|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (196)
ArTe (120) As Pontes (3419) Axenda (997) Canto Mais? (263) Ciencia (31) Comarca (471) Conexións (453) Cultura (251) Deportes (2152) Deseño (3) Ecoloxía (168) Educación (134) Emprego (5) Empresas (413) Emuladores (9) Enerxía (294) Enquisas (47) Especiais (79) EuroEume (115) Fotografía (196) Gastronomía (54) Hardware (616) Historia das Pontes (178) Humor (33) Lago (187) Linux/GNU (994) Log #irc (12) Moda (1) Motor (7) Mundo (283) Mundo Apple (854) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Música (779) Na Web (1343) Natureza (291) Novas (22) Opinión (40) Outros Mundos (56) Parroquias, festas e historia (84) PDA (32) Phone / Tablet (297) Piratería? (294) Ponteses (240) Recursos (4) Sanidade (32) Saude Natural (45) Seguridade (399) SenFios (238) Software (545) Tecnoloxía (601) Turismo (19) Tutoriais (9) Video Dixital (408) Videoteca (51) Windows (326) Zona Gamers (474) |
22 de Abril 2010CLUB DEPORTIVO AS PONTES - RESULTADOS DA FIN DE SEMANACD AS PONTES PREFERENTE: O As Pontes sacou un importante punto no sempre difícil campo do Viveiro. O resultado final foi de empate a un gol, con Bossa como autor do tanto pontés ós sete minutos de xogo, pero un minuto máis tarde empatou o Viveiro de penalti. A pesar delo, os ponteses seguen de líderes cos mesmos puntos que o Mesón do Bento, que gañou en Laracha (0-1), mentres que o Dorneda empatou no seu campo co Sporting Sada (2-2) e o Betanzos, que baixou moito nas últimas xornadas, perdeu no García Hermanos por 1-2 diante do Galicia de Mugardos. A vindeira xornada pode ser decisiva para as dúas prazas de ascenso, xa que os ponteses gañando en Padrón ó Flavia, o Mesón do Bento ó Boiro e un tropezo do Betanzos en Foz e do Dorneda en Mugardos, o equipo do Poboado e o do concello de Ordes terían un pé e medio na Terceira División. Logo quedaría a loita polo título de liga entre os dous, o cal decidiría no Poboado na penúltima xornada de liga.
CD AS PONTES FEMININO: Vitoria do As Pontes feminino no partido de ida da copa de Galicia ó gañar por 1-0 ó Boiro, equipo de superior categoría e con xogadoras máis veteranas e con máis experiencia. Patri Dopico, ó transformar un penalti, foi a autora do gol do seu equipo. O domingo que ven será o partido de volta en Boiro. Pola súa banda, o conxunto B colocouse de líder ó gañar (3-1) no Poboado ó Cariño, con goles de Nato, Chipy e Janira. As pontesas son primeiras con doce puntos, dous sobre o Cariño. Nas vindeiras xornadas visitan a Ortigueira e Meirás e reciben no Poboado ó Aspirantes. CD AS PONTES XUVENIL: O As Pontes xuvenil deixou escapar dous puntos nos minutos finais do partido que o enfrontaba a un dos mellores conxuntos do grupo, o Conxo, equipo practicamente xa ascendido á División de Honra xuvenil. Os de Carballo gañaban por 3-1 a falta de cinco minutos para o final, pero en dous erros defensivos os santiagueses lograron o empate definitivo. Pola súa banda, o conxunto B segue no seu bo momento de xogo e gañaron (2-0) no Poboado ó Racing San Pedro con dous goles de Fernando. CD AS PONTES CADETE: Non anda fino o As Pontes cadete na primeira fase da copa, pois logo da derrota diante do Galicia de Mugardos na primeira xornada, na segunda empate na casa do Val (1-1), con gol de Álex. Na vindeira xornada recibe no Poboado ó Cedeira. CD AS PONTES INFANTIL: Goleada do equipo infantil na casa do Cariño por un contundente 1-8 (Enrique, 3; David Rey, 2; Álex, 2, e Diego), un resultado que o mantén en posto de clasificación para a seguinte fase a dous puntos do Racing de Ferrol, equipo que ten que visitar o Poboado. O As Pontes xógase o seu pase para a segunda fase o vindeiro sábado en Meirás. CD AS PONTES ALEVÍN: Vitoria e derrota na primeira xornada da fase previa da copa en categoría alevín. Triunfo do As Pontes A no Poboado diante do Rápido de Neda (4-3) con dous goles de Raquel e un de Dani e Álvaro. Derrota do conxunto B en Mugardos perante o Galicia por un claro 5-1, con gol de Jandro Canosa. Este sábado o As Pontes A xoga en Perlío e o As Pontes B recibe no seu campo ó Val. CD AS PONTES BENXAMÍN: Continúa a liga na categoría benxamín, onde houbo un empate do conxunto A no Poboado diante do San Sadurniño (2-2). Goles de Sergio Otero e Bruno. Derrota do As Pontes B en Cariño por 6-1, con gol de Alejandro. Este sábado o As Pontes A xoga en Mugardos e o As Pontes B recibe ó Portuarios. CD AS PONTES PREBENXAMÍN: Mereceu mellor sorte o As Pontes B prebenxamín no seu enfrontamento co Galicia de Caranza, xa que os pequerrechos ponteses, que melloraron moito ó longo do campionato, realizaron un bo partido, pero ó final caeron pola mínima (5-6). Joan foi autor de tres goles, sendo Alejandro e Edgar os protagonistas dos outros dous. Nesta xornada descansou o prebenxamín B. RESUME RESULTADOS
Nova cortesía de A.F. Publicado por CyberMODE -- 22 de Abril 2010 as 06:01 PM 0 comentarios |
Novas Recentes
-La pontesa Arteixo Telecom se acoge al concurso de acreedores
-1ª xornada Cpto Galego Vaurien -Circuito de karts -CLUB DEPORTIVO AS PONTES: 17/18/19 – MAIO – 2013 -Día de internet: La brecha digital aún afecta a dos tercios de la población mundial -CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 11-12 DE MAIO DE 2013 -A XIII Festa do camioneiro, por Rai Carballo -Música y actos literarios para la segunda regata en el lago pontés -Google Play Music All Access: el buscador competirá contra Spotify con un servicio de música por suscripción -Club Baloncesto As Pontes Arquivos
- Maio 2013 (71)
- Abril 2013 (129) - Marzo 2013 (105) - Febreiro 2013 (94) - Xaneiro 2013 (111) - Decembro 2012 (93) - Novembro 2012 (104) - Outubro 2012 (116) - Setembro 2012 (102) - Agosto 2012 (106) - Xullo 2012 (116) - Xuño 2012 (105) - Maio 2012 (126) - Abril 2012 (106) - Marzo 2012 (122) - Febreiro 2012 (103) - Xaneiro 2012 (117) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||