|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3147) Axenda (769) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (418) Cultura (230) Deportes (1558) Ecoloxia (163) Educacion (97) Empresas (305) Emuladores (9) Enerxia (265) Enquisas (47) Especiais (68) EuroEume (111) Fotografia (176) Gastronomia (30) Hardware (590) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (788) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1240) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (188) Pirateria? (276) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (28) Saude Natural (45) Seguridade (349) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (567) Tutoriais (9) Video Dixital (387) Videoteca (48) Windows (304) Zona Gamers (448) |
8 de Setembro 2009SAN CRISTOVO DO VILAROs antigos veciños do que antano foran varias aldeas do norte da parroquia da Vilavella, hoxe desaparecidas, reuníronse este domingo na Esfarrapa, unha aldea que é un das incongruencias administrativas da Galicia rural, pois un sinxelo camiño, hoxe asfaltado, di que uns son das Pontes e os de enfronte das Somozas. Alí hai uns trinta anos foi construída a nova capela de San Cristovo. Esta ermida, antigamente situada no Vilar do Meidelo, celebraba dende moi antigo as súas festas na honra deste santo, que tiveron moita sona nos anos cincuenta e sesenta do século pasado. ¿Quen non se lembra de algún ano ir primeiro ó Vilar, logo ó Paraño e despois rematar nas festas de Vilalba?. De seguro, que máis dalgún.
No alto da Esfarrapa, no linde con Somozas, xuntáronse esta fin de semana preto de medio milleiro de persoas, moitas máis das previstas pola organización nunha xornada na que houbo festa, troula, misa, procesión, xantar e o máis importante, a xuntanza de moitos vellos veciños duns lugares que para todos xa están na memoria, pois o progreso fixo que desapareceran para sempre A Cartilida, O Casaldaboa, A Casalonga, O Castro da Uz, Ferreira, O Meidelo, O Outeiro, A Picheira, O Ribeirón e O Vilar. Lembraron vellos tempos nos que a amizade e a solidariedade tiña moita máis importancia ca hoxe. Vidos das Pontes, de Ferrolterra, da Coruña, de Sada, de Pontevedra e incluso de Andalucía os asistentes gozaron dunha excelente xornada de auténtico verán e da música dos Suplentes e Aguazul. Sen dúbida algunha foi unha xornada festiva e tamén emotiva, pois os organizadores tiveron a bonita idea de homenaxear a varias persoas do lugar. Ramón Castro Fernández, nado no Vilar e a piques de cumprir os 100 anos, foi o primeiro en recibir o recoñecemento dos amigos e veciños de sempre como uns meses antes o fixera o concello pontés. Ramón, como moitos da súa época, emigrou cara Cuba na procura dunha vida mellor, onde traballou moito e duro. Voltou a Galicia en 1960 para o seu Vilar natal e despois foi a traballar a Ferrol. Non esqueceu a súa vivencia en Cuba e alí volveu en varias ocasións para, nos derradeiros anos, vivir nas Pontes e lembrar a súa historia coa súa familia máis achegada. Outro dos homenaxeados foi un neno nado hai uns días no lugar de Reboredo que vai recibir o nome de Martín. José Mª Barro Jarel, veciño do lugar da Carballeira, foi outro dos homenaxeados nesta xornada de confraternidade. Este home de 84 anos tamén emigrou a América, neste caso á Arxentina. Volveu á súa terra onde viviu varios anos xunto a súa dona. Hoxe, viúvo e cos seus fillos na Arxentina, retorna ó país suramericano sabendo que aquí deixa a nostalxia dunha vida e o recoñecemento dos veciños e amigos do San Cristovo do Vilar. Todos, cunha contida emoción, desexáronlle unha boa travesía atlántica e un pronto retorno a esta terra pontesa. Finalmente a organización quixo lembrar a un persoeiro moi querido nesta comarca, Pepe Pita, o que durante moitos anos fora a voz das orquestras Alegría, Bellas López, Mallo e Príncipes. Despois da súa etapa musical trasladouse a vivir a Sevilla para montar un negocio. Hoxe en día comparte a súa vivencia entre a cidade andaluza e Santa Marta de Babío e este día expresou o seu desexo de asistir unha vez máis a este San Cristovo ó que el veu tantas veces como músico na súa xuventude. A pesar dos anos, 82 ben levados, quixo agradecer esta homenaxe cantando “a capella” a coñecida canción “Las mañanitas del rey David”. Sen lugar a dúbidas, tamén un bonito e merecido homenaxe. Coa promesa de volver o vindeiro ano e antes do xantar, os presentes cantaron o que oficializaron como o himno de San Cristovo do Vilar, con música da popular canción “O pirim pim pim” e unha letra que fai referencia ós distintos lugares deste recuncho pontés. A Esfarrapa (As Pontes), 7 de setembro de 2009 (AF)
|
Novas Recentes
-El Tribunal Supremo admite a trámite la demanda para suspender la Ley Sinde
-Endesa movió ya por mar casi 600.000 toneladas de carbón -PARTIDO DE ALEX CABARCOS NA MADROA -Horarios competición Club Baloncesto As Pontes 11/12 de Febreiro -Nota de prensa CIG: A UNIÓN LOCAL CIG-AS PONTES ALERTA DA SITUACIÓN DE DESEMPREGO QUE SE ESTÁ A PADECER NO CONCELLO DE AS PONTES -Cierra el portal de intercambio de archivos BTjunkie -LIGA GALEGA DE RUGBI: CONTUNDENTE VITORIA DO FENDETESTAS SOBRE O CRAT DA CORUÑA (50-0) -Resultados da fin de semana do CB AS PONTES -Los emprendedores exigen al Gobierno más medidas para reactivar la economía -En 2011 se vendieron 488 millones de smartphones, frente a 415 millones de PC Arquivos
- Febreiro 2012 (25)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||