17 de Novembro 2009

AS PONTES RENDIU HOMENAXE Á BANDA MUSICAL DE RIBADEUME E ÓS SEUS FUNDADORES

Este sábado, 14 de novembro, celebrouse na parroquia pontesa de Ribadeume un máis que merecido homenaxe á súa Banda Musical con motivo do centenario da súa fundación, así como ós seus fundadores.

Ó acto asistiron máis de cen persoas en representación das diversas asociacións culturais e musicais do concello, o alcalde e membros da corporación municipal, antigos alumnos e discípulos desta xa histórica banda de música, músicos e familiares dos homenaxeados, ademais dos lugareños desta parroquia que ten tras súa unha longa e gran tradición musical. Tamén estaban convidados os alcaldes de Aranga, lugar de nacemento do cura Juan Vázquez, e o da Capela, xa que por aquel entón a parroquia de Ribadeume pertencía ó concello da Capela.

Banda_de_ribadeume_001.jpg


Esta histórica Banda Musical de Ribadeume foi fundada polo párroco desta parroquia, JUAN VÁZQUEZ VÁZQUEZ. Un cura nado no veciño concello de Aranga (1873) e que durante medio século, de1906 a 1956, foi párroco de Ribadeume e Bermui. Os seus fregueses lémbrano como unha boa persoa, de carácter firme e que aprendeu a moitos veciños a música, fundando unha banda alá polo ano 1909 e que se mantivo ata 1943, séndolle concedido o título de Banda Municipal da Capela en sesión plenaria celebrada o 11 de marzo de 1928.

Juan Vázquez foi o primeiro director desta banda de música que chegou a contar con máis de vinte músicos procedentes de distintos lugares desta comarca do Eume. Foi substituído na dirección polo mestre DOMINGO ANTONIO PICO BLANCO, nado en Ribadeume en 1895 e falecido na Coruña en 1985. Persoa tamén moi apreciada polos veciños, contaba con once anos cando chegou á parroquia Juan Vázquez, sendo un alumno moi avantaxado na música, polo que co paso dos anos sucedeu ó seu mestre, don Juan, o cura de Ribadeume. Acadou o título de mestre de primeira ensinanza en 1918, concedido naquela época polo entón rei de España Alfonso XIII. Foi mestre de Piñeiro e Ribadeume "e fixo a partitura do himno das Pontes, cuxa letra é de Francisco Cabo Pastor, que foi médico da localidade".

Comezou este bonito e emotivo acto cun discurso do presidente da asociación veciñal de Ribadeume e Bermui, Abelardo Pena Permuy, quen, en relación á festividade de Santa Icía que tódolos anos se celebra nas Pontes, dixo: “Observamos que cando se fala de posibles homenaxeados sempre aparece o nome de alguén destas parroquias de Bermui e Ribadeume. Non podía ser por casualidade, tiña que haber algún motivo e decatámonos que tiña que ser polo traballo desenrolado por dúas persoas destacadas no século pasado, o cura don Juan Vázquez Vázquez e o mestre don Domingo Antonio Pico Blanco. Baixo a batuta destes dous personaxes creouse unha verdadeira escola de músicos chegando a fundarse a Banda Musical de Ribadeume…Dela saíron profesionais que traballaron en orquestras e grupos por toda a xeografía galega e incluso no estranxeiro, algúns aínda en activo como Pedro Cupeiro ou Andrés Gómez, outros ata hai ben pouco, como Olegario e Aurelio….”

Despois tomou a palabra o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, quen loou o traballo que se fai nas Pontes a prol da música. De seguido procedeuse á inauguración do monumento adicado á Banda de Ribadeume e ós seus fundadores, situado na praza da igrexa. Con anterioridade houbo unha actuación a cargo do grupo infantil de baile tradicional da Asociación Alende e da banda de música de As Pontes.

Finalizado este acto os asistentes trasladáronse á sala do Mercado Vello, para inaugurar a exposición fotográfica da historia musical destas parroquias, recollida por Ovidio Pazos, un pontés amante da música e da súa historia nesta comarca.

Ribadeume, 14 de Novembro de 2009 (AF)

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Banda de Ribadeume

Publicado por CyberMODE -- 17 de Novembro 2009 as 09:06 AM 0 comentarios




Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Febreiro 2012 (25)
- Xaneiro 2012 (116)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Febreiro 2012
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29      




Xerado con
Movable Type 5.12