución do carbonato é un parcheo que non pode ser mantido no tempo

Fins Eirexas é xeólogo e secretario executivo de ADEGA. Con el falamos da contaminación dos ríos Eume e Chamoselo e do rego Lavadoiro, e como está a afectar a estes ecosistemas fluviais da nosa comarca.

Nun primeiro momento dende a administración falouse de que as causas da contaminación había que buscalas nas características xeolóxicas do Eume. Cales serían os factores que sustentarían esta afirmación?

Efectivamente as características xeolóxicas dunha vacía hidrográfica condicionan a calidade das augas, por exemplo en macizos calcáreos as augas teñen un pH bastante básico. En macizos graníticos as augas tenden a ter un pH máis ácido.
A vacía do Eume atravesa unha serie de xistos con altos contidos en xofre, sobretodo en sulfuros o que determina que a acidez do río sexa un pouco máis alta da que poden ter outros ríos galegos que atravesan este tipo de rochas. É unha cousa normal, agora ben o que non se pode achacar á xeoloxía do río é que un cauce que leva un pH de 5, de 4 ou de 3 nalgúns casos, que foi medido cando se produxo a primeira mortandade de peixes no couto de Ombre, sexa considerado normal e ademais débase exclusivamente ás características xeolóxicas da vacía. É algo absolutamente delirante e esa foi unha explicación que se saiu de nai totalmente por parte da Administración, que nos tomaba literalmente por parvos.

vilavella.jpg
23 de xullo 2009, Río Eume na Vilavella (As Pontes)

Estase a falar moito nos últimos meses da necesidade de correxir o pH como factor determinante para evitar a mortandade da fauna acuática. Pero que outras medidas se deberían tomar para frear a contaminación?

Claro, e que esa é a chave, é dicer a adicción de carbonato pon máis básico o pH da auga. Engadindo carbonato conséguese normalizar a acidez. O problema é que esta adicción ten que ser permanente mentras persista o problema, e o problema vai a persistir por que as causas seguen aí. A día de hoxe as gabias da Mourela seguen sen selar, ademais das lamas ácidas acumuladas durante décadas no fondo do encoro da Capela. Se non se atallan realmente estos problemas, se non se selan e estabilizan as gabias da autovía, e se non se retiran as lamas do encoro da Capela o problema vai a persistir. A solución do carbonato é un parcheo que non pode ser mantido no tempo. Entre outras cousas por que os organismos e o ecosistema fluvial non pode tolerar bruscos picos e caídas do pH. De repente pasamos de ter un pH de 3 e pico como tiña hoxe o rego Lavadoiro a un pH 7 como tiña o Chamoselo na desembocadura do Eume. Non podemos someter á fauna e aos ecosistemas fluviais a esas alteracións tan bruscas da acidez e que van a ser recurrentes, pois cada vez que chova baixará o pH debido aos arrastres que chegarán ao río a traverso dos afluentes. Este problema irá a máis se non se atallan as causas principais. O selado dos taludes tense que facer xa.

eume2.jpg
23 de xullo 2009, Río Eume As Pontes

Falouse tamén da presenza de materiais pesados, como arsénico, cadmio, cobalto, cobre ou zinc. Como afectan estes materiais en elevadas concentracións aos ecosistemas acuáticos?

Nós encargamos unhas análises de metais pesados e outros parámetros e efectivamente daban niveis nalgúns casos moi superiores aos recomendados pola Lei de augas, sobretodo de aluminio e uranio, pero tamén de chumbo e cadmio. Isto para a fauna piscícola non é bo, pois todos estes metais son bioacumulativos, é dicer que se acumulan nos tecidos e dan lugar a problemas de tipo xenético, como xeración de tumores, cambios de sexo e outro tipo de alteracións fisiolóxicas que dende logo non fan nada ben á fauna do río.

chamoselo.jpg
23 de xullo 2009, Río Chamoselo As Pontes

A día de hoxe plantéxase o selado dos taludes como unha solución total á contaminación dos cauces, pero que acontece cos materiais sedimentados nos leitos dos ríos?

O selado dos taludes é fundamental, iso xa se tiña que ter feito dende un principio, por que non se fixo é o que estamos intentando averiguar agora, así como a Fiscalía de Medioambiente a raíz da nosa denuncia. Pero que vai a pasar coa cantidade de sedimento ácido que foi inxectado na vacía do Eume e a través do Chamoselo e do Lavadoiro, e o que vai a ser inxectado despois de que se encha o lago das Pontes e esa auga volva outra vez á vacía do Eume? Que vai a pasar con eses sedimentos que cada vez que se removilicen van a dar un pico de acidez? Haberá que facer algo, non poden quedar aí. Precedentes non hai moitos, pero dende logo non poden estar no río. Hoxe o Chamoselo ten un leito absolutamente laranxa así como o treito do Eume ao seu paso pola vila das Pontes. Aínda que se selen os taludes, cada vez que se produza un episodio de fortes choivas todos os materiais acumulados nos leitos dos ríos vanse a mobilizar e van a elevar a acidez do río outra vez.


Que foi o que fallou dentro do aparato administrativo para chegarmos a esta situación?

Pois un pouco de todo e sobretodo que o medioambiente non estaba na cabeza dos responsables administrativos que deseñaron a autovía, nin o medioambiente nin o respecto polo patrimonio, como ben vimos coa destrución dos restos do círculo lítico da Mourela. Nós non cuestionamos a necesidade social da infraestrutura pero si que defendemos que calquera intervención ambiental desta magnitude ten que levar un estudo rigoroso, porque precisamente o medioambiente é de interese público e a Administración ten a obriga de garantilo que para iso están as leis ambientais. Ao mellor hai unhas leis para uns que son máis respectables que outras. Para nós tódalas leis, incluidas as ambientais son respectables e obrigan ao cumprimento por parte de todos. E cando non se cumpren ou cando a Administración mira para outro lado é evidente que non hai vontade política, e o medioambiente realmente non lles interesa. Únicamente miran os réditos máis directos que sempre traducen por desgraza en votos. É o que fan os políticos.


Cal debería ter sido o papel xogado en todo o proceso polo Concello das Pontes, aínda sendo unha obra pública que trascendía ás súas competencias?

Aínda que a obra en concreto e a aprobación do Estudo de Impacto Ambiental e o control desa actuación corresponde neste caso á comunidade autónoma é evidente que os concellos son unhas administracións que deben actuar tamén ao respecto por que teñen efectivamente competencias, non se poden desentender directamente. E o que é máis triste é que cando hai unha alternativa viable menos impactante e menos contaminante, como a que había para salvagardar o círculo lítico da Mourela e non facer esa inmensa gabia que a día de hoxe segue a ser fonte de augas ácidas, o concello non quixese, non puidese ou non soubese apoiar a solución presentada pola Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes e ADEGA, que era viable económicamente e técnicamente. Aí debera estar o labor do concello en preocuparse polo seu territorio e indicar a administración competente que había outras alternativas que se debían tomar en conta.

eume1.jpg
23 de xullo 2009, Río Chamoselo e Río Eume As Pontes
Publicado por CyberMODE -- 23 de Xullo 2009 as 10:13 AM 0 comentarios




Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes

Reportaxes fotográficos Fabián
Novas Recentes
Arquivos
- Abril 2014 (61)
- Marzo 2014 (110)
- Febreiro 2014 (98)
- Xaneiro 2014 (90)
- Decembro 2013 (93)
- Novembro 2013 (98)
- Outubro 2013 (82)
- Setembro 2013 (105)
- Agosto 2013 (87)
- Xullo 2013 (94)
- Xuño 2013 (91)
- Maio 2013 (125)
- Abril 2013 (129)
- Marzo 2013 (105)
- Febreiro 2013 (94)
- Xaneiro 2013 (111)
- Decembro 2012 (93)
- Novembro 2012 (104)
- Outubro 2012 (116)
- Setembro 2012 (102)
- Agosto 2012 (106)
- Xullo 2012 (116)
- Xuño 2012 (105)
- Maio 2012 (126)
- Abril 2012 (106)
- Marzo 2012 (122)
- Febreiro 2012 (103)
- Xaneiro 2012 (117)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (102)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Abril 2014
D L M M X VS
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      




Xerado con
Movable Type 5.2.3