14 de Abril 2010

O pracer de compartir letras

A paixón pola literatura é o seu nexo de unión. Pero a súa lectura non se queda no silencio dunha habitación ó rematar as páxinas dun libro. O seu obxectivo é disfrutar do pracer de compartir letras e poñelas en común.

[El Progreso, por Cristina Arias] Un grupo de vinte persoas das Pontes participan dende hai un ano no club de lectura, organizado pola biblioteca municipal e maila do IES Moncho Valcarce. A súa forma de traballo é sinxela: cada mes elixen unha obra e, unha vez rematada, reúnense tódolos membros para comentala, compartir opinións, falar da historia que pretende transmitir, do estilo do autor... nunha conversa entre compañeiros interesados no mundo da literatura.


«O grupo funciona ben, non é moi numeroso pero a xente que vén é constante. Un grupo fiel, de afeccionados. A literatura non é unha actividade maioritaria e o club tampouco funcionaría se estivese masificado», explica a responsable da biblioteca Anabel Alonso, unha das promotoras do grupo de lectura local, xunto a Encarna Domínguez, mestra no Moncho Valcarce.

A iniciativa non é a primeira vez que se realiza nas Pontes. «Foi unha actividade que xa se fixo hai anos, pero que se deixou a un lado. Agora recuperámolo», indica a responsable da biblioteca, que explica que o club está aberto a calquera que queira participar.

«Escollemos unha obra para ler entre os libros das dúas bibliotecas, para que os membros poidan ter acceso ó exemplar, aínda que algúns o compran e damos un marxe dun mes máis ou menos para facer a reunión, aínda que o tempo depende do volume do libro», explica Anabel Alonso, que asegura que «non costa moito escoller os libros, porque hai tanta literatura interesante que ler que non hai problema».

As tertulias dos membros do club celébranse sempre na biblioteca, a partir das 20.00 horas, momento no que pecha as portas ó público. Aparte de comentar os libros, ás veces, fan actividades complementarias e nalgunhas ocasións convidán ó propio autor para que mostre a súa perspectiva da obra. Así, xa pasaron por As Pontes Teresa Moure, Anxos Sumai ou Santiago Jaureguizar.

Libros
Ata o de agora, os membros do club de lectura sumerxíronse nas letras de Teresa Moure, en ‘Herba Moura’; nas verbas de Philip Roth a través de ‘La mancha humana’; nas de Anxos Sumai con ‘Así nacen as baleas’; con Santiago Jaureguízar achegáronse a ‘Cabaret Voltaire’; leron ‘Si me necesitas, llámame’, de Raymond Carver; ‘La elegancia del erizo’, de Muriel Barbery; ‘Lo bello y lo triste’, una novela del escritor japonés Yasunari Kawabata; ‘Made in Galicia’, de Séchu Sende, e ‘Debería caérsete la cara de vergüenza’, de Sergi Pàmies. A proposta para a próxima lectura é ‘Balzac y la joven costurera china’, de Dai Sijie.

Publicado por CyberMODE -- 14 de Abril 2010 as 01:59 PM 0 comentarios




Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Febreiro 2012 (24)
- Xaneiro 2012 (116)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Febreiro 2012
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29      




Xerado con
Movable Type 5.12