5 de Febreiro 2010

A Xunta crea o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia

Lendo sociedadedainformacion.eu:
"O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo que se crea e regula o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia como órgano encargado de avaliar a incorporación das novas tecnoloxías á sociedade e o desenvolvemento da Administración electrónica. Esta nova entidade é o resultado da integración do Observatorio Galego da Sociedade da Información co Observatorio da Calidade e da eAdministración de Galicia, que atendían ámbitos cada vez máis próximos, facendo necesaria unha actuación máis eficiente que evitase a superposición de ambas as actuacións."...


..."Ademais, búscase acadar unha maior coherencia e uniformidade no eido da observación da sociedade da información e a modernización das administracións públicas de Galicia mediante a integración das funcións deses dous organismos nun único observatorio. Coa integración das funcións de ambos os observatorios, a Xunta actúa de acordo co principio da eficacia e baixo os criterios de máxima eficiencia, austeridade e economía organizativa.

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) nace así como un órgano asesor para avaliar a evolución da sociedade da información e a modernización das administracións públicas de Galicia, así como para participar e colaborar coas ditas administracións públicas nesas materias, ademais de contribuír á promoción e extensión das novas tecnoloxías en Galicia. A creación deste observatorio enmárcase dentro do Plan de Acción para o Desenvolvemento da Sociedade da Información no ano 2010, que identifica as liñas de actuación prioritarias que acometerá a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica neste ano.

O OSIMGA funcionará tamén como un sistema de información para a análise, comparación, seguimento e divulgación de datos, información e coñecemento relacionados coa sociedade da información e a modernización de Galicia.

Funcións do OSIMGA

* Desenvolver ou promover compilacións, estudos e análises de datos que permitan coñecer cunha visión global o nivel de desenvolvemento, a tendencia e os posibles problemas que afecten a extensión da sociedade da información en Galicia e á aplicación do modelo de eGoberno nas administracións públicas galegas.
* Facilitar análises comparativas e aliñacións de datos con outros marcos xeográficos.
* Promover o intercambio de experiencias e información entre administracións, con outros observatorios, organismos ou entidades.
* Impulsar a organización de eventos formativos, reunións de expertos ou grupos de traballo.
* Promover e xestionar a elaboración e difusión de publicacións técnicas, impresas ou electrónicas, específicas e monográficas ou de publicación periódica.
* Xestionar e ofrecer periodicamente e, como mínimo, a través dunha web específica, información sobre o nivel de desenvolvemento da sociedade da información en Galicia, eventos formativos, noticias de actualidade, ou enlaces con outras fontes de información, observatorios ou entidades.
* Elaborar e presentar publicamente informes que reflictan o estado de situación ou a evolución prevista.
* Facilitar datos a outros organismos e entidades con competencias específicas na materia.
* Analizar o estado de desenvolvemento da Sociedade da Información para toda a cidadanía e, en especial, no que respecta ás mulleres, ás persoas con discapacidade, ás persoas maiores e aos colectivos con risco de exclusión, promovendo liñas de actuación que potencien a súa incorporación e permanencia activa en condicións de igualdade efectiva.
* Avaliar e servir de elemento para a definición de políticas públicas en materia de sociedade da información e modernización da Administración.


Adscrición e estrutura do OSIMGA
O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia adscríbese á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, que asume a súa coordinación funcional e, como órgano asesor, estrutúrase nun pleno e en grupos de traballo técnico.
No pleno, ademais da Secretaría Xeral de Modernización están representados outros departamentos Administración autonómica, como son as consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de Economía e Industria, e de Facenda, ou o Instituto Galego de Estatística. Ademais, forman parte do pleno representantes da Administración do Estado, da universidade, da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), así como personalidades de recoñecido prestixio en materia da sociedade da información e da modernización administrativa.

Observacións planificadas
Entre as actividades planificadas para o ano 2010 cabe salientar que o OSIMGA realizará as enquisas á poboación e ás empresas sobre a sociedade da información en Galicia, un estudo específico para o sector empresarial das TIC; elaborará o mapa da Administración electrónica nos concellos de Galicia e a enquisa sobre a eAdministración na Xunta de Galicia. Así mesmo, elaboraranse estudos sobre o estado de implantación do software libre, así como análises da evolución da penetración da banda larga en Galicia. Tamén cabe destacar as observacións temáticas en relación á demanda de formación TIC."...

Fonte: sociedadedainformacion.eu

Publicado por jmpello -- 5 de Febreiro 2010 as 08:34 AM 0 comentarios




Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Febreiro 2012 (25)
- Xaneiro 2012 (116)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Febreiro 2012
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29      




Xerado con
Movable Type 5.12