17 de Febreiro 2010

Dispoñible o OpenOffice.org 3.2 en galego

Lendo mancomun.org:
"A semana pasada, logo dunha longa fase de probas e correccións de erros que levou a que se publicaran ata 5 versións candidatas, por fin está dispoñible oficialmente o OpenOffice.org 3.2. Como xa informamos nas anteriores versións de probas, é posible descargalo en galego dende as seguintes ligazóns:

Windows
Linux (RPM)
Linux (DEB)

Ou nesta ligazón para buscar a descarga para outros sistemas operativos ou idiomas."...


Entre as melloras que incorpora esta nova versión, destacan, en xeral, a mellora nos tempos de arranque, ata un 46% máis rápido que na versión 3.0 e o esforzo por mellorar a interoperabilidade dos formatos e adaptarse e ser o máis fieis posible ao estándar ODF. Neste sentido tamén é salientable o esforzo realizado para mellorar o recoñecemento e compatibilidade cos formatos propietarios de MsOffice XML, sobre todo no relativo a formatos protexidos con contrasinal e a documentos cifrados.

En canto ás melloras de cada un dos aplicativos individuais que conforman esta suite, destacan as seguintes:

* Writer: a integración con Mediawiki xa non vén incorporada no programa, senón que é unha extensión, o que permitirá mellorala, ou corrixirlle erros, sen necesidade de agardar polas novas versións da suite completa.
* Calc: melloras na xestión dos bordes de celda, aplicables agora a seleccións múltiples, melloras nas conversións numéricas a cadeas e no autocompletado permitindo a adicción se o número está escrito sen espazos, o que permitirá completar direccións IP do tipo 10.0.0.1 que seguirá por 10.0.0.2 de forma automática.
* Impress y Draw: agora é posible incluír comentarios para facilitar o traballo colaborativo e engadiuse un contador de páxinas.
* Base: As melloras neste aplicativo centráronse na personalización do asistente para crear as bases de datos, nas copias das consultas entre distintas bases de datos, na integración das opcións de zoom no menú e na importación de bases de datos.
* Chart: incorporouse a posibilidade de realizar gráficos con globos e mellorouse en xeral a usabilidade do aplicativo.

Calquera comentario, suxestión, erros que atopedes na tradución ... podedes achegalos a través da rolda de coordinación oficial da tradución ao galego de OpenOffice.org."...

Fonte: mancomun.org

Publicado por jmpello -- 17 de Febreiro 2010 as 08:02 AM 0 comentarios




Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Febreiro 2012 (24)
- Xaneiro 2012 (116)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Febreiro 2012
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29      




Xerado con
Movable Type 5.12