|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (171)
ArTe (106) As Pontes (2609) Axenda (560) Ciencia (22) Comarca (339) Conexións (328) Cultura (206) Deportes (828) Ecoloxía (112) Educación (44) Empresas (0) Empresas (14) Emuladores (9) Enerxía (6) Enquisas (47) Especiais (54) EuroEume (98) Fotografía (155) Gastronomía (22) Hardware (569) Historia das Pontes (140) Humor (29) Linux/GNU (975) Log #irc (12) Mundo (268) Mundo Apple (676) Música (609) Na Web (1125) Natureza (191) Novas (16) Opinión (27) Outros Mundos (43) Parroquias, festas e historia (14) PDA / Phone (117) Piratería? (171) Ponteses (149) Recursos (4) Sanidade (22) Saúde Natural (45) Seguridade (308) SenFios (214) Software (503) SOS Mourela (224) Tecnoloxía (529) Tutoriais (8) Video Dixital (353) Videoteca (35) Windows (292) Zona Gamers (410) |
8 de Febreiro 2010CLUB DEPORTIVO AS PONTES - RESULTADOS DA FIN DE SEMANACD AS PONTES PREFERENTE: Vitoria cómoda do As Pontes na súa primeira visita oficial a Santaballa. Os ponteses gañaron por un claro 0-4 diante dun voluntarioso Santaballés que nada puido facer ante a superioridade e o mellor xogo do As Pontes. Marcaron os goles Dani Prieto (en propia meta), Jorge Parada, en dúas ocasións, e Álvaro de falta directa. O equipo das Pontes veuse beneficiado polos tropezos dos primeiros clasificados, xa que o Dorneda perdeu en Viveiro (2-0) e o Betanzos veuse sorprendido na casa polo Laracha (0-1). De gañar este mércores ó Sada, no partido que foi aprazado pola neve, o As Pontes empataría a 50 puntos co Betanzos, a un só do segundo, Mesón do Bento (51), e a catro do líder Dorneda (54).
CD AS PONTES FEMININO: Derrota (2-0) do conxunto feminino en Brión perante o Santa Minia nun partido que as pontesas, que continúan con importantes baixas nas súas filas, non estiveron moi acertadas no xogo sendo superadas por un Santa Minia que amosou mellor xogo e acerto de cara ó gol. Javier Salido aliñou a Leti, Paula, Nato, Jani, Alba, Lara, Clara, Carla, Carlota, Yaiza e Chipy. Tamén xogaron Iria e Andrea Cabarcos. Na vindeira xornada o As Pontes recibe no Poboado ó Pastoriza. CD AS PONTES XUVENIL: O As Pontes xuvenil da categoría nacional segue en boa racha e este sábado gañou (3-2) a un rival directo, o Areosa de Vigo. Marcaron Cristian, Cañizares e Kilian. Pola súa banda, o xuvenil B empatou (0-0) na casa do Portuarios. CD AS PONTES CADETE: Nova vitoria a domicilio dos cadetes que gañaron con claridade en Mugardos (0-4) con dous goles de Darío e outros dous do infantil Enrique, que foi convocado a este partido, posto que o seu equipo xa rematou a primeira fase da liga como campión imbatido do seu grupo. CD AS PONTES INFANTIL: Rematou a primeira fase da liga. CD AS PONTES ALEVÍN: Primeiro empate da liga do alevín B na casa do Eume Deportivo (2-2), con goles de Antón e Andrés. Derrota no Poboado do conxunto A diante do líder Meirás (1-5). O tanto da honra foi marcado por José Luis. CD AS PONTES BENXAMÍN: Xornada positiva para os equipos da categoría benxamín, pois o cadro A gañou ó ata agora líder, Portuarios, por 6-4 (marcaron Bruno, Eloy e Alberte, con dous goles cada un), mentres que o conxunto B empatou en Neda a tres tantos (goles de Alejandro, Mateo e José Adega). CD AS PONTES PREBENXAMÍN: Nada puido facer o As Pontes B diante do primeiro clasificado, Racing San Pedro, equipo que gañou por un claro 0-10. Pola súa banda, o As Pontes A empatou (2-2) en Ares perante o Numancia, con goles de Xoel Pena e Nono. RESUME RESULTADOS Con tres goles marcados nesta xornada, segue liderando a táboa de goleadores Fernández (A Cepa), con 19 tantos. Toni (Mobles Eume) leva marcado 12, nove Vila (As Pontes 74), Iván (Santaballés) e Mariño (Farmavida).
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F. Publicado por CyberMODE -- 8 de Febreiro 2010 as 07:38 PMComentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-LIGA COMARCAL DE FÚTBOL-8 FEMININO: CD AS PONTES B - FC ORTIGUEIRA (6-0)
-El Concello de As Pontes y la Diputación firmarán un convenio para eliminar las curvas de Rebardille -FASE DE ASCENSO Á LIGA GALEGA INFANTIL: CD AS PONTES - CD CARIÑO (9-0) -Ence ve sus plantas de biomasa en As Pontes, Lourizán y Curtis -As Pontes programa un montaje infantil «en prol da igualdade» -Microsoft descubre todas las novedades de Windows Phone 7 -David Rochela. Comezan as votacións no Marca-Fútbol Draft. -La Irmandade pontesa organiza un encuentro en la Bretaña -Artistas entre serrín y astillas -Semana KBG en expedientesx.es Arquivos
- Marzo 2010 (77)
- Febreiro 2010 (109) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||